Programa Electoral BNG - Galicia 2024

BNG

Bloque Nacionalista Galego

Electoral Programme

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

142 min read28,295 words

INTRODUCIÓN

Somos un gran País. Galiza ten recursos, potencialidades, coñecemento, capacidade, traballo e talento abondo para ofrecer oportunidades e a mellor calidade de vida á xente que vive e traballa aquí. Porén, as políticas desenvolvidas polo Partido Popular en case trinta anos de Goberno desde a creación da Autonomía, os quince últimos de maneira ininterrompida, fixeron cada vez máis pequeno o noso País.

E así o evidencias as cifras.

  • Desde 2009, Galiza acumula un recorte orzamentario de 2.193 millóns de euros en Atención Primaria e 375.000 persoas están actualmente esperando por unha operación, por unha proba diagnóstica ou por unha consulta cun especialista.
  • Por primeira vez, as galegas e galegos temos que agardar durante semanas para poder ver a nosa médica ou médico de cabeceira e as nenas e nenos en seis de cada dez concellos non teñen pediatra.
  • A día de hoxe, 9.080 persoas agardan no noso País para recibir unha primeira consulta en saúde mental na sanidade pública o que deixa a posibilidade de atención neste ámbito só en mans de quen poida pagalo.
  • Desde 2009, destruíronse no noso País 51.200 postos de traballo no sector industrial, no mar e no sector agrogandeiro e Galiza conta con 22.500 persoas autónomas menos.
  • Ao longo destes catorce anos de goberno do Partido Popular pecharon 4.127 empresas e 374.527 persoas marcharon à emigración, 141.881 delas, é dicir, o 38%, tiñan menos de 29 anos.
  • No 2022, en Galiza o 23,6 % da poboación estaba en risco de pobreza ou exclusión social (taxa AROPE) o que en termos absolutos significa 636.000 persoas.
  • Na última década, en Galiza só se construíron 22 vivendas públicas convertendo un dereito fundamental nun dos principais factores de exclusión e nun ben especulativo.
  • Entre tanto, a débeda pública galega multiplicouse por tres situándose en 14.239 millóns de euros e lonxe de converxer, Galiza afastouse nestes anos cada vez máis da renda per cápita da UE pasando de situarse en 2007 no 89,4% (PIB per cápita) da media da UE-27 a caer ao 76,9% en 2022.

Quince anos de goberno do Partido Popular supuxeron un devalo demográfico e económico progresivo que se traduce no empeoramento da calidade de vida e do benestar das galegas e dos galegos e, tamén, na perda de oportunidades económicas para o conxunto do País.

Mais hai esperanza, porque o galego é un pobo digno e traballador que non se resigna a ver como nos van achicando, como van facendo a cada pouco este País máis pequeno.

Neste contexto, é preciso pór en marcha un plan de goberno ambicioso e de País que colla da man os sectores sociais, económicos e culturais máis vivos e dinámicos de Galiza para abrir unha urxente e necesaria fiestra de oportunidade. Un goberno que estea liderado, por primeira vez na historia de Galiza, por unha muller nacionalista coas mans libres para defender os intereses das galegas e galegos, sen ataduras.

Tes nas túas mans a proposta de goberno do Bloque Nacionalista Galego para as eleccións do próximo 18 de febreiro.

Unha proposta ampla, resultado do contraste con ducias de persoas diversas e tamén do traballo man a man ao longo destes anos con numerosos colectivos, entidades e organizacións sociais.

Esta proposta programática é froito, tamén, das xenerosas achegas de persoas expertas no ámbito económico que colaboraron no deseño dunha alternativa sólida e realista coa que queremos sacar adiante o noso País.

Un documento vivo e aberto ao que son benvidas as achegas de todas as persoas que teñen Galiza na cabeza e no corazón.

Neste novo ciclo político que se abre, desde o Bloque Nacionalista Galego fixámonos catro obxectivos estratéxicos que dean o impulso necesario ao noso País.

  1. Xerar actividade económica e emprego de calidade. Pór o País a producir desde a innovación pocurando un desenvolvemento autocentrado (baseado nos propios recursos), nos sectores estratéxicos (tradicionais e emerxentes) así como na xeración de cadeas de valor.
  2. Construír unha Galiza máis forte e orgullosa da súa identidade, afortalando a capacidade de decisión do pobo galego, avanzando no noso recoñecemento como nación e no noso autogoberno.
  3. Coidar as persoas, especialmente a quen máis o precisa, reducindo as desigualdades así como fortalecendo e ampliando os servizos públicos esenciais.
  4. Coidar o territorio e o planeta, a través dun País máis ordenado e cohesionado social e territorialmente.

Partindo dos obxectivos anteriores, as propostas que integran o programa de goberno do BNG xiran arredor de once grandes eixos vertebradores:

  1. Un país dono de si.
  2. Un país con lingua de seu
  3. Un país con unha administración pública moderna, aberta e eficaz
  4. Un país con benestar social.
  5. Un país produtivo e dinámico.
  6. Un país asentando na ciencia e no coñecemento
  7. Un país con traballo digno na terra
  8. Un país que coida o territorio e os recursos naturais
  9. Un país con identidade, con historia e con memoria
  10. Un país con democracia e dereitos
  11. Un país aberto ao mundo

EIXO 1: Un País dono de si

Impulso dun novo marco político. Máis e mellor autogoberno

i. Soberanía para decidir e para mellorar as condicións de vida

O nacionalismo galego sempre considerou o modelo autonómico como insuficiente e inadecuado para dar solución aos problemas da Galiza e para lle dar saída ás aspiracións políticas dunha nación que quere exercer como tal.

O papel político que lle foi recoñecido a Galiza no marco da Constitución de 1978 e do Estatuto de 1981 supón unha autonomía limitada e tutelada. Un modelo de descentralización, basicamente administrativa, que non nos recoñece como suxeito político e que non dotou a nosa nación da capacidade real de poder decidir sobre aspectos básicos da nosa economía, organización territorial, modelo social, cultural ou lingüístico, entre outros.

De feito, catro décadas despois da súa aprobación, é evidente que o actual marco xurídico e político autonómico non serviu para resolver os problemas estruturais do noso País ni serve agora para enfrontar novos e acuciantes retos.

É por iso que desde o Bloque Nacionalista Galego defendemos o impulso dun novo marco político que emane do exercicio do dereito de autodeterminación do pobo galego baixo unha premisa básica: decidir nós por nós mesmas. Autoresponsabilizármonos do noso e tomar o control da nosa riqueza, do produto do noso traballo e intelixencia colectiva, decidir sobre o destino do noso aforro e impostos, dos nosos recursos naturais e enerxéticos ou de como organizar a economía, para pór o País a producir e para blindar os servizos públicos e as políticas sociais.

Este debe ser un dos grandes debates en Galiza, como xa o está a ser a nivel estatal. Nese sentido, só o BNG garante que haxa un Goberno galego que defenda as mudanzas que vaian no camiño do recoñecemento dos plenos dereitos políticos de Galiza e sexa a base dun novo marco político e xurídico que nos recoñeza como pobo e nos outorgue o dereito a decidir o noso futuro, baixo a convicción de que só desde o exercicio da nosa soberanía poderemos rachar coa dependencia económica e política para construír unha sociedade diferente, libre, próspera, verdadeiramente democrática, igualitaria e xusta.

Sen renunciar ao obxectivo estratéxico da plena soberanía para Galiza, o BNG entende que, no actual contexto político e no período que se abre con estas eleccións, é preciso avanzar con propostas que vaian na dirección de estabelecer avances inmediatos.

En primeiro lugar, executando as transferencias pendentes recollidas no actual Estatuto e sobre aquelas materias sobre as que existían amplos consensos no Parlamento de Galiza, mediante a convocatoria da comisión mixta de transferencias Xunta de Galiza– Goberno español. Isto suporía un importante avance para o noso País logo de quince anos de goberno do Partido Popular no que, por primeira vez na historia autonómica de Galiza, non se conseguiu ningunha competencia nova.

En segundo lugar, impulsando a constitución dunha Ponencia de Autogoberno no Parlamento de Galiza que permita debater e acordar unha proposta de novo status político para a nación galega que fixe un novo marco de relación co Estado español baseado nos seguintes principios:

  • Podermos decidir sobre a base produtiva e económica de Galiza para desenvolver unha promoción económica e do emprego adecuadas ás nosas potencialidades e capacidades.
  • Exercer en exclusiva a planificación, dirección e xestión dos servizos públicos ligados ao benestar, para dar adecuada cobertura ás nosas necesidades específicas.
  • Impulsarmos sen interferencias, en todos os ámbitos, os elementos que nos conforman como pobo e nos identifican como nación (lingua, cultura, patrimonio, etc.)
  • Deseñarmos e articularmos a ordenación territorial e a estrutura administrativa, institucional e da xustiza en Galiza.
  • Garantirmos a capacidade de decisión de Galiza nas institucións estatais, europeas e internacionais nos asuntos que nos afectan.
  • Contarmos cun modelo de financiamento propio en que a Galiza teña a plena capacidade para implantar unha política fiscal, desde a regulación até a recadación e xestión integrada a través dunha Facenda Galega, con que facer uso pleno dos nosos recursos económicos para financiar os servizos públicos básicos e podermos aplicar políticas propias de redistribución social.
  • Capacidade de xestionar directamente a Seguranza Social e as pensións.
  • Podermos exercer libremente relacións internacionais propias, entre outras cousas para negociar directamente acordos económicos con terceiros países ou para podermos aproveitar o inmenso potencial que neste ámbito nos oferece o mundo lusófono.

Propostas para a configuración do novo status político de Galiza

O BNG defende unha Galiza capaz de se gobernar a si propia. Soberanía é igual a máis capacidade para resolvermos nós os nosos problemas. Máis autogoberno é igual a máis democracia e máis benestar. Os galegos e as galegas temos dereito a institucións democráticas propias, capaces de gobernaren o País sen necesidade de pedir permiso. Xa sufrimos durante tempo de máis as incoherencias do modelo actual, as discriminacións para Galiza que del resultan, e non podemos seguir agardando para avanzarmos no camiño da plena soberanía.

O exercicio da soberanía exixe outro marco constitucional que recoñeza a capacidade de Galiza para decidir amplamente desde as institucións do País nas cuestións que nos competen. O BNG é chave para que haxa un Goberno galego que defenda as mudanzas que vaian no camiño do recoñecemento da Galiza como nación con plenos dereitos, comezando polas seguintes medidas:

  • O recoñecemento do dereito de autodeterminación de Galiza, consonte á súa condición de nación, que leve aparellado o exercicio libre e soberano do poder para atinxir os seus obxectivos de desenvolvemento económico sustentábel, benestar social e florecemento cultural nun modelo de articulación adecuado dos seus dereitos e intereses, con criterios democráticos de liberdade, paridade e reciprocidade. A nación galega asume a condición de suxeito político decisorio coa fórmula que corresponder.
  • Unha nova actitude fronte á cuestión lingüística, que se plasme no coñecemento real do idioma para permitir o dereito a usarmos a nosa lingua en todo momento e en todo lugar, tamén en todas as institucións.
  • A asunción de todas as competencias esenciais para garantir que a capacidade de decisión é real e efectiva.
  • A fonda revisión de institucións centrais que inflúen na Galiza, de xeito que poidamos ter capacidade de incidencia directa na súa designación e mesmo capacidade de veto nos casos en que unha decisión afecte de forma relevante os intereses do noso País.
  • A completa reformulación do Tribunal constitucional, que deixaría de exercer funcións sobre a Galiza, trasladando os conflitos de competencias a solucións arbitrais a través de órganos políticos bilaterais.
  • A presenza directa de Galiza nas institucións europeas e internacionais.
  • A eliminación das provincias e da súa referencia como circunscrición electoral, así como a desaparición das deputacións provinciais.

Estruturación do territorio galego a partir dos concellos e as comarcas.

  • A asunción plena e exclusiva das competencias en seguranza pública e viaria.
  • A adecuación da administración de xustiza, considerando un poder xudicial propio para Galiza que será a última instancia xudicial no noso País.

Avances no autogoberno de Galiza, en tanto non se consolide o novo marco institucional

Traspasos e transferencias pendentes

Para alén de afrontar a superación do actual marco constitucional, e no camiño de ir afondando na capacidade de decisión de Galiza, deben acometerse xa sen demora os traspasos e transferencias a Galiza de infraestruturas e servizos esenciais:

  • Traspaso AP—9 (Ferrol—Fronteira portuguesa)
  • Traspaso AP—53 (treito Santiago—Dozón aínda dependente do Estado)
  • Traspaso das competencias en infraestruturas de transporte de interese xeral: Portos de interese xeral, aeroportos e control de tráfico aéreo en Galiza, alén de estradas e camiños de ferro que discorren por territorio galego.
  • Transferencia das competencias en materia de costas, tanto as normativas para aprobar unha lei galega de protección do litoral adaptada á realidade galega como as de intervención e xestión (autorizacións de instalacións na costa galega). Tamén se afrontará o traspaso das competencias sobre as bacías hidrográficas (transferencia plena da confederación hidrográfica Miño—Sil).
  • Transferencia das competencias e servizos de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.
  • Transferencia das competencias en materia de tráfico, seguranza vial e seguranza pública.
  • Transferencia á Galiza das competencias en materia de control, inspección e vixilancia pesqueira actualmente atribuídas á Garda Civil do Mar, ou mesmo á Armada española.
  • Traspaso dos fondos e competencias relacionadas co fomento da industria cinematográfica e audiovisual galega.
  • Traspaso dos arquivos, bens e fondos documentais, culturais e históricos a Galiza, que se atopan espallados en diversas institucións e organismos do Estado.
  • Traspaso das competencias en materia deportiva do Consello Superior de Deportes e das federacións deportivas.
  • Transferencia dos activos da SAREB (entidade de xestión de activos inmobiliarios das entidades financeiras saneadas) situados en Galiza, para a súa incorporación nunha Bolsa de vivendas e inmóbeis para fomento da vivenda pública social en Galiza.
  • Traspaso das competencias en materia de comercio exterior que exerce o ICEX respecto das empresas galegas.
  • Traspaso de espazos e instalacións abandonadas ou en desuso, tanto militares como civís.
  • Traspaso da xestión do Ingreso Mínimo Vital.
  • Transferencia de competencias en materia de investigación científica.

ii. Un novo sistema de financiamento

O actual modelo de financiamento está esgotado toda vez que a súa vixencia rematou en 2014 e ademais vén sendo obxecto de críticas desde o seu nacemento por insuficiente, por inxusto e por non garantir plena capacidade financeira para Galiza.

Neste senso, desde o BNG consideramos que cómpre avanzar nun novo modelo que garanta a suficiencia de recursos tendo en conta o custe real das competencias da Xunta de Galiza, garantindo a autonomía financeira tanto do punto de vista dos gastos como dos ingresos.

Nesta lexislatura, debe ser prioridade do goberno galego negociar un novo modelo baseado no concerto económico, que considere a atribución de plena capacidade normativa, de xestión e responsabilidade fiscal sobre todos os impostos soportados en Galiza, contando cunha Axencia Tributaria galega integral. Este modelo incluirá a “internalización” do financiamento das nosas entidades locais, e debe completarse coa articulación de mecanismos redistributivos que garantan o equilibrio territorial no Estado.

Así as cousas, en tanto non materializarse de xeito completo un sistema de concerto económico con plenas competencias, o BNG defenderá na vindeira reforma do sistema de financiamento avances claros tanto en autonomía fiscal (maior capacidade para obter recursos) como en suficiencia fiscal (maiores recursos).

Concretamente, defenderá tres principios reitores que guíen a proposta de Galiza na nova negociación:

1º O incremento da participación de Galiza nos tributos cedidos parcialmente e a ampliación da capacidade normativa da Xunta de Galiza así como a cesión completa do IRPF, do IVE e dos Impsotos Especiais.

2º Por outra parte, o imposto de sociedades, que hoxe non forma parte da cesta de tributos que integran o Sistema de Financiamento Autonómico, debe incorporarse ao mesmo, adoptando as medidas que sexan necesarias para que tributación dos distintos estabelecementos empresariais se produza alí onde están radicadas as súas actividades e non onde se sitúa a sede central da empresa.

3º Vincular o criterio de reparto dos fondos ao custe real da prestación do servizo tendo en conta, no caso galego, de maneira especial a dispersión poboacional e o envellecemento, entre outros.

Financiamento xusto para os concellos

A insuficiencia financeira estrutural que padecen os concellos foi agravada pola pasada crise económica, tendo moitos deles grandes dificultades para atender os servizos públicos.

Esta situación é agravada pola discriminación na distribución de fondos do Goberno central, xa que se nos adxudica unha Participación nos Ingresos do Estado (PIE) moito menor ao noso peso poboacional. Así, segundo os datos do Ministerio de Facenda sobre os orzamentos das entidades locais correspondentes a 2023, os concellos galegos tan só recibiron en concepto de Participación nos Ingresos do Estado, o 4,87% de transferencias correntes, a pesar de representaren o 6% da poboación total das CCAA de réxime común. Isto supón un déficit de 53 euros por habitante que significa unha perda anual de máis de 143 millóns de euros. Os concellos galegos están infrafinanciados, pois reciben do estado 247,8 euros por habitante, por debaixo da media estatal que ascende a 303,9 euros por habitante.

Trátase dunha situación de discriminación que mesmo se agudiza no caso das grandes cidades galegas.

Por tanto, mentres o financiamento local non estea integrado nun novo modelo de financiamento para Galiza, e coa finalidade de proporcionar máis recursos aos concellos galegos, demandaremos unha reforma do actual modelo de financiamento local, que teña en conta os maiores custos da prestación dos servizos derivados da realidade galega.

Propomos que se adopten os criterios de dispersión e envellecemento da poboación para a distribución da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) e que esta se transfira á Xunta de Galiza, para que sexa a administración galega a que realice o reparto destes fondos entre os concellos. Proporemos modificar a distribución en función da poboación de cada concello, que na actualidade prima as grandes cidades sobre o resto.

Ademais dun novo sistema de financiamento xusto para os concellos, o BNG promoverá unha Lei galega de facendas locais e un novo sistema de reparto das transferencias non finalistas aos concellos, mediante un plan único que aglutine os recursos do Plan de Cooperación Local e doutros programas de cooperación autonómicos, co obxectivo de evitar a distribución discrecional e partidista de fondos públicos. As convocatorias de subvencións serán un procedemento excepcional e faranse sempre polo procedemento de concorrencia competitiva.

iii. Soberanía económica e fiscal

Impulso ao desenvolvemento de Galiza mediante a creación dunha banca pública galega

Co obxectivo de transformar o aforro galego en crédito ao tecido produtivo do País, levaremos a cabo as seguintes propostas :

  • Creación da banca pública galega e impulso de novas fórmulas de participación pública, reformulando os instrumentos do crédito e adoptando as medidas necesarias para que o aforro galego reverta en crédito e investimento no noso País.
  • Creación dun Instituto Galego de Crédito e Investimento, como unha vía máis áxil para dinamizar o crédito á economía produtiva de xeito inmediato. Será, por tanto, un instrumento complementario dentro da estratexia de configuración dunha banca pública galega.

Unha banca pública permitirá achegar liquidez en momentos de crise, ao tempo que será o motor financeiro para o tecido produtivo galego, en especial para as PEMEs, e permitirá dirixir o financiamento para proxectos estratéxicos e a reorientación do tecido produtivo. Por tanto, a avaliación da banca pública como alternativa á banca privada debe ter en conta os efectos positivos que a súa actividade terá no desenvolvemento do noso tecido produtivo, entre os que podemos destacar:

  • Implicación directa no desenvolvemento do pais a través da aposta por sectores ou áreas onde as entidades privadas non o fan, xa que entenden a priori que non obterían rendibilidades desexadas.
  • Evitar a fuga de capitais cara a outros territorios, mediante a captación de aforro galego para destinalo a investimento do tecido produtivo galego.
  • Maior orientación cara ao financiamento da economía produtiva e PEMEs, involucrándose no financiamento de actividades estratéxicas para o desenvolvemento do territorio e concedendo créditos a máis longo prazo. Ademais pode proporcionar investimento en proxectos que teñen maior dificultade de acceso ao crédito privado.
  • Maior capacidade de intermediación: após a reconversión financeira, as entidades financeiras están máis concentradas e diminúen a súa orientación cara á intermediación, xa que o fan cara a actividades máis especulativas.
  • Reduce as dificultades que teñen determinados segmentos da poboación para o acceso a certos servizos ou produtos financeiros como préstamos, tarxetas de crédito, domiciliación bancaria da nómina, etc.
  • Limitar os xuros abusivos para préstamos hipotecarios que teñan como finalidade a adquisición da primeira vivenda mediante un sistema que considere criterios de vulnerabilidade social.

Ademais, impulsaremos ou demandaremos do goberno central as seguintes medidas no sector financeiro:

  • Recuperación do resgate bancario para aumentar os recursos públicos dedicados aos servizos básicos: sanidade, educación e servizos sociais.
  • Adoptar medidas para garantir o acceso universal e gratuíto aos servizos bancarios.
  • Acometer unha regulación do sector financeiro que supervise e controle entidades e axentes financeiros, limitando movementos especulativos de capital e supeditando a actividade financeira ás necesidades da economía produtiva.
  • Acordar medidas complementarias á aposta por instrumentos financeiros propios para impediren a expulsión dos nosos aforros e a súa utilización no noso País.
  • Introducir regras sobre a retribución dos altos directivos do sector financeiro, limitando os salarios e o estabelecemento de bonos e incentivos desmedidos.
  • Aprobar normas sobre servizos financeiros que limiten o cobro de comisións abusivas a usuarios/as, así como o reforzamento da transparencia da información das entidades financeiras.
  • Culminación dos traballos da Comisión de investigación parlamentaria sobre o proceso de bancarización e privatización das Caixas galegas.
Avanzar nas capacidades fiscais para unha maior xustiza tributaria

O actual sistema fiscal amosa un claro carácter regresivo, onde a contribución impositiva recae fundamentalmente sobre os impostos indirectos ao consumo e ás rendas do traballo, fronte ás de capital. Deste xeito, non está a contribuír a corrixir as desigualdades económicas e, por tanto, non cumpre a súa función de redistribución da riqueza.

O resultado é un sistema fiscal cun baixo nivel de presión fiscal sobre determinadas rendas e un reparto pouco equitativo da carga fiscal que impide o desenvolvemento do sistema de benestar, privando à sociedade dos recursos necesarios para poder adoptar medidas de estímulo na economía dirixida a un crecemento sustentábel a longo prazo.

Apostamos por un sistema fiscal galego inserido nun modelo de financiamento baseado no concerto económico, froito da negociación bilateral da Xunta có Estado, que garanta que Galiza teña plena capacidade normativa, de xestión e responsabilidade fiscal sobre todos os impostos soportados no noso país, de cara a avanzar na xustiza fiscal. Mentres non academos este modelo, é prioritario acometer unha reforma fiscal cos obxectivos de:

  1. Garantir e incrementar a capacidade recadadora do sistema tributario, nun sentido de progresividade impositiva, de maneira que en función da capacidade económica e patrimonial pague proporcionalmente máis quen máis ten, para fortalecer un sistema de benestar que asegure o acceso de toda a poboación ás prestacións sociais e servizos públicos de calidade.
  2. Incrementar a xustiza do sistema fiscal, impulsando a función de redistribución da renda e riqueza e como elemento activo na corrección das desigualdades sociais.

O BNG avoga por aproveitar ao máximo as capacidades de Galiza para introducir progresividade nos impostos que forman parte do sistema de financiamento. Deste xeito, en tanto non se reforme este sistema:

  • Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas: na tarificación das bases imponible liquidables aumentaremos o número de tramos e actualizaremos os limites dos primeiros tramos, onde se concentra a maior parte dos declarantes, así como os mínimos persoal e familiar, para compensar o efecto da inflación. Ademáis, modificaremos os tipos de gravame do IRPF, para que as rendas máis altas tributen proporcionalmente máis, achegando maiores recursos para o sostemento dos servizos públicos galegos, realizando todas as modificacións precisas para dotar este imposto de maior progressividade. Ademais estabeleceremos distintos tipos de gravame en función da natureza dos rendementos minorando a tributación polos ingresos do traballo e aumentando a correspondente aos derivados do capital. As deducións serán inversamente proporcionáis aos tipos de gravame.
  • Imposto de patrimonio: suprimiremos a bonificación da cota íntegra e actuaremos sobre o mínimo exento para que os patrimonios superiores a 300.000 euros, excluída a vivenda habitual, acheguen máis ao sostemento dos servizos públicos galegos, ao tempo que dotaremos a escala deste imposto de maior progresividade.

Así mesmo, aproveitaremos as nosas capacidades fiscais para crear novos tributos ou modificar alguns dos existentes, para afondar na proteción dos interesses ambientais, da maioria social e do entorno rural:

  • Imposto sobre as Grandes Superficies Comerciais que grave o impacto económico, social e ambiental que provocan estas grandes superficies, en función do seu tamaño.
  • Imposto medioambiental sobre as instalacións de transporte de enerxía eléctrica de alta tensión, que gravará a capacidade económica que se manifesta na xeración de afeccións e impactos ambientais e visuais na contorna natural polas instalacións eléctricas a través de elementos fixos de alta tensión. A Base impoñíbel do imposto estará constituída polos quilómetros de tendido eléctrico en redes de capacidade igual ou superior aos 220 kW.
  • Imposto sobre as vivendas baleiras, que terá como suxeito pasivo ás persoas xurídicas —xa que logo, non afectará ás persoas físicas— e gravará o incumprimento da función social das vivendas polo feito de permaneceren desocupadas de forma permanente, durante máis de dous anos sen causa xustificada. Constituirá a base impoñíbel o número total de metros cadrados das vivendas suxeitas ao imposto das que é titular o suxeito pasivo, reducida en 160 metros cadrados en concepto de mínimo exento.
  • Modificación do canon eólico para que a base imponíbel estexa constituída pola suma das potencias unitárias nominais das unidades de aeroxeradores existente en cada parque eólico instalado en Galiza, e non o número de aeroxeradores como está estabelecido na actual normativa e que favorece os interesses das grandes eléctricas e prexudica o fornecimento de recursos para o Fondo de Compensación Ambienta.
  • Elevaremos a cota tributaria do Imposto sobre o Dano Medioambiental por determinados usos e aproveitamento da auga encorada.
  • Impulsaremos a imposición fiscal sobre aqueles feitos que deterioran o medio, coa finalidade de incentivar o uso de sistemas de produción limpos, así como compensar o custe social de soportar danos medioambientais coa internalización deses custes por parte das empresas ou calquera outro produtor da contaminación.

Galiza, en tanto non se mude o actual sistema de financiamento por un sistema baseado na responsabilidade fiscal plena, recibe parte dos seus ingresos públicos a través dunha canastra de impostos, composta por tributos propios e outros cedidos parcialmente polo estado, polo que recada un volume de impostos que está moi lonxe dos total do tributos realmente pagados por galegas e galegos. Xa que logo, mentres ese deseño fiscal do Estado español teña incidencia nos recursos con que conta Galiza, o BNG desde o Goberno galego promoverá tamén unha profunda remodelación do sistema fiscal estatal, consonte os seguintes criterios:

  • Estabelecer novos tramos na tarifa xeral do IRPF para as rendas superiores, actualizar os seus limites en función dos efectos da inflación e a mellora na progresividade na tributación do aforro.
  • Manter ou aumentar as rebaixas do IVE para servizos e bens de consumo básicos como a electricidade, os alimentos básicos, carne, leite, pescado, etc.
  • Modificar a lexislación das Institucións de Investimento Colectivo, a fin de que as sociedades de investimento de capital variábel (SICAV) tributen aos tipos impositivos análogos aos fixados no imposto sobre a renda e sociedades.
  • Mentres Galiza non teña competencias sobre o Imposto de Sociedades, fixar un gravame adicional no Imposto sobre Sociedades para as bases impoñíbeis que superen os 100 millóns de euros, isto é, empresas que teñan grandes beneficios.
  • Estabelecer un réxime fiscal sobre a actividade financeira que grave as transaccións especulativas.
Loita contra a fraude fiscal

É necesario que o Estado implemente medidas de loita contra a fraude fiscal e a evasión de capitais, que actualmente, non se están a perseguen cos medios adecuados, nomeadamente o fraude correspondente as grandes corporacións e fortunas.

  • Demandaremos que o Estado impulse un plan específico con medidas efectivas de loita contra a fraude e a evasión fiscal das sociedades e capitais despositados en entidades financeiras domiciliadas en paraísos fiscais e contra sociedades “pantalla” ou interpostas, así como contra os axentes mediadores que facilitan a fraude fiscal.
  • A Xunta de Galiza tamén será un axente activo na loita contra a fraude fiscal. Aínda con competencias limitadas, existe marxe para actuar desde o ámbito galego. En especial, actuaremos mediante a reclamación dun marco competencial acaído para que desde a Xunta de Galiza se poidan desenvolver accións eficaces contra a fraude fiscal.

En consonancia coa defensa do BNG dunha nova política social e territorial baseada nos principios da xustiza social e o combate da desigualdades territoriais que afectan a Galiza. Desde o Goberno galego, demandaremos do estado:

  • Orzamentos públicos participativos e democráticos, que defendan os intereses das maiorias sociais
  • Impulso à economia produtiva e a reindustrialización
  • Defensa do interese social: derrogación da lexislación que atenta contra os direitos laborais da clase traballadora, contra a negociación colectiva e contra as pensións. Medidas de redución da precariedade e da temporalidade laboral.
  • Actualización permanente dos salarios en función do aumento do custo da vida
  • Pensións dignas e sistema público garantido: o sistema público de pensións é perfeitamente sustentábel e o seu futuro é unha cuestión de vontade potítica, non de viabilidade económica. A viabilidade futura implica o incremento dos ingresos do sistema, aumentando os salários e o emprego, evitando a emigración e a fenda de xénero, e obviamente requer derrogar todas as reformas que atentan contra a capacidade adquisitiva das prestacións.
  • Redución da xornada laboral
  • Desenvolvemento do Marco Galego de Relacións Laborais
  • Eliminación da fenda de xénero: igualdade de direitos e oportunidades para todas e todos.
Empoderar Galiza ante o centralismo económico

Madrid converteu-se en núcleo referencial do estado, sede dos poderes político, executivo, lexislativo, xudiciário, militar e do corpo diplomático. O Estado investiu todo o seu esforzo en facer de Madrid o nodo central dos transportes e as comunicacións, centro radial por onde todo debe pasar. Beneficiada polo chamado “efeito sede” reúne a maioria de organismos e entidades públicas empresariais concentrando grande parte do emprego estatal; congrega o maior número e faturación de grandes empresas atraindo o investimento, nomeadamente o especializado nas TIC’s; e é centro financeiro, dos medios de comunicación e das principais entidades científicas, artísticas e culturais, oferecendo a maioria do emprego cualificado.

Madrid ten un permanente apoio do Estado grazas ao investimento en novas e importantes infraestruturas de transporte terrestre e aéreo, que afonda no seu deseño radial, e situa os centros de decisión do Estado à beira dos centros de decisión políticos, o que facilita a adxudicación dos contratos públicos às grandes empresas con sede en Madrid. As consecuencias do centralismo son moi negativas para Galiza: agrava a nosa condición de periférica económica e a fuxida de empresas para Madrid que é a sede fiscal de mais de 4.300 empresas con actividade na Galiza, provocando un estrago fiscal devastador.

Galiza segue a estar discriminada na atracción de investimentos, é fornecedora de recursos fiscais e de grande parte do noso aforro, de materias-primas, man de obra e enerxia, ao tempo que sofremos unha crise demográfica que segundo estimacións do Instituto Galego de Estatística levará a perdermos o 6,6% da poboación nos próximos 15 anos.

Por todo isto o BNG defenderá desde o Goberno galego e ante o Estado a:

  • Participación pública galega nos organismos de dirección (consellos reitores, órganos de administración, etc) de empresas públicas estatais radicadas na Galiza, con capacidade decisiva (veto) cando se

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

Eixo 04: Un país con benestar social

• Co obxectivo de camiñar cara a unha distribución comarcal e unha ampliación máis ambiciosa dos EOE, crearanse inicialmente un novo EOE na provincia de Pontevedra (con sede en Vigo) e dous na provincia da Coruña (un con sede en Santiago e outro en Ferrol). • Desenvolver un programa gradual para incorporar a figura do/a educador(a) social aos centros educativos e aos equipos de orientación. • Asumir un maior compromiso na escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais dotando todos os centros que escolaricen alumnado de educación especial dos docentes e persoal específico necesario e a redución da súa ratio para facer efectiva e real a inclusión escolar e a igualdade de oportunidades. Así mesmo, introduciranse as reformas normativas que sexan necesarias para garantir a permanencia das mozas e mozos com discapacidade escolarizados nos Centros de Educación Especial, cando así sexa necesario, entre os 21 e 30 anos. • Coordinación entre a Consellería de Educación, a de Sanidade e os servizos sociais dos concellos coas familias para a detección, diagnóstico e seguimento do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. • Desenvolver nos centros educativos a figura do Coordinador ou Coordinadora de Benestar e Protección para mellorar a detección precoz e a prevención da violencia. • Plan Específico de Formación na atención á diversidade dirixido, dunha banda, ao profesorado especialista de PT e AL, fomentando a compartición de experiencias e propostas; e, doutra, dirixido ao profesorado non especialista fornecéndoo de recursos para a atención á diversidade. • Plan integral do ensino no rural. Garantir as infraestruturas, os servizos complementarios e medios necesarios para prestar un ensino de calidade e adaptado á realidade de cada zona. • Facilitar os servizos complementares gratuítos (comedor e transporte escolar) no ensino público, asumindo, paulatinamente, a xestión pública e directa desde a administración galega. • Elaborar unha nova normativa sobre os comedores escolares que garanta o acceso ao servizo e promova a súa xestión pública directa. O alumnado escolarizado no ensino público de Galiza terá dereito a facer uso do servizo de comedor escolar. O servizo de comedor estará atendido por persoal específico non docente, dependente da administración e coa cualificación correspondente.

O alumnado que teña que facer uso do transporte escolar para a súa escolarización terá acceso gratuíto ao comedor. Fixaranse uns prezos módicos para o resto do alumnado, co obxectivo de conseguir o acceso gratuíto para todo o alumnado do ensino básico e infantil. • Promover a elaboración dunha normativa legal do transporte escolar de Galiza para garantir o dereito ao transporte escolar en todos os niveis educativos, nomeadamente nas zonas rurais que non contan con transporte público regular. A organización e a regulación dos itinerarios ou itinerarios multicentros non poden condicionar o horario e a xornada escolar. A Consellaría de Educación dotará de persoal para custodiar o alumnado nas esperas, desde a chegada do transporte escolar até o inicio das aulas e desde a finalización até a saída do transporte. • Facilitar unha oferta ampla a todos os centros públicos de actividades extraescolares gratuítas que serán impartidas por persoal específico e cualificado. A administración garantirá o transporte público ao alumnado para asistir a estas actividades. Así mesmo facilitarase o programa madrugadores/as onde for demandado. • Potenciar as bibliotecas escolares co fin de mellorar a súa xestión, instalacións, materiais e dotación. Iniciar a dotación da docente bibliotecaria nos centros co maior número de alumnado. Garantir no resto dos centros que o profesorado que participe ou asuma a responsabilidade deste ervizo goce da suficiente redución horaria. As bibliotecas escolares contarán cun fondo documental adecuado e actualizado, instalacións e equipamentos apropiados. Así mesmo, permanentemente, dotaranse economicamente as bibliotecas escolares para a súa actualización. Dotaranse todos os centros de material didáctico audiovisual, informático, documental e bibliográfico, aplicado ás diferentes áreas. • Todos os centros terán unha dotación suficiente tanto en equipos informáticos como en espazos. Os centros de certa complexidade contarán con persoal técnico e cualificado en TIC. Garantirase o apoio e mantemento das TIC no resto dos centros. Estabelecerase un plano de formación dirixido a todo o profesorado para a formación no uso das TICs. • Incorporar nos currículos formativos aspectos ligados á innovación, a creatividade e o emprendemento desde unha perspectiva galega, sustentábel e de igualdade de xénero. • Promover un debate con toda a comunidade educativa sobre o calendario escolar, co fin de determinar un calendario que non estea marcado polas festividade relixiosas, conformado con intervalos lectivos compensados e cos respectivos descansos non lectivos, evitando o desequilibrio en días lectivos dos actuais trimestres. • Restabelecerase a xornada matinal reducida de catro horas durante os meses de xuño e setembro nos centros que imparten ensinanzas de infantil e/ou de primaria.

Formación Profesional

Nova planificación da Formación Profesional que suprima os concertos educativos co ensino privado. Ampliar, diversificar e asegurar unha oferta suficiente na rede pública para satisfacer a demanda existente e atender as necesidades do tecido industrial e dos sectores estratéxicos da nosa economía, contribuíndo así a fomentar e a desenvolver as nosas potencialidades económicas.

A potenciación da formación profesional na Galiza debe ir parella aos plans económicos tendo en conta que estamos nun nivel formativo orientado ao mundo laboral e con implantación en todo o territorio.

Medidas necesarias e urxentes para desenvolver este piar fundamental da sociedade galega son:

  1. Aprobación dunha Lei Galega de Formación Profesional que integre as diferentes vías de FP para coordinalas e orientalas ao logro dos principais obxectivos: aumento da inserción laboral da poboación, innovación e desenvolvemento sustentábel. En todos estes anos de Goberno popular non se aprobou unha Lei orientada á FP que regulara os aspectos básicos da FP nos seus eidos, dotando dun verdadeiro poder deliberativo ao Consello Galego de FP e coordinando a tripla FP (regrada, ocupacional e continua) baixo criterios orientados ás maiorías sociais.
  2. Creación dun Centro de Innovación da FP Galega que dea apoio á innovación e investigación aplicada en todo o sistema da FP galega, Integración do Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros na Axencia Galega da Innovación, mellorando e potenciando a coordinación das actuacións en materia de FP para promover a innovación aplicada no que converxan as áreas do goberno galego de Educación, Universidades, Innovación e Emprego.
  3. Creación dos Consellos Comarcais de FP nos que se realice unha planificación, estudo e análise da oferta formativa de FP e as necesidades do tecido produtivo, formada por representantes da administración (tamén do Servizo de Promoción do Emprego de Galiza, SPEG), sindicatos e empresarios, integrado no Consello Galego de FP.
  4. Actualizar e revisar a oferta formativa para aliñala co potenciación dos sectores económicos chave de Galiza. É fundamental que os programas formativos se deseñen desde unha perspectiva de País para potenciar os elementos característicos do noso tecido produtivo.
  5. Mudar a política de viveiros de empresa localizados en “oficinas” para usar os propios talleres e aulas prácticas nos centros de ensino de FP como verdadeiros viveiros de empresa durante os períodos nos que non hai actividade escolar para proxectos de empresas innovadores do alumnado de FP.
  6. Potenciar a Orientación laboral e profesional con capacidade para coordinar as actuacións relativas a vinculación entre mundo formativo e laboral, conexión con outras ofertas de FP e programas de emprendemento e innovación, instituíndo a figura da Orientadora Laboral en todos os CIFP e IES con FP e aumentando as orientadoras laborais nos SPEG, coordinando as actuacións entre uns e outros nos concellos / comarcas.
  7. Impulso ás modalidades de formación para adultos, potenciando o ensino online e semipresencial, preservando a oferta presencial e fomentando a reconversión e reciclaxe formativa da poboación.
  8. Potenciar a presenza de mulleres nas profesións máis masculinizadas e, especialmente, nas ramas STEM.
  9. Executar a presenza vehicular da lingua galega en toda a FP dando valor ao seu uso para o noso tecido produtivo. Vincular a importancia da nosa integración na lusofonía e do máis-valor que supón para o noso tecido empresarial.
  10. Abrir as posibilidades de duplas titulacións e ciclos formativos abertos que permitan dar resposta a novas necesidades formativas.
  11. Aumentar os estudos científicos sobre a FP, a súa situación, estado e descubrimento das mellores prácticas, establecendo para tal fin programas de colaboración Universidade-FP.
  12. Coordinar o transporte público comarcal cos centros de ensino de FP, especialmente para o alumnado de FP Básica e Grao Medio (menor de idade na maioría dos casos).

Ensinanzas especiais e formación permanente

• Ampliar e estender a rede das escolas oficiais de idiomas, mediante a creación de novos centros e/ou da ampliación dos existentes, fomentando dun modo especial o estudo da língua portuguesa. • Promover unha reordenación do ensino artístico, integrando as diferentes especialidades a través dunha organización única e orientada cara á realidade galega. Arbitrar os mecanismos necesarios para que as ensinanzas artísticas superiores poidan adscribirse e integrarse na universidade, a fin de que o alumnado obteña a titulación de grao. Implementar mecanismos eficaces para a incorporación do alumnado egresado nas redes de creación e difusión cultural do país, favorecendo a produción e consumo de cultura galega. • Potenciar a actual rede de educación de persoas adultas, garantindo unha ampla oferta presencial da ESA e o Bacharelato. Elaborar unha rede de educación permanente de persoas adultas que inclúa centros específicos nas áreas de maior poboación e garantindo unha oferta en centros ordinarios nas cabeceiras comarcais. Impulsar a posta en marcha de programas de formación da poboación galega para coñecermos a nosa historia, cultura, xeografía, sociedade e natureza. • Desenvolvemento dun marco regulador e dun proxecto de país en relación coa formación permanente ao longo de toda a vida.

Un ensino feminista

• Promover unha educación non sexista e coeducativa. Todo o material curricular estará fundamentado no principio de igualdade entre mulleres e homes. • Actuar preventivamente en contra da educación machista e a violencia de xénero. Recuperar a oferta da materia de Igualdade de xénero eliminada no curso 2023-24. • Eliminar e rexeitar os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación entre mulleres e homes con especial consideración no que atinxe aos libros de texto e materiais educativos. • Promoción da presenza equilibrada de mulleres e homes nos órganos de control e de goberno dos centros docentes. • Estabelecemento de medidas educativas destinadas ao recoñecemento e ensinanza do papel das mulleres na Historia, no Pensamento, na Ciencia e, en xeral, na sociedade. • Formación transversal do persoal educativo en materia de igualdade e para o respecto á diversidade afectiva sexual; protocolos contra o acoso lgtbifóbico; inclusión da diversidade sexual e de xénero nos programas docentes. • Elaborar, de maneira dialogada cos distintos axentes, un Plan galego de educación afectivo-sexual que garanta o dereito do alumnado a unha educación integral.

Ensino universitario

As prioridades de goberno do BNG aséntanse sobre as seguintes propostas: • Negociar un novo plan de financiamento universitario que garanta fondos públicos suficientes ao Sistema Universitario Galego (SUG) e que teña como referencia o 1,5% do PIB. A parte estrutural do fondo deberá cubrir os gastos de persoal e de funcionamento e incluirá un fondo basal de investigación. • Implantación da matrícula gratuíta no primeiro curso de grao en todas as titulacións universitarias estabelecendo mecanismos de compensación no Plan de financiamento das Universidades pola minoración de fondos que representa. • Programa específicos de bolsas de mobilidade para garantir a formación e a actualización de coñecementos do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e do estudantado. • Avanzar, aproveitando a especialización e fortalezas dos distintos campus, na oferta académica do SUG, cara á completa oferta de titulacións do sistema. • Apoio e promoción de titulacións interuniversitarias de grao, mestrado e doutoramento, sinaladamente aquelas que sirvan para o desenvolvemento económico, social e cultural da Galiza. • Fomentar e promover a cooperación, colaboración e coordinación no SUG como mellor xeito de cumprir cos obxectivos da Universidade. • Incrementar o número de prazas nas titulacións universitarias, adecuando a oferta á súa demanda real para evitarmos a existencia de titulacións elitistas e excluíntes que provocan a emigración académica do estudantado con todos os custos económicos que isto supón, cando non impiden o acceso ao ensino superior como dereito básico. No tocante aos estudos de medicina impulsar a aplicación do convenio subscrito entre as tres universidades que permite ampliar a oferta aproveitado os recursos humanos e materias do SUG e o SERGAS. • Revisión do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, xa desbotado en algunhas universidades europeas polos seus efectos negativos sobre a educación superior e os fins esenciais da Universidade.

Universidade galega

• Transferencia a Galiza das competencias en materia de xestión e concesión de bolsas de axuda ao estudo. Desenvolvemento dunha política que garanta o dereito á educación no ensino superior, modificando os requisitos, incluídos os académicos, para a obtención de axudas ao estudos, de modo que non impidan ao estudantado con menor poder adquisitivo acceder á universidade. • Promover e defender a derrogación das normas de racionalización do gasto público no ámbito educativo universitario que reducen os cadros de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos e que incrementan os rateos. • Transferencia a Galiza dos medios materiais e competencias da UNED, da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e das Institucións dependentes do Centro de Investigacións Científicas. • Apoio e promoción de titulacións interuniversitarias de grao, mestrado e doutoramento, sinaladamente aquelas que sirvan para o desenvolvemento económico, social e cultural de Galiza. • Pular pola normalización do uso e a promoción da lingua galega en todos os ámbitos universitarios, coa inclusión de medidas que garantan o seu coñecemento no acceso aos postos docentes e para impartir as aulas en galego. • Incentivar e apoiar o estabelecemento de vínculos académicos e de investigación internacionais coas universidades do ámbito lusófono.

Universidade de calidade e innovadora

• Derrogación da normativa pola que se modifican os plans de estudos do ensino universitario, que pasa a ser de 3 anos no grao e de 2 anos no mestrado, por degradar as titulacións e as cualificacións universitarias, promover as universidades privadas e expulsar as clases máis humildes da universidade. • Fomentar a dinamización e o crecemento do persoal dedicado á investigación, rematando coa temporalidade dos contratos nos proxectos de investigación no marco do fomento da investigación, favorecendo a libre difusión do coñecemento no canto da súa mercantilización, apoiando programas de doutoramento de calidade en todos os eidos de coñecemento e recuperando as convocatorias para o inicio e consolidación da carreira investigadora. • Apoio e promoción de programas de doutoramento industriais. • Revisión do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, xa desbotado nalgunhas universidades europeas polos seus efectos negativos sobre a educación superior e os fins esencias da Universidade. • Incrementar o número de prazas nas titulacións universitarias, adecuando a oferta á súa demanda real para evitarmos a existencia de titulacións elitistas e excluíntes que provocan a emigración académica do estudantado, con todos os custos económicos que isto supón, cando non impiden o acceso ao ensino superior como dereito básico. • Modificación do actual calendario académico e superación das probas de acceso á universidade polas trabas que estas implican para o exercicio do dereito ao ensino superior. • Modificación da normativa galega relativa aos consellos sociais, especialmente no que ten a ver coa súa composición, que non é representativa da sociedade en que se insire o noso sistema universitario galego, alén de demandar a reforma da lexislación española sobre tales órganos e as súas funcións. • Apoio e promoción de planos específicos de consolidación dos cadros de persoal docente e investigación e do persoal de administración e servizos das tres universidades. • Apoio con medios materiais e humanos ás tres universidades galegas para a captación de recursos económicos públicos en convocatorias de institucións públicas estatais e internacionais, promovendo ademais a presenza en Bruxelas de representación que dea apoio ás nosas universidades. • Garantir a existencia de infraestrutura e de equipamentos mínimos necesarios para que o sistema universitario galego funcione con normalidade, especialmente naqueles campus que máis o necesitan. • Garantir a comunicación e o acceso a todos os campus galegos, facendo especial fincapé nos denominados campus periféricos, apostando pola mobilidade en todos os medios de transporte e en clave de rendibilidade social, con especial atención ao papel que pode xogar o tren de proximidade.

e) Un novo modelo de coidados

Un dos piares esenciais do denominado estado do benestar son os coidados. Porén, ao contrario do que aconteceu co sistema sanitario e o educativo, aínda fica pendente de construír un verdadeiro servizo público dirixido a garantir o benestar do conxunto da poboación.

De feito, se ollamos os datos, a maior parte das escolas infantís, centros de día, centros dirixidos a persoas con discapacidade ou residencias de maiores son privados sendo aqueles de titularidade e xestión pública os menos.

E os datos así o demostran: En Galiza hai 409 residencias de maiores e 23.195 prazas segundo os datos do último informe publicado polo CES (2022), delas só 90 centros e 5.180 prazas son públicas. Se ollamos os centros de día, en Galiza atopamos 247 cun total de 9.535 prazas das que só 3.827 son públicas. A respecto das escolas infantís, dos 496 centros existentes, a Xunta de Galiza conta cunha rede pública propia –isto é, sen contar as escolas de titularidade municipal-- de apenas 147 centros e 8.500 prazas na Rede Galiña Azul xunto con 27 centros e 2.242 prazas dependentes da Axencia galega de servizos sociais.

Desde o BNG temos claro que é necesario dar un importante paso adiante neste sentido a través da: • Creación do auténtico Servizo Galego do Benestar, un organismo que viría a xogar un papel similar ao do SERGAS mais no ámbito dos servizos sociais garantindo a xestión pública dos mesmos a comezar polas residencias da terceira idade, centros de persoas con discapacidade, centros de día e Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A atención á terceira idade ou ás persoas con discapacidade é un servizo público que debe ser xestionado integramente pola Xunta de Galiza rematando co actual esquema perverso de mercantilización e de privatización directa ou indirecta.

O reto da vellez

Na actualidade, Galiza conta cunha esperanza de vida media de 86 anos para as mulleres e 80 para os homes. A poboación maior de 65 anos representa xa máis do 30% da sociedade galega e as previsións é que esta porcentaxe vaia en aumento.

Neste senso, segundo as proxeccións de poboación a curto prazo (2018-2033) elaboradas polo Instituto Galego de Estatística (IGE) a nosa poboación de oitenta anos e máis chegará das 237.218 persoas no ano 2018, a 249.366 persoas no 2033, e no caso da poboación centenaria pasaría das 1.109 persoas no ano 2018 a 4.196 persoas no ano 2033.

O impacto negativo que ten o envellecemento demográfico, é dicir, os cambios que se producen na estrutura da poboación polo aumento da proporción de persoas nos grupos de maior idade e unha diminución da taxa de fecundidade, incluíndo en Galiza o impacto da emigración, non debe agochar o dato positivo do aumento da taxa de esperanza de vida.

O envellecemento da poboación por aumento da esperanza de vida significa vivir máis anos. E ademais, confirma que as políticas de protección social do Estado de Benestar, tan cuestionadas desde os valores fundamentalistas e economicistas do mercado, tiveron moito que ver nese éxito.

Por iso, desde o Bloque Nacionalista Galego concibimos o envellecemento poboacional como un reto, nunca como un problema.

Vivimos máis anos grazas a un incremento da esperanza de vida, mais, en que condicións vivimos cando imos cumprindo anos?

O aumento da lonxevidade non significa de maneira automática que eses anos de vida teñan lugar coa maior calidade e benestar. De feito, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (2018) e a Enquisa Nacional de Saúde (2020) a esperanza de vida sen limitacións graves sitúase en 78,9 anos para as mulleres e 75,6 anos para os homes.

Isto quere dicir que unha parte importante da vellez en Galiza está condicionada por algunha discapacidade ou dependencia o que esixe das institucións públicas accións firmes encamiñadas a cumprir cun obxectivo fundamental, engadir vida aos anos, tal e como sinala a Organización Mundial da Saúde (OMS) na Estratexia Mundial sobre o envellecemento e a saúde (2016-2030).

Urxe, pois, camiñar cara á un novo modelo de coidados que responda á realidade actual e futura de Galiza poñendo no centro as persoas e as súas, nosas, necesidades. Así mesmo, Galiza vén experimentando nos últimos anos un incremento progresivo no número de persoas que viven soas, cada vez de maior idade.

Segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) na última década (2011-2021) en Galiza pasamos de 229.993 fogares unipersoais en 2011 a 247.557 en 2021, a maior parte deles conformados por mulleres (56,8%).

Por tramos de idade, a metade deses fogares están constituídos por unha persoa maior de 65 anos (o 51,42% en 2021) e, de novo, na inmensa maioría dos casos, fórmanos mulleres que viven soas (88.669 fogares).

Combater a soidade non desexada e o illamento social constitúe un dos desafíos da nosa época pois este complexo fenómeno, multicausal e subxectivo, que pode afectar a calquera persoa ao longo das diferentes etapas do ciclo vital, é considerado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como un dos maiores riscos para o deterioro da saúde e un factor determinante que favorece a entrada das persoas en situacións de dependencia.

Neste senso, desde o BNG propomos: • Impulso dun novo modelo de residencias baseado na Proposición de lei galega de residencias elaborada polo BNG e asentada nos seguintes principios: • Límite de prazas. Un tope de 100 prazas, cun mínimo do 90% das habitacións individuais, estruturadas en módulos de 25 residentes como máximo e 20 en caso de centros con persoas dependentes. Tamén deben estar integradas nos núcleos urbanos ou rurais non en lugares illados, e en zonas libres de ruídos, de agresións ambientais e, na medida do posible, próximos a espazos que faciliten o lecer, como parques ou zonas verdes. • Novos criterios para o cálculo das rateos de persoal que obriguen a diferenciar entre catro categorías: persoal de atención directa; persoal técnico, persoal de servizos xerais e dirección, mellorando así a calidade da atención e dos coidados. • Un modelo de atención centrado nas persoas que debe ser integral, garante de dereitos e respectuoso coa dignidade das persoas. Deben contar cun plan de atención individualizado para cada persoa usuaria no que se faga unha valoración integral, se establezan obxectivos, medidas para conseguilos e un acaído seguimento por parte dunha persoa de referencia que actúa como enlace coa familia. Isto é, debe ser o centro quen se adecúe aos maiores e non ao contrario, polo que tamén se inclúe a posibilidade de personalizar a súa habitación levando mobiliario propio para manter no posible sensación de fogar. • Supervisión, inspección e réxime sancionador co obxectivo de conseguir a máxima transparencia e información das residencias. Neste sentido, impulsaremos a creación dun corpo de inspección específico para as residencias cos medios humanos e técnicos suficientes. En aras desa transparencia, crearase unha web de acceso público coa información das actas e informes das inspeccións, as sancións impostas así como todas e cada unha das axudas que recibe cada residencia privada ou concertada, información que tamén debe ser trasladada ao Parlamento nun informe anual. • A planificación dunha rede pública de residencias co obxectivo de ir mudando o actual modelo privatizado. Esta planificación deberá ser revisada cada catro anos e, ao mesmo tempo, se prevé a recuperación dos centros públicos pero de xestión privada a medida que venzan os contratos coa Administración. • Creación dun Comité galego de ética semellante ao que xa existe en materia de saúde. Un organismo independente que permita resolver conflitos éticos en materia de atención asistencial. Un organismo formado por profesionais ao que acudir para denunciar e encargado tamén de remitir informes nesta materia. • Aprobar o Mapa Galego de servizos sociais, que inclúa o estabelecemento dos criterios de dotación de centros e de servizos en todo o territorio galego así como dun catálogo de servizos sociais integrado polo conxunto de intervencións, programas, servizos e prestacións, de tal maneira que se concreten aquelas que teñan un carácter esencial, o que determinará a súa condición como dereito exixíbel por todas as persoas que o precisaren. • Implantación progresiva e xeneralizada da Tarxeta Social Galega que acredite o acceso aos servizos sociais e proporcione, de maneira áxil e directa información relativa á situación social da persoa así como dos servizos e prestacións que recibe e aos que ten dereito. • Incremento do persoal dos Equipos de Valoración e Orientación da dependencia. • Reforzar os servizos sociocomunitarios creando equipas diferenciadas para os labores administrativos, por exemplo a tramitación de axudas e prestacións, e os traballos de campo (prevención). • Reformular o modelo de financiamento e xestión do Servizo de Axuda no Fogar. Incrementando o seu financiamento até alcanzar os 20 euros/hora nos dous primeiros anos de lexislatura así como ampliar a carteira de servizos de atención no domicilio para garantir o dereito a envellecer no propio fogar coas mellores condicións de vida. Aumentar a súa intensidade horaria en función do grao de dependencia e tamén os servizos que o integran para introducir un enfoque máis preventivo, de fomento da autonomía persoal e reparador-rehabilitador (fisioterapia, terapia ocupacional, actividade física-deportiva…) • Crearemos un Programa de detección e atención ás persoas maiores en situación de soidade non desexada en colaboración cos Concellos, coa rede de servizos de benestar e coas entidades asociativas locais, garantindo a atención personalizada de calidade e a mellora da socialización das persoas a través do fomento das prácticas comunitarias en todo o territorio • Reformular e ampliar o servizo Xantar na Casa para chegar a máis persoas facendo del unha ferramenta encamiñada a combater, entre outras cuestións, a soidade non desexada garantindo, ademais, unha alimentación próxima, saudable e de grande valor nutricional. • Reforzar e ampliar a rede de centros de día públicos priorizando a súa implantación nos concellos que actualmente non dispoñen deste servizo e aqueles nos que existe maior demanda. Estes centros garantirán un enfoque preventivo da dependencia e promoverán un envellecemento saudable ademais de sinerxias interxeracionais. • Creación de centros de noite ou opcións non institucionalizadas de vivenda compartida para aquelas persoas que non desexen pasar a noite en soidade. • Incrementar a implantación de teleasistencia básica e avanzada como mecanismo de monitorización dirixido, especialmente, á poboación que vive soa. Incorporar outras innovacións tecnolóxicas (como sensores infravermellos para a detección de caídas ou o despregamento de reloxos/teléfonos intelixentes) como mecanismos de seguridade e prevención. • Creación de bancos locais/comarcais de material de apoio para persoas dependentes dirixidos a favorecer o acceso e a reutilización de recursos como grúas, camas, cadeiras de rodas, etc. Despregamento dunha aplicación dixital (APP) que favoreza e facilite a Comunicación e o troco. • Creación dun Servizo de orientación e promoción da actividade física (SOPAF) coordinado entre a Consellaría de Sanidade, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Consellaría de Política Social, a Fegamp e as Deputacións Provinciais. Terá un carácter local/comarcal e dirixirase, preferentemente, a poboación maior de 65 anos cunha vida sedentaria que, por prescrición médica, dos servizos sociais ou por propia vontade, queiran mellorar a súa saúde e condición física.

ACCIÓNS ESPECÍFICAS

a) Dirixidas a persoas coidadoras: • Ampliar os mecanismos de respiro no domicilio dirixidos a persoas coidadoras informais garantindo o descanso e minimizando a sobrecarga de traballo incluíndo alternativas á estadía residencial cando a persoa usuaria ou a súa familia así o desexen. • Promover o acompañamento e asesoramento dunha persoa terapeuta ocupacional no domicilio para deseñar, construír e procurar coa familia modelos personalizados que favorezan a comunicación coa persoa en situación de dependencia e mellorar a súa atención no fogar. • Encontros entre persoal dos servizos sociocomunitarios con asistentes persoais e coidadoras (tanto profesionais como informais) para identificar necesidades específicas e definir pílulas de formación, por exemplo, para a capacitación no manexo de produtos e materiais de apoio ou técnicas en actividades cotiás (erguer da cama, o baño, etc.). O obxectivo é reducir o impacto físico e as lesións derivadas deste traballo especialmente en persoas grandes dependentes e coidadoras familiares. • Apoio psicolóxico no domicilio a través dun programa específico dentro do SAAD dirixido tanto á persoa usuaria como á súa contorna familiar e, especialmente, ás persoas responsables do seu coidado.

b) Dirixidas á contorna • Impulso de actividades comunitarias co apoio de asociacións e programas de voluntariado específicos como accións de lecer cotián, encontros inter-xeracionais, proxectos de recuperación da memoria histórica do concello a través das testemuñas de persoas participantes, cursos de formación (informática, restauración, cociña...). • Impulsar, da man das asociacións de comercio e distribución, a creación dunha rede de caixas de conversa nos servizos de atención ao público, especialmente nos estabelecementos comerciais urbanos e periurbanos, como os supermercados. As caixas de conversa concibiranse como un servizo dirixido a garantir un tratamento máis amigable, humano e combater a soidade non desexada e o illamento social nos barrios. • En colaboración con Correos despregar unha rede de carteiras e carteiros que combatan a soidade non desexada e o illamento social a través de visitas periódicas das mesmas traballadoras e traballadores a aqueles domicilios e persoas que o precisen, especialmente nas contornas rurais. • Creación do Consello galego de persoas maiores entendido como un órgano específico para a participación activa das persoas maiores de 65 anos co obxectivo de que adquiran un protagonismo real, colaborativo e voluntario, fomentando a súa achega á vida pública en diálogo coa administración.

c) Dirixidas á prevención e atención a doenzas neurodexenerativas • Creación dunha rede pública de xestión directa de centros de día especializados en alzhéimer outras demencias neurodexenerativas. • Creación de programas de axuda a domicilio especializados en demencias con profesionais formadosespecificamente. • Posta en marcha dunha estratexia específica para coidadores familiares incorporándoos na intervención do sistema sanitario, aplicando un proceso de dupla intervención sanitaria,psicolóxica e social. • Plan de prevención do deterioro cognitivo e a demencia que inclúa, a elaboración de programas de cribado para a detección precoz de doenzas neurodexenerativas como a demencia ou o alzhéimer, promover a coordinación de entidades locais para promover a saúde cognitiva nas distintas etapas da vida; investimentos en prevención primaria dirixida ao conxunto da cidadanía co obxectivo de reducir o risco de padecer estas enfermidades a través do impulso de hábitos saudábeis. • Posta en marcha de estratexias para manter e respectar o maior tempo posíbel a capacidade de obrar das persoas promovendo accións que respecten as decisións das persoas afectadas e as persoas que exercen de coidadoras principais. • Programas de formación para persoal coidador, formal e informal, no manexo deste perfil de persoas usuarias garantindo un tratamento acaído ás súas necesidades. • Desenvolvemento de innovacións tecnolóxicas e aplicacións encamiñadas a garantir a localización de persoas con demencias moi avanzadas.

i. Infancia

As nenas e nenos son suxeitos de dereitos en si mesmos por iso todas as administracións, a comezar pola Xunta de Galiza, deben habilitar os recursos e medios necesarios para que eses dereitos estean sempre garantidos, de maneira especial, se se tratar de menores en situación de risco. • Aprobación dunha Lei galega de infancia e adolescencia e incremento do orzamento xeral destinado a este ámbito. • Elaborar un Plan de Infancia e Adolescencia, contando coa colaboración dos concellos, e que para alén de estabelecer políticas xerais, incorpore especificamente o obxectivo de facilitar o acceso a servizos de calidade para satisfacer as necesidades da infancia máis vulnerábel. • Definir un Plan de Acción para o Observatorio Galego da Infancia e Adolescencia e impulsar a súa actividade e, con ela, a participación, a través deste órgano, das nenas, nenos e adolescentes nas decisións que lles afectan. • Loitar contra a pobreza infantil a través da elaboración de plans específicos dirixidos a fogares en risco de pobreza e exclusión social con menores a cargo, prestando especial atención e medidas concretas a apoiar as familias monoparentais co obxectivo de abordar as elevadas taxas de pobreza que se rexistran neste tipo

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

NA DA MOCIDADE GALEGA 2009-2021 Emigración 0-34 anos 198.939 Emigración > 65 anos 175.588 Emigración total 374.527

  • INVESTIMENTO E AFORRO. A taxa de investimento privado caeu desde o 18,8% en 2009 ao 16,1% en 2019 e a taxa de investimento total caeu do 26,9% en 2009 ao 19,2% en 2020.

Eixo 05: Un país produtivo e dinámico

Resulta prioritario reverter o declive económico e industrial que lastra o futuro do país e iniciar unha nova etapa de desenvolvemento dos sectores estratéxicos e de impulso das grandes pancas de transformación da economía galega. Esta nova etapa rexerase polos seguintes criterios e liñas de actuación:

  • Impulso de modificacións estruturais do modelo económico promovendo o desenvolvemento autocentrado dos sectores produtivos tradicionais e novos, a reactivación industrial de base tecnolóxica, o peche de ciclos e o incremento das cadeas de valor, a creación de emprego estábel e de calidade, e a incidencia territorial para corrixir desequilibrios.

  • Intervención pública no desenvolvemento económico con medidas de regulación, de planificación xeral, sectorial e territorial; de asesoramento e axiliación de procedementos; de creación de equipamentos e servizos; de impulso da transferencia do coñecemento e das innovacións científico- tecnolóxicas; e de financiamento. Impulso da participación pública naqueles sectores estratéxicos para a economía como xeito de impulsar un desenvolvemento autocentrado, respectuoso cos dereitos da clase traballadora e que aproveite as potencialidades do noso país.

  • Fomento específico da cooperación empresarial Programa para o establecemento ou potenciación de clústeres onde as empresas poidan colaborar, compartir coñecemento e recursos, e encontrar oportunidades de negocio conxuntas. O programa incluirá o apoio financeiro de fomento da cooperación e fondos de investimento conxunto para actividades de investigación colaborativa e transferencia tecnolóxica, o acceso ás cadeas de subministro, a penetración nos mercados exteriores e a formación e capacitación conxunta. Así mesmo, o programa incluirá a organización de eventos e encontros onde promocionar a cultura da colaboración e artellar accións específicas conxuntas.

  • Estratexia país de impulso de PEMES, do traballo autónomo e do cooperativismo con medidas lexislativas, fiscais, de financiamento, de innovación, de dixitalización, de acceso a compra e contratación pública e de fomento do emprego de calidade.

Creación dun marco no que as pequenas e medianas empresas e a economía social xoguen un papel máis importante no desenvolvemento empresarial ao constituíren a inmensa maioría de empresas e da ocupación: medidas de impulso da súa dimensión e dinamismo e, en xeral, das políticas de cooperación empresarial, con acordos nos eidos produtivo, comercial, tecnolóxico, de enxeñería ou calquera outro baseado na procura de sinerxias.

  • Mecanismos de apoio ao crecemento e consolidación da empresa galega Programa de estímulo do crecemento empresarial que inclúa asesoramento en operacións de fusións, adquisicións e alianzas estratéxicas, financiamento público e privado, apoio aos proxectos de I+D dirixidos a potenciar os catálogos de produto, dotación de solo industrial en óptimas condicións e colaboración na acción de penetración nos mercados estatal, europeo e global.

  • Estratexia galega de captación e impulso de investimentos para unha nova economía A reactivación da economía e a mellora dos servizos públicos esixen un impulso do investimento, público e privado, que corrixa a baixa taxa de investimento que ven rexistrando o noso país nos últimos 15 anos. Por ese motivo, a política económica da Xunta de Galiza no período 2024-2028 terá como prioridade e elemento chave o fomento dos investimentos produtivos nos ámbitos relacionados coa sostibilidade ambiental, a transición dixital, a innovación, a cohesión territorial e o desenvolvemento do capital humano e social. O financiamento procederá esencialmente da mobilización do aforro galego que non é aproveitado hoxe para investimentos produtivos no país. O Instituto Galego de Crédito e Investimento priorizará tamén o financiamento de iniciativas públicas, público-privadas ou privadas de interese xeral e estratéxico para Galiza relacionadas coa enerxía, as infraestruturas, os transportes, as comunicacións e a innovación.

Ámbitos estratéxicos da reactivación económica de Galiza

1) Política de impulso e reactivación industrial

A industria é un sector indispensábel para desenvolver economicamente Galiza. Polo tanto, a actividade industrial debe ser planificada, regulada, fomentada e apoiada. Neste contexto histórico de desindustrialización é urxente impulsar un cambio de modelo industrial e produtivo, máis intenso en actividades de maior valor engadido e coñecemento, a través de políticas activas que dinamicen e ordenen os sectores existentes, planifiquen a súa diversificación e enfronten os retos dunha economía global na que Galiza non pode limitarse a ser o lugar de paso de industrias de enclave. É necesario un papel activo por parte do goberno galego, que debe actuar para superar as limitacións impostas dende os gobernos de Madrid e Bruxelas deseñando unha folla de ruta propia, espremendo as posibilidades que ofrece este marco e traballando para ter máis capacidade de decisión sobre os elementos que condicionan o desenvolvemento industrial.

Liñas de actuación:
  • Aposta pola diversificación de sectores reducindo a dependencia exterior e apostando na creación de industrias e cadeas complementarias, diminuíndo a necesidade de importacións e avanzando na creación de industrias complementarias que contribúan ao peche de ciclos produtivos no país e a un correcto funcionamento, non dependente, orientado ao exterior, dos sectores básicos e daqueles que se incorporen ao ecosistema industrial.

  • Desenvolver unha estratexia específica para a e para afrontar a prexudicial perda de galeguidade do tecido empresarial e a súa cooptación por parte de fondos estranxeiros que desenvolven un modelo económico especulativo e coxuntural.

  • Deseño de estratexias específicas para a formación dos diferentes sectores monitorizando as necesidades e o seu seguimento dando prioridade á estabilización dos cadros de persoal

  • Levar a cabo unha política proactiva para captar novos investimentos empresariais enraizados no país, que creen nova capacidade produtiva, amplíen ou modernicen a existente, xerando novo e cualificado emprego no noso país.

  • Deseño dunha estratexia galega para equilibrar o fluxo das exportacións que supere a dependencia extrema dunhas poucas empresas e sectores como acontece co téxtil e a automoción nestes momentos.

  • Apostar pola internacionalización e proxección exterior das empresas e producións galegas, exercendo en exclusiva desde o Goberno galego todas as competencias sobre comercio exterior e impulsando a creación de embaixadas comerciais en enclaves estratéxicos para as exportacións.

  • Regular, a través dunha Lei de localización empresarial a política de apoios económicos da Xunta de Galiza de forma que préstamos, axudas e subvencións estean suxeitos a estritas cláusulas contra a deslocalización, supoñendo a súa devolución con intereses.

  • Plan específico en colaboración cos axentes económicos e sociais para sectores en crise e cunha grande afectación por factores como a deslocalización, o Brexit ou as guerras comerciais, como son a automoción, o naval, o téxtil ou o sector TIC.

  • Estratexia de impulso e desenvolvemento do solo empresarial e industrial ao longo de todo o territorio, con medidas de diversificación, especialización, dixitalización, dotación de servizos comúns, abastecemento enerxético de proximidade, bioeconomía circular, uso eficiente da auga, mobilidade sustentábel…

Medidas:
  1. Plan de fomento da actividade tecnolóxica e industrial (PFATI) para incrementar en 8 puntos o peso da industria no PIB (arredor do 23%) e xerar 12.000 postos de traballo en sectores estratéxicos (tradicionais e emerxentes) da industria galega até 2030.

A reactivación da economía industrial de Galiza pasa por desenvolver un conxunto de políticas públicas concretadas nun Plan para o Fomento da Actividade Tecnolóxica e Industrial (PFATI) para a promoción dun tecido industrial orientado á creación de valor engadido e emprego de calidade no longo prazo. As accións deberán estar dirixidas á transformación das materias primas procedentes do sectores pesqueiro, acuícola, gandeiro, agrícola e mineiro (rochas ornamentais, por exemplo) ou aqueloutros onde Galicia teña vantaxes competitivas fronte outros territorios. As novas empresas industriais creadas ou as accións das xa existentes que reciban apoios ao abeiro do dito plan terán que cumprir con valores mínimos en indicadores relativos a cuestiones ambientais, sociais ou de goberno corporativo, para garantir que se están dando pasos cara ao cumprimento dos dezasete obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. O Valor Engadido Bruto correspondente ao sector industrial está no contorno do 16% do PIB total do País e presenta un estancamento, mentres o do sector primario representa menos do 5% do total cunha tendencia igualmente lixeira, pero neste caso, á baixa.

Neste contexto, faise perentoria a elaboración e implantación dun Plan para o Fomento da Actividade Tecnolóxica e Industrial (PFATI) cun horizonte temporal desde 2024 até 2030, estruturado en dúas fases consonte se establece na Táboa 1.

Táboa 1: Características básicas do PFATI

FaseObxectivo xeralDotación orzamentariaOrixe dos recursos
I: 2024-2027Sector industrial: 20% PIBCrecente ao longo da fase até chegar á 75% do gasto en I+D de Euskadi (% do PIB).- Fondos procedentes da UE para financiar o PRTR (Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia).
I: 2028-2030Sector industrial: 23% PIBCrecente ao longo da fase até chegar á media da UE en gasto en I+D (% do PIB)- Captación de recursos específicos nos mercados de capitais para o financiamento dun novo fondo tecnolóxico.

Obxectivo O obxectivo deste plan é incrementar o peso do sector industrial no PIB até o 20% en 2027 e 23% en 2030. As razóns que sustentan este obxectivo son as seguintes: (1) o sector industrial é o que é capaz de crear en termos relativos maiores niveis de valor engadido e pechar o ciclo produtivo das materias primas procedentes do sector primario e extractivo; isto favorecería unha desexable reorientación comercial dos outputs dos ditos sectores desde mercados onde o produto é indiferenciado e compite só por prezo a outros onde os produtos se diferencian polo seu nivel innovador e a marxe; (2) en consecuencia, é a industria o sector produtivo que precisa maiores niveis de innovación e tecnoloxía e, polo tanto, produciríase un desexable efecto “pull” sobre a actividade de transferencia, investigación aplicada e investigación básica nos centros investigación, que motivará a xeración de empregos cualificados e de calidade; (3) o incremento deste tipo de empregos, co conseguinte aumento dos salarios dos traballadores, e a mellora dos resultados empresariais, como consecuencia da maior competitividade das empresas, provocarían un incremento dos ingresos públicos, sempre e cando se desenvolvese un sistema impositivo caracterizado pola súa progresividade e diferenciación dos tipos de rendas no momento de seren gravadas; (4) o aumento da renda dispoñible para os traballadores incentivaría o consumo privado, que, a súa vez, fortalecería o sistema empresarial ao asegurar os seus ingresos e beneficios; asemade, o dito incremento dos ingresos públicos pola vía dos impostos permitiría manterse en niveis aceptables de déficit público e asemade destinar máis recursos a programas de incentivo da actividade industrial co que se fortalecería un círculo virtuoso na Economía.

Obviamente, será preciso realizar unha desagregación dos obxectivos xerais do plan e desenvolver un sistema de indicadores claros en diferentes ámbitos (económico, social, ambiental e de goberno corporativo) que permitan o seu seguimento periódico para detectar posibles desviación e articular accións correctoras.

Destinatarios Centrándose na eficiencia dos recursos, nuns materiais respectuosos co medio ambiente e nuns modos de produción sustentables, as empresas receptoras das axudas do plan de promoción industrial deberán fixar como obxectivo no longo prazo (visión) o asumiren un papel de referencia nas industrias punteiras do futuro nun nivel internacional. En tempos de redución do uso dos combustibles fósiles e os recursos naturais, as innovacións, as tecnoloxías e os produtos desenvolvidos e producidos polas empresas adheridas ao plan deberán estar orientados á presenza en mercados internacionais cun posicionamento claro no ámbito da calidade e a diferenza derivada da innovación e da excelencia tecnolóxica e non dos custos baixos.

Para isto será preciso establecer unha sólida conexión entre o sector produtivo e os centros de investigación e transferencia de tecnoloxía. Neste sentido, deberán ser obxecto de promoción aquelas empresas ou proxectos empresariais que incorporen aos seus produtos/procesos produtivos un compoñente de innovación tecnolóxica que lle proporcione vantaxes competitivas nos mercados internacionais. Para isto, será imprescindible que os proxectos apoiados sexan desenvolvidos coa colaboración de grupos de investigación establecidos nas universidades e centros de investigación e que se comprometan á contratación de persoal cualificado e mantelos nos seus cadros con carácter permanente.

Serán destinatarias prioritarias do plan de promoción industrial aquelas pemes existentes ou de nova creación que desenvolvan proxectos que respondan aos criterios anteriores e que se caractericen por: ● manteren unha clara orientación ao longo prazo; ● seren de propiedade familiar ou por teren unha cultura corporativa familiar onde se garanta a continuidade xeracional; ● manifestaren a súa vocación de xestión propia, malia estaren inseridas en redes internacionais ou sistemas de organización industrial complexos e internacionalizados; ● teren unha gran capacidade de adaptación aos cambios como consecuencia da súa flexibilidade, simplicidade organizativa e orientación ao mercado; seren capaces de tecer redes de cooperación con outras empresas locais pertencentes a diferentes niveis do sistema de valor (produtores de materias primas, loxísticas, distribución, etc.) para potenciar procesos de crecemento e internacionalización (eventualmente, as empresas locais colaboradoras tamén poderían ser beneficiarias de fondos para robustecer un tecido empresarial autóctono que responda a criterios de sustentabilidade ambienal, social e económica). ● asumiren altos niveis de responsabilidade social empresarial nos ámbitos ambientais, sociais e de goberno corporativo; ● e manteren fortes interconexións cos sectores produtivos propios do país e coa súa realidade social e cultural.

Recursos comprometidos En 2020, Galiza presentaba un gasto en I+D equivalente ao 1,1% do seu PIB, moi afastado da media Española (1,41%) e de Euskadi (2,1%), líder entre as comunidades autónomas do Estado Español. Se se analiza o gasto en I+D por habitante, compróbase que o dato de Euskadi (674,5 euros por habitante) case triplica o galego (232,6 euros por habitante) e a media española (328,6 euros por habitante) é un 40% superior ao gasto en I+D per cápita de Galicia.

A comparación é aínda máis negativa se se realiza cuns algúns estados federados alemáns ou austríacos caracterizados pola súa economía eminentemente industrial, tecnolóxica e internacionalizada. Isto significa que é fundamental colocar a Galiza nunha posición que lle permita competir en igualdade de condicións con outros territorios do seu contorno. Para conseguir os obxectivos do plan, cómpre incrementar os fondos destinados a I+D co obxectivo de ir converxendo coa comunidade autónoma líder no Estado Español (Euskadi) nunha primeira fase (2024-2027), e coa media europea nunha segunda (2028-2030).

Os fondos públicos para financiar este plan deberían proceder de recursos diversos, incluíndo os que procedan dos fondos europeos de recuperación, PERTES, etc., canalizados de xeito prioritario cara proxectos de PEMES, cooperativas e sectores estratéxicos da economía galega. O financiamento podería complementarse coa captación de recursos financeiros a longo prazo nos mercados financeiros (en forma de capital ou en forma de débeda). Isto suporía canalizar esta iniciativa a través do sector instumental (vg. Xesgalicia). En consecuencia, parece imprescindible atopar fórmulas de colaboración entre o sector público e privado para o desenvolvemento dos proxectos, mais conservando o control da administración galega nestas iniciativas.

Instrumentos Recomendados: Fondos de capital risco e préstamos adaptados ao perfil dos proxectos Os recursos cos que se dote o plan serán destinados preferentemente a incrementar os fondos de capital-risco orientados ao financiamento dos proxectos descritos con anterioridade. Este instrumento presenta vantaxes evidentes sobre outros alternativos (por exemplo, as subvencións directas ou en concorrencia). As causas de tal afirmación son as seguintes: i. Permiten ao sector público ―a través dunha sociedade pública de capital risco― financiar proxectos adquirindo con carácter temporal unha participación no capital da empresa vehículo do proxecto e compartir cos emprendedores do proxecto os seus riscos, ao tempo que lle permite facer un seguimento do destino dos fondos achegados. ii. Dado o carácter temporal da participación, débense establecer cos promotores pactos de saída da sociedade de capital risco a través da venda das súas participacións por un valor que lle permita resarcirse do risco asumido. Isto permitirá cando o proxecto teña éxito xerar unha plusvalía que reforzará o fondo de capital risco para acometer novos proxectos. No caso de proxectos fracasados, a perda de valor da participación pública tería carácter de gasto puro, como acontecería cunha subvención. iii. Tal como se mencionou anteriormente, esta fórmula permite compartir risco cos promotores, mais tamén facilita o seguimento, acompañamento e asesoramento a través dos representantes da sociedade de capital risco nos consellos de administración das empresas financiadas. iv. Desde o punto de vista das contas públicas, os fondos destinados a adquirir as participacións no capital das empresas financiadas sería contabilizados como gasto do Capítulo VIII (variación de Activos Financeiros) e, polo tanto, non susceptibles de incrementar o déficit público. v. No caso de Galiza, xa existe un instrumento público que xestiona o entidades de capital risco: XesGalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. Trataríase de incrementar os recursos financeiros, humanos e materiais desta entidade para exercer esta función en colaboración con outras axencias públicas existentes (IGAPE) e entidades privadas (sector bancario, fondos privados de capital risco, etc.).

Préstamos Alternativamente, pódense reforzar cos recurso do plan outros mecanismos de financiamento da actividade empresarial apoiada. Entre estas ferramentas, cumpriría reforzar volume de fondos destinados a outorgar os préstamos que teñan, entre outras as seguintes características: i. Períodos de amortización: medio e longo prazo, adaptado á realidade do proxecto. ii. Períodos de carencia: total o parcial adaptados ao perfil real de xeración de fluxos libres de caixa do proxecto. iii. tipos de xuro: subsidiados e/ou con tramos fixos e variables dependentes dos resultados reais do proxecto. iv. Sen custos derivados de gastos de estudo, comisións de apertura, de amortización anticipada, etc. v. Con garantías prestadas por sociedades de garantía recíproca nunhas condicións favorables controladas polo sector público.

Para o outorgamento destes préstamos será fundamental a colaboración do sector bancario a través de acordos asinados co IGAPE e unha correcta avaliación dos riscos para non converter este mecanismo nun espurio de carácter subvencionador. A creación do Instituto Galego de Crédito e Investimento permitirá impulsar de maneira moito máis ampla e eficaz as citadas liñas de financiamento.

CORPORACIÓN INDUSTRIAL PÚBLICA GALEGA

A continuada destrución de medios de produción, coa desaparición de empresas mesmo en sectores de calado estratéxico e nos que Galiza presenta enormes potencialidades, pon de relevo a necesidade urxente –como ven defendendo o BNG- dunha intervención pública directa. Porén, son coñecidos tamén os escasos resultados que as políticas de subvención e financiamento despregadas para apuntalar, a cargo de recursos públicos, empresas de dimensión relevante que atravesaban dificultades económicas. Neste senso, é evidente que amais de fornecer de financiamento e crédito ás empresas, algúns casos pola súa importancia estratéxica exixen dunha maior achega e implicación dos poderes públicos, e nomeadamente do Goberno galego no desempeño das súas competencias estatutarias.

Nun momento no que asistimos a unha retracción sen precedentes do investimento privado, e ao abandono de importantes sectores e ramas de actividade, a consecuencia de que o capital privado apenas atende criterios de rendibilidade económica a curto, apostarmos de vez polo desenvolvemento produtivo rumo unha economía autocentrada, pasa indispensabelmente por alargar a presenza pública na economía, consolidando e aumentando o accionariado público naquelas empresas que reunan as condicións precisas, mais tamén pulando por unha maior presenza na súa dirección.

Calquera aposta no sentido que se vén de enunciar exixe ademais dunha política planificada, en chave de articulación e co propósito de tecer e maximizar sinerxías. Neste sentido, achamos fundamental que na medida en que o Instituto Galego de Crédito e Investimento ten entre os seus cometidos promover a actividade económica e conceder créditos e liñas de financiamento, que ambos os dous obxectivos se vertebren nun vector común.

É por iso que resulta necesario que no seo do Instituto Galego de Crédito se constitúa tamén unha Corporación Industrial Pública Galega a través da que se vehícule toda a iniciativa pública que a Xunta de Galiza desenvolva para asegurar a viabilidade daquelas empresas privadas ou semipúblicas que operando en sectores de alcance estratéxico atravesen dificultades. Non hai mellor garantía, coa intención de asegurar o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo en Galiza, que promover esa liña de intervención e a de creación de novos proxectos industriais no noso país, a través dun ente que integrado no axente financiador e no que se integren todas as empresas públicas e participacións en mercantís de titularidade privada ou semipública, das que sexa titular a Xunta de Galiza, así como os centros de traballo de empresas públicas dependentes da administración central do Estado que lle sexan transferidos ao Goberno galego.

Plans estratéxicos de impulso a sectores con grande potencial de crecemento

O PFATI é un plan de carácter xeral e estrutural, que se complementará con Plans estratéxicos de Impulso de sectores con grande potencial de crecemento: Polo da Bioeconomía circular, Polo Biotecnolóxico, Cadea monte madeira, Construción industrializada, Aeronática, Enerxías Renovábeis, Sector TIC, Alimentación, Saúde e coidados... Será un obxectivo central destes plans a cobertura dos elos baleiros das principais cadeas de valor dos sectores estratéxicos da economía galega.

  • Estratexia de bioeconomía de Galiza Esta estratexia incluirá a creación dun organigrama de impulso da bioeconomía para impulsar a transición cara a un novo modelo baseado na economía circular, no que se fomente o uso eficiente dos recursos, se alongue a vida útil dos produtos e se minimice a xeración de residuos. Creación do Centro de Innovación en Economía Circular e Bioeconomia.

  • Galiza potencia alimentaria e gastronómica (na terra e no mar) Impulso da Estratexia Alimentaria e Gastronómica de Galiza, con medidas estruturais relativas a diversificación da produción co impulso da produción vexetal (recuperación da capacidade produtiva en cereais, froitas, froitos secos, hortalizas, legumes e oleaxinosas), a innovación, a transformación e as cadeas de valor, ferramentas dixitais de comercialización, o papel da compra pública como elemento tractor,... No agro, desenvolvemento de instrumentos de ordenación (Mapa e Catálogo de solos), banco de proxectos agroforestais, recuperación de terras agrarias forestadas e posta en produción 100.000 ha de SAU e ampliar a superficie certificada en ecolóxico para aproximarse á media estatal e europea (Datos 2020: Galiza 3,6% da SAU, media Estado 10,2%, media UE 9,1%). No mar, investigación, mellora dos ecosistemas e rexeneración ambiental, mellora produtiva e comercialización da produción marisqueira, pesqueira e acuícola.

  • Aposta decidida pola Bioconstrución e a Construción Avanzada con liñas de apoio ao uso de materiais de proximidade e con menor pegada de carbono como a madeira, o uso de materiais reciclados (como materiais de construción e demolición), o abastecemento enerxético de proximidade, a eficiencia e aforro enerxético, o uso das TIC e domótica aplicada ao benestar, a saúde e os coidados, ou a xestión eficiente da auga.

  • Industria do software Plan de potenciación da industria do software a partir da existencia de persoal altamente cualificado (formado nas tres facultades de informática das tres universidades) e un entramado de pequenas e medianas empresas que cómpre vertebrar, fortalecer, agrandar e ampliar.

  • Plan de impulso do Sector naval Tendo en consideración o valor estratéxico para o país do sector naval en canto que sector industrial tecnoloxicamente avanzado, con grande capacidade exportadora, e xerador de emprego e riqueza, o BNG impulsará un plan específico de impulso ao sector naval, coas seguintes medidas a) Levar a cabo todas as xestións necesarias para dotar de carga de traballo aos estaleiros públicos e privados que o precisen. b) Garantir un soporte financeiro necesario ao sector naval en Galiza, que permita acometer novos proxectos e captar pedidos tanto domésticos como internacionais. c) Promover acordos equilibrados entre as empresas principais e a industria complementaria presente nestes estaleiros, cunhas condicións de traballo equivalentes ás dos traballadores das principais. d) Constitución da Xerencia Galega do Sector Naval, con participación das Consellarías de Industria: para apoio dos Pequenos e Medianos Estaleiros e da industria auxiliar, en proxectos de internacionalización, estudos de mercado e misións comerciais, asociación e constitución de plataformas conxuntas para mellor posicionarse de cara a grandes proxectos; e da Consellaría de Traballo: que xestione un rexistro da formación e certificación profesional do persoal, de vidas laborais e contratos de traballo que proporcione aos poderes públicos un mapa laboral da poboación empregada no sector para os efectos de promoción de sistemas de estabilización do emprego, plans de xubilación, vixilancia da saúde e prevención de riscos, ou calquera outro que puidera ser oportuno. e) Constitución do Centro Tecnolóxico do Naval, dependente da Xerencia, e con capacidade técnica e financeira para promover a I+D+i en todos os ámbitos relacionados coa industria da construción naval e coa de equipamentos complementarios: turbinas, motores e propulsión, combustibles, dixitalización de procesos, materiais, etc... f) Aplicación da Lei do Sector Naval de Galiza (Lei 4/2010), impulsada por unha Iniciativa Lexislativa Popular, e aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, mais nunca desenvolvida polo PP. g) Creación dun Centro de Reparacións do Naval na Ría de Vigo. A necesidade de diversificar o sector, xunto a falta de carga de traballo na construción naval, fan que a reparación e transformación de buques sexa un elemento fundamental para o futuro do sector na Ría de Vigo, clave para manter o coñecemento e a capacidade profesional do sector. h) Reclamar a participación da Xunta de Galiza no Consello de Administración de Navantia. i) Creación do Complexo Integral da Construción Naval na Ría de Ferrol coas seguintes características principais: ● Impulso de investimentos e das dotacións de persoal de xestión, enxeñería e produtivo no centro de Navantia en Fene, para poder desenvolver proxectos de traballo propios. ● Superación do “monocultivo militar” en Navantia, mediante o acceso real a todo tipo de produción naval como mesmo se recolle no conxunto de actividades que constitúen hoxe o Obxecto Social da sociedade, e nomeadamente coa consolidación e potenciación das áreas de Turbinas, Reparacións e grandes transformacións, Eólica mariña, Offshore, etc.

Minaría. Unha minaría responsábel e ao servizo dos intereses do país

Cómpre levar a cabo a revisión e o desenvolvemento normativo da Lei de ordenación da minaría de Galiza para reorientar o sector nun modelo que supere a subordinación a intereses alleos ao que volveu da man do Partido Popular. É preciso harmonizar a actividade mineira tendo en conta a criterios de responsabilidade, eficiencia e defensa social e ambiental. A actuación do BNG será orientada a:

  • Actualizar a Lei Galega de minaría garantindo a seguridade xurídica, transparencia enparticipación pública na toma de decisións, recuperando a xestión pública do Catastro Mineiro de Galiza.
  • Evitar o desenvolvemento daquelas actividades mineiras con maior impacto que utilicen técnicas prohibidas noutros países, como a cianuración do ouro ou a construcción de depósitos de lodos augas arriba de núcleos habitados sen posibilidade de evacuación.
  • Modificar a lexislación mineira para impedir a apertura ou ampliación de novas explotacións mineiras en espazos naturais protexidos e outro tipo de incompatibles coas actividades extractivas como as reservas fluviais e as súas bacías e os perímetros de protección de captacións de auga.
  • Establecer o requisito de ter a disposición dos terrenos para poder solicitar calquera tipo de dereito mineiro.
  • Elaborar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas establecendo áreas de extracción, fora das cales os terrenos terán a condición de non rexistrables.
  • Garantir que todos os proxectos de explotación mineira e as súas ampliacións sexan sometidos a avaliacións de impacto ambiental de xeito riguroso e transparente.
  • Realizar unha revisión dos avais e plans de restauración para garantir a existencia dos medios técnicos e económicos suficientes no momento do peche das actividades.
  • Realizar un novo inventario de labores e depósitos de residuos mineiros en abandono garantindo o seu selado e restauración.
  • Promover unha normativa da minaría urbana de Galiza que facilite a implantación de industrias de recuperación, valorización e reciclado de metais secundarios.
  • Desenvolver unha revisión da normativa galega reguladora das augas minerais, termais, de manancial e de estabelecementos balnearios como un verdadeiro instrumento de protección da cantidade e calidade destas augas, promovendo ante a Administración do Estado a súa exclusión do marco da lei de minas.
  • Impulsar un Plan Estratéxico do Termalismo que aposte por este recurso como un ben público, impulse a participación pública do sector e desenvolva o seu potencial alén do turístico, con especial atención á promoción da saúde pública, as aplicacións industriais e a revalorización patrimonial material e inmaterial.

Enerxía: un novo modelo enerxético ao servizo do país e da maioría social

O mundo vive un momento de crise climática e enerxética que require de profundas transformacións. As mudanzas na xeración e no consumo de enerxía representan para Galiza enormes riscos por mor de decisións que son tomadas de costas aos intereses galegos e para favorecer o lavado de cara verde de grandes intereses económicos. Mais tamén supón enormes oportunidades que, nun momento clave, deben ser aproveitadas para impulsar desde o goberno da Xunta un novo modelo enerxético galego baseado en garantir que a riqueza dos recursos naturais do noso país reverta no noso desenvolvemento económico e social ao tempo que se preserva a biodiversidade e o medio ambiente. É preciso impulsar unha nova planificación pública, ordenada, democrática, consensuada e xusta que faga que o papel produtor de Galiza beneficie ás maiorías sociais.

Galiza está a tempo de liderar unha nova etapa de transformacións que aposte polo control social e público do sector enerxético para garantir que o acceso á enerxía é un dereito esencial e deixa beneficios no noso país ao tempo que avanzamos no aforro enerxético, na xeración descentralizada e distribuída e na democratización da enerxía, a través das seguintes liñas de actuación:

  • Demanda activa da transferencia de todas as competencias en materia enerxética e da participación activa e directa de Galiza das planificacións de ámbito estatal e dos concursos de capacidade de acceso dos nós de transición x

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

Eixo 05: Un país produtivo e dinámico

. Transferencia e xestión directa dos fondos FEMPA . Declaración de Galiza como país libre de eólica mariña e de minaría submariña, nomeadamente nas Áreas Mariñas Protexidas e nas Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galiza fronte ás costas galegas. . Implantación inmediata das medidas incluídas nas emendas do BNG á lei 5/2023, de Pesca Sostíbel e Investigación Pesqueira:

  • Elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais propias dos traballadores e traballadoras do mar, nomeadamente mexilloeiros, mariscadoras e mariscadores, percebeiros e mergulladores para a recolección de recursos específicos.
  • Voto dos tripulantes embarcados en altura e grande altura.
  • Convenios colectivos que garantan condicións laborais dignas para os tripulantes de pesca de altura, grande altura e litoral. . Concentración das competencias de inspección no corpo de Gardacostas de Galiza (hoxe existen catro corpos de inspección: Gardacostas de Galiza, funcionarios do Ministerio de Agricultura e Pesca, Garda Civil e funcionarios da UE). . Control e prohibición dos produtos importados provintes de países con estándares de calidade, de seguranza alimentaria, de orixe da pesca e de medidas de protección social e de seguridade no traballo que cumpre o noso sector e a industria galega. . Renegociación do actual acordo de pesca con Portugal para a equiparación das cotas e as condicións que regulan a actividade. . Modificación dos requisitos de acceso ás prestacións do ISM por ceses de actividade forzosa. . Redución do IVE aos produtos pesqueiros. . Medidas de fomento da remuda xeracional. . Medidas de incorporación da muller á actividade marítimo-pesqueira.
  1. En canto ás competencias propias da Xunta de Galiza

Após 15 anos de Goberno do Partido Popular, o sector pesqueiro galego non só non foi defendido de lexislacións europeas e do Estado extremadamente gravosas. Tampouco, no referido a competencias propias, se levaron a cabo políticas firmes e decididas para a súa protección e apoio, para potenciar o seu desenvolvemento, aumentar os postos de traballo e contribuír ao medre da renda das comarcas pesqueiras.

As distintas problemáticas do mar en Galiza proveñen da falla de ferramentas propias para regular a actividade marítimo-pesqueira pero tamén da falla de implicación e vontade política e orzamentaria para facer fronte aos múltiples desafíos actuais dende as competencias das que xa dispón o Goberno galego.

É pois moi necesario exercer as competencias exclusivas que xa se teñen en toda a súa extensión e moi especialmente para o coidado e a preservación dos recursos das rías galegas, para a dignificación do desenvolvemento da actividade produtiva e para o incremento de riqueza e postos de traballo dignos.

Neste sentido, o BNG, á par do sector, leva anos denunciando a perda de produtividade das rías galegas e demandando que a Xunta de Galiza, en estreita colaboración co sector do mar, cos centros de investigación e co sistema universitario, analice as causas do deterioro medioambiental e da merma de produtividade. A partir desa análise debe desenvolver e executar un Plano Estratéxico de Recuperación das rías galegas (Plan Rías), con recursos propios e reclamando da UE e do Estado os fondos necesarios para o seu financiamento e que, cando menos, contemple:

  • O control estrito de vertidos aos ríos e ao medio mariño, o progresivo e decidido saneamento das rías e a elaboración dun protocolo de desaugamento dos encoros.
  • A recuperación e posta en explotación dos bancos marisqueiros que actualmente teñan experimentado descenso da produtividade, dirixida ao incremento das capturas, do emprego e da obtención duns ingresos dignos para manter a actividade.
  • Promoción de hatcherys públicas ou mixtas para surtido de semente propia, eliminando así a dependencia exterior nos cultivos e garantindo a oferta necesaria de semente das distintas especies autóctonas.
  • Creación dun seguro público de produción marisqueira que supla os efectos de eventuais perdas da produción.
  • Control na introducción de especies mariñas alleas e depredadoras e contención da súa expansión no caso de non poder erradicalas.
  • Potenciamento dos centros de investigación da Consellería do Mar e da colaboración entre estos e as universidades galegas e, nomeadamente, mellora do funcionamento do INTECMAR como principal ferramenta para o control mariño e a vixiancia constante da salubridade dos produtos do mar, ampliando a realización de analíticas aos fins de semana e días festivos co obxectivo de evitar as situacións que repercuten negativamente nos produtores e nos consumidores que se veñen dando reiteradamente na actualidade.

Investigación

. Apoio ao estudo da bioloxía de novas especies para coñecer a capacidade de explotación e os mercados existentes para as mesmas, levando a cabo os estudos necesarios a través dos centros de investigación da Consellaría do Mar e liderando a busca de novas posibilidades produtivas. . Promoción da investigación destinada a reutilizar e transformar para outros usos as cunchas e refugallos procedentes dos moluscos bivalvos, así como para a súa comercialización. . Establecemento, de acordo co sector, dunha rede de reservas mariñas para mellorar o rendemento produtivo e garantir a biodiversidade e a reprodución, tanto xenético coma de especies e de ecosistemas. . Creación dun Consorcio para a coordinación e o traballo en rede de todos os centros de investigación, as universidades e o sector co obxecto de dispor do maior complexo científico tecnolóxico europeo de estudo e coñecemento do mar, adicado fundamentalmente a:

  • Estudo e investigación da contaminación
  • Investigación do cambio climático en relación co mar e as rías.
  • Investigación sobre usos de produtos do mar: Alimentación, estética, biomedicina, biomateriais …
  • Investigación e innovación en relación coa construcción naval e novos prototipos (buques non tripulados para investigación, loita contra a contaminación, baixos en emisión …).
  • Estudos de apoio a sectores produtivos relacionados co mar.
  • Desenvolvemento de sistemas de monitoreo e obtención de datos e tratamento mediante big data.

Comercialización

. Obtención de valor engadido dos produtos. A unificación de lonxas, a procura de mercados e a posibilidade de venda directa como elementos fundamentais para tirar o maior rendemento posíbel de produtos que na actualidade só benefician a intermediarios ou vendedores externos ao mundo do mar. . Creación dunha Sociedade mixta Comercializadora galega para a promoción do produto galego e como medio para obter o maior beneficio económico del, que leve a cabo a súa comercialización de xeito competitivo cos seguintes obxectivos:

  • Elaboración dunha marca propia para os produtos galegos do mar que se identificarán na súa etiquetaxe.
  • Levar a cabo os controis de mercado que impidan a mestura do produto propio con outro de procedencia descoñecida.
  • Seguemento efectivo dos elos da cadea comercializadora e busca de acordos cos profesionais, cos distribuidores e cos grandes compradores para lograr vías de acordo e colaboración.
  • Aposta decidida polas Denominacións de Orixe Protexida (DOP’s).
  • Proxección internacional e promoción dos produtos do mar da Galiza. . Identificación clara da orixe galega dos produtos propios comercializados destinados á industria de transformación e elaboración.

Portos

. Elaboración duna nova lei de Portos de Galiza, para reverter o carácter privatizador e de procura do lucro da actual na vez de cooperación e beneficio público. En tanto non se aprobe, modificarase a vixente nos seguintes aspectos:

  • Exención do pago de taxas pola realización de actividades no denominado dominio público portuario ás administracións locais e ás entidades sen ánimo de lucro.
  • Creación dun Órgano de Coordinación Portuario Municipal, como instrumento de participación institucional e social en materia de portos, onde estarán representados tanto o goberno local como Portos de Galiza.
  • Axilización do procedemento para a transferencia da titularidade aos concellos dos espazos de dominio público portuario que estean integrados nos cascos urbanos das vilas e cidades e que non teñan uso portuario.
  • Modificación do réxime sancionador para eliminar ou reducir as abusivas sancións que inclúe. . Mellora das infraestruturas portuarias e dos servizos e mantemento dos portos galegos, en particular aquelas dirixidas a humanizar a actividade das redeiras.

Ensino pesqueiro

. Elaboración de programas acaídos nos diferentes campos das pesqueiras (elaboración, comercialización …). . Coordinación dos distintos niveis de ensino relacionados co mar e a pesca: FP e universitaria. . Realización de cursos de formación de tripulantes adecuándoos á súa actividade laboral. . Realización de cursos de especialización que faciliten a formación de traballadores e alumnos galegos, como vía para incentivar a remuda xeracional.

Cultura mariñeira

. Implicación do ensino na posta en valor da cultura mariñeira. . Elaboración dun Plano de Recuperación do patrimonio marítimo e embarcacións tradicionais. . Establecemento dun programa de concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro destinadas á recuperación de embarcacións tradicionais para o uso en actividades de promoción sociocultural. . Exención do pago das taxas portuarias para as embarcacións tradicionais. . Campañas de divulgación e publicitación da nosa riqueza cultural no mundo do mar para a súa posta en valor.

Outras medidas

. Modificación, coa participación do sector, do Decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidaos para a extración profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia galega, para adaptalo á realidade actual e evitar os múltiples problemas que xera a súa aplicación. . Modificación do Decreto polo que se regula o Consello Galego de Pesca, para dotalo de maior capacidade de decisión e equiparar a representatividade de homes e mulleres. . Recuperación para o público do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Comercio. Promoción do comercio local e de proximidade

As consecuencias das sucesivas crises económicas, da perda de capacidade adquisitiva das maiorías sociais, o avance do comercio electrónico, a proliferación de grandes superficies comerciais, a desregulación ou a dificultade no acceso ao crédito son grandes eivas para o desenvolvemento do comercio local.

Nos últimos 15 anos pecharon en Galiza 1 de cada 4 pequenos comercios como consecuencia das dificultades que atravesa o sector máis tamén pola falta de políticas de apoio efectivas do Goberno Galego.

Para frear esta perda de negocios do tecido comercial galego son precisas medidas decididas que apoien e impulsen ao comercio local; pola súa potencialidade para dinamizar a economía e polo seu papel como xerador de emprego; poñendo en valor a produción propia, apostando por un consumo sostible e polo seu papel fundamental para a cohesión e dinamización das nosos pobos e cidades, configurando o espazo urbano e dotándoo dun carácter único, facilitando que as rúas e prazas sexan lugares de encontro da veciñanza.

No BNG defende a posta en marcha de un PLAN INTEGRAL DE PROMOCIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE co fin de mellorar e fortalecer a posición competitiva do sector e frear a perda de tecido comercial froito da profunda crise que atravesa o comercio.

Un plan que debe ser deseñado de maneira aberta e participativa contando coa participación activa de comercios, do tecido asociativo, das distintas consellerías e das organizacións sindicais, co fin de mellorar e fortalecer a posición competitiva do sector e frear a perda de tecido comercial froito da profunda crise que atravesa o comercio.

Partindo unha diagnose previa da situación actual do sector comercial este documento recollerá as seguintes liñas de actuación:

  • Tomaranse as medidas necesarias para declarar Galiza zona saturada de grandes superficies comerciais e estabelecer unha moratoria que impida novas aperturas na próxima década.
  • Reclamar do Goberno do Estado a devolución das competencias invadidas en materia de regulación de horarios de apertura e períodos de rebaixas, co obxectivo de evitar a competencia desleal que sofre o pequeno comercio por parte das grandes superficies comerciais.
  • Desenvolvemento de campañas multiformato de concienciación sobre a calidade e o valor social do comercio en orixe para contrarrestar o impacto da oferta permanente de baixada de prezos das grandes firmas.
  • Impulso dunha plataforma de venda en liña para facilitar o acceso á comercialización dixital das pequenas e medianas empresas do noso país e así facelas máis competitivas.
  • Posta en marcha dun ambicioso programa de formación e asesoramento para a mellora e modernización da xestión comercial, así como para incentivar a remuda xeracional.
  • Elaboración dun Plan sectorial de equipamentos comerciais co obxecto de lograr un nivel adecuado de equipamento comercial e unha correcta distribución territorial dos estabelecementos, que asegure a necesaria accesibilidade de toda a poboación a unha oferta comercial equilibrada e suficiente. —Fomento do asociacionismo comercial como estratexia que permite obter vantaxes,como incrementar a oferta, reducir gastos, acceder a campañas de promoción conxunta, etc. — Posta en marcha de campañas de promoción e fidelización do comercio de proximidade, incentivando o consumo no pequeno comercio, a compra de produtos locais e galegos, así como a distribución e relación comercial directa entre persoas produtoras e distribuidoras. —Fomento dos centros comerciais abertos como fórmula de oferta competitiva do comercio tradicional fronte a outros formatos. —Recuperación, fomento e modernización dos mercados municipais e zonas comerciais así como a rehabilitación e/ou mellora das súas contornas, que inclúa a peonalización de espazos a través dun Plan específico de apoio e fomento dos mercados de abastos e da cultura praceira así como das zonas de mercado e rianxo. —Aplicación de plans coordinados de promoción do turismo, da gastronomía e do comercio local, co obxectivo de estimular a actividade comercial das zonas tradicionais. —Programas de axudas para a implantación ou a mellora de estabelecementos específicos que comercialicen produtos autóctonos e de produción ecolóxica. —Estabelecemento dun fondo de avais mediante a fórmula máis acaída en que participen Goberno galego e concellos.
  • Recoñecemento da artesanía como un ben cultural e patrimonial da Galiza.
  • Apoio ao artesanado galego, fomentando a súa formación e profesionalización así como impulsar desde a administración galega o recoñecemento legal das súas especificidades laborais, colaborando co sector.
  • Elaboración, en colaboración co propio sector artesán, de un plan cuatrienal que sirva de apoio, difusión, visibilización e comercialización da artesanía galega, en todas as dimensións. Neste plan establecerase, ao menos, un calendario anual de feiras a celebrar nas sete ciudades galegas, así como nas zonas de especial interese artesanal .
  • Creación, con carácter bianual, de unha Feira Internacional especializada en Artesanía que se celebrará nun dos recintos feirais de Galiza, para a visualización internacional do sector artesán galego."

Turismo. Un novo modelo turístico para Galiza

A redefinición do modelo e da estratexia turística de Galiza, adaptándonos de maneira real á Declaración de Glasgow, debe ser o obxectivo fundamental na próxima lexislatura. E este novo modelo debe axudar a reequilibrar demográfica, territorial e produtivamente Galiza. Ademais, de servir como ferramenta para profesionalizar e revalorizar o sector, facéndoo máis competitivo ao tempo que se incrementa a calidade no destino e se avanza na erradicación de prácticas perversas que están a debilitar a actividade dos colectivos directamente implicados na xestión profesional do turismo.

O novo modelo turístico debe basearse nun estudo dos datos de comportamento do mercado e das persoas que elixen Galiza cada ano. A análise científica destes datos guiará as políticas de planificación, xestión de fluxos, regulación das actividades e a implementación de servizos e infraestruturas turísticas no territorio. A actividade será estudada e clasificada tipoloxicamente para deseñar os espazos e as actividades, tendo sempre a sustentabilidade como principio reitor do turismo en Galiza. O obxectivo principal será a xeración de valor, baseada en criterios da calidade fronte aos da cantidade, buscando evitar problemas de sobrecarga nos espazos naturais e urbanos e tratando de atraer o perfil turístico máis rendíbel social, medioambiental e economicamente.

O turismo como unha actividade que se entrelaza con múltiples facetas da nosa vida, debe desempeñar un papel crucial nas estruturas de planificación territorial, urbanística, paisaxística e económica. O turismo debe convivir harmoniosamente con outras actividades, aportando perspectivas especializadas na definición dos documentos reitores que se analicen en cada caso. Por iso, un dos obxectivos fundamentais será a valorización das nosas singularidades como nación e dos nosos valores como pobo. Buscamos que a actividade turística sirva para mellorar a situación do noso patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e mesmo lingüístico, outorgándolle ao turista unha experiencia singular e única: a experiencia galega.

Para lograr isto, deseñaranse os espazos de colaboración público-privada para a reflexión sobre o sector, os modelos e a análise de problemas en tempo real. Involucraremos aos axentes sociais, ás entidades locais e aos entes de xestión nos diferentes territorios turísticos de Galiza, a analizar e reflexionar sobre o turismo, para valorizar o sector a o seu peso económico no territorio e fuxir da política de datos macro que non poucas veces provocan debates negativos para as actividades turísticas. Traballaremos xuntos na redefinición do novo modelo, na definición dunha nova Estratexia Galega de Turismo que aposte pola calidade, competitividade, sustentabilidade e profesionalización do sector.

Propostas para un novo turismo para Galiza

Fican claros os eixos reitores desa nova política turística para Galiza: Gobernanza (planificación), Intelixencia (xeración e xestión de datos), colaboración público-privada sustentabilidade, revalorización do sector e xeración de riqueza e oportunidades.

Medidas concretas:
  1. Adaptación do Marco Lexislativo: A Lei de Turismo de Galicia de 2011, aínda que foi un marco regulador importante na súa época, hoxe en día está amplamente superada pola rápida evolución do sector turístico e o significativo crecemento experimentado na última década. Esta lei non foi capaz de adaptarse e responder eficazmente a novos desafíos e problemas que emerxeron co paso do tempo.

Un dos problemas máis notables é a masificación de espazos concretos, que pode levar a unha sobrecarga de infraestruturas, deterioro do medio ambiente e unha experiencia turística degradada. A lei actual non proporciona solucións suficientes para xestionar e controlar estas realidades.

Outro problema é o do autocaravanismo incontrolado, que se converteu nunha tendencia popular pero que xa está xerando conflitos como a ocupación ilegal de espazos públicos e privados pola falta de instalacións adecuadas para estes vehículos, ocasionando un impacto ambiental considerábel.

Así mesmo, o crecemento das vivendas turísticas tamén está ocasionando problemas para o acceso da poboación ao uso residencial das mesmas, e mesmo depreciando o valor doutros recursos aloxativos que xeran maior valor engadido. A lei actual non proporciona xa un marco regulador claro para equilibrar os intereses de residentes locais e os visitantes turísticos.

Polo tanto, é evidente a necesidade dunha nova Lei de Turismo de Galicia que poida abordar estes desafíos e proporcionar un marco regulador actualizado e adaptado á realidade turística actual de Galicia. Esta nova lei deberá centrarse en promover un turismo sustentable e responsable, protexendo os dereitos dos residentes locais, preservando o medio ambiente e garantindo unha experiencia turística de alta calidade. 2. Reforzo da Estrutura Administrativa: Reforzaremos a estrutura administrativa e o papel do Turismo no organigrama do Goberno da Xunta de Galiza, evitando duplicidades administrativas entre consellarías e establecendo modelos de gobernanza que animen a participación público-privada na reflexión e análise de modelos. 3. Redefinición do Xacobeo: Redefiniremos o Xacobeo e os seus obxectivos turísticos e culturais, buscando frear a banalización dos itinerarios e unha mellor experiencia turística no Camiño. Elaborarase un Plan de Xestión que evite a conxestión do Camiño de Santiago, reequilibre o peso dos diferentes camiños e inclúa plans específicos para as zonas saturadas ou con risco de saturación. 4. Eventos Turísticos Sectoriais: Impulsaremos e apoiaremos os eventos turísticos sectoriais de carácter profesional e o Turismo MICE, para o que contamos con infraestruturas altamente competitivas e un alto valor engadido na oferta complementaria. 5. A Enogastronomía como recurso de alto valor: Potenciaremos o perfil enogastronómico da nosa oferta turística como un dos valores fundamentais. A percepción turística da nosa oferta neste ámbito é sempre moi alta. En colaboración cos sectores implicados, produción e recolección de alimentos, transformación, distribución e restauración, buscarase pór en valor toda a cadea enogastronómica procurando xerar riqueza e oportunidades sobre todo nos espazos rurais que funcionan como despensa da restauración local, buscando que a experiencia gastronómica estea intimamente ligada e comprometida co territorio e o seu desenvolvemento sustentábel. 6. Diversificación das Propostas Turísticas: Diversificaremos as propostas turísticas de Galiza máis aló do sol e praia, espazos naturais, balnearios, buscando o equilibrio territorial, a minoración de densidades residenciais, a preservación de espazos, e a creación de emprego de calidade, ademais de incentivar o arraigo das empresas no rural galego.

Apoiaranse actividades turísticas e a creación de empresas en ámbitos nos que Galiza, tanto no interior como na costa, é especialmente atractiva, o surf e as actividades náuticas na costa ou o sendeirismo, o montañismo ou o ciclismo no interior. 7. Redefinición do Turismo Rural Galego: Impulsaranse medidas de apoio ao Turismo Rural, un sector grande que nestes momentos se atopa estancado ou en lixeiro retroceso e que ten que ser un dos motores do turísticos nos pequenos concellos.

Analizaranse as causas do estancamento deste turismo para implantar medidas de recuperación do sector. 8. Deseñarase unha Estratexia de Turismo Urbano: O turismo urbano segue medrando sen que Galiza conte cunha estratexia de turismo para o enorme potencial que teñen as súas cidades en múltiples niveis da demanda turística actual. Cada vez é maior o turismo que se achega aos nosos ámbitos urbanos sen que exista planificación para atender as súas demandas nin para evitar e regular os conflitos de masificación puntual de espazos. 9. Observatorio Turístico de Galiza: Potenciarase o Observatorio Turístico de Galiza, en colaboración co Clúster de Turismo, as Universidades, as Escolas de Turismo e as entidades fornecedoras de todo tipo de datos que afectan ao turismo e á súa planificación. 10. Consellos Consultivos Sectoriais: Constituiremos consellos consultivos sectoriais por actividade turística, como órganos de reflexión e colaboración na definición de modelos e planificación. 11. Órgano de Inspección Turística: Crearemos un verdadeiro órgano de inspección turística que loite contra o intrusismo e que persiga actividades turísticas non profesionais ou non axeitadas aos criterios de sustentabilidade. 12. Definición dos Perfís Profesionais: Estudarase e definiranse os perfís profesionais axeitados para as diferentes actividades de xestión turística que se presten en Galiza. E procurarase que a oferta de ensino regrado, universitaria, media ou profesional, contemple as demandas profesionais no sector. Co obxectivo de valorizar o emprego no sector turístico e contar cunha profesional ben cualificada que incida positivamente na competitividade turística e na profesionalización do sector. Loitarase activamente contra a precarización laboral no sector. 13. Rexistro Profesional Actualizado: Manterase un rexistro de servizos, empresas e profesionais turísticos permanentemente actualizado. 14. Loita contra o Intrusismo: Loitarase contra o intrusismo no sector, obrigando a que as administracións e empresas que accedan ás axudas e subvencións en materia turística, conten cos perfís profesionais axeitados á xestión turística. Apostaremos pola mellora na calidade da formación e pola formación continua para o sector, o reforzo da inspección e unha nova ordenación dos estabelecementos e vivendas turísticas que supere as deficiencias actuais. A Xunta de Galiza colaborará coas entidades locais na profesionalización do sector co obxectivo de eliminar a temporalidade nas contratacións públicas de persoal técnico de turismo, converténdoas en contratacións de postos de carácter estrutural. 15. Mobilidade en Transporte Colectivo: En canto á mobilidade interna, buscaranse solucións transversais ás dificultades de mobilidade de persoas en transporte colectivo no territorio galego, que evidentemente sirvan para a xestión do turismo mais tamén para solucionar un problema que afecta sobre todo á poboación residente e que urxe solucionar. A modelo de mobilidade pasará por fórmulas de transporte sustentábeis e responsábeis co medio natural e coa realidade do territorio.

Na mobilidade exterior, buscarase aumentar e diversificar a conectividade aérea coas principais cidades internacionais, principalmente con aquelas cidades emisoras da tipoloxía de turismo que poida máis beneficiosa para Galiza no plano da rendabilidade medida en criterios de calidade.

Traballarase tamén en estabelecer medidas para un mellor aproveitamento económico da chegada de cruceiros aos nosos portos estudando estratexias que minoren economicamente o impacto ambiental que ten esta tipoloxía de turismo. 16. Emprendemento e captación de investimento: Incentivarase o emprendemento en materia de turismo, apoiando novos modelos de negocio que axuden a xestionar fluxos e a configurar paquetes, prioritariamente os que, baseándose na sustentabilidade, aposten polos recursos do rural galego buscando convertelo nun territorio competitivo e con presenza no mercado emisor. 17. Os obxectivos da Declaración de Glasgow: O turismo do futuro inmediato ou será sustentábel ou non será. As propostas enunciadas anteriormente terán que incidir con urxencia nos obxectivos de loitar contra o cambio climático recollidos na Declaración de Glasgow.

Eixo 6. Un país asentado na ciencia, no coñecemento e na tecnoloxía

i. I+D+i

Galiza leva perdidos moitos anos en materia de I+D+i pola desidia do Partido Popular. A súa falta de visión estratéxica e o desprezo amosado pola ciencia e a investigación ao longo deste tempo, sitúan o noso país á cola en investimento (1,1% do PIB) moi lonxe da media do estado (1,43%) e da media europea (2,3%).

Retos e accións estratéxicas:

a) Incrementar o investimento en ciencia I+D de maneira progresiva até o 3% do PIB en 2030. b) Dedicar á ciencia, I+D, o 3% dos orzamentos. c) Definición dunha carreira profesional investigadora para todo o persoal científico— técnico que desenvolve a súa actividade nos centros de investigación e prestación de servizos tecnolóxicos. d) Crear unha verdadeira Axencia Galega da Ciencia que coordine os diferentes grupos científicos incentivando a colaboración no sistema científico, centralizando a xestión e orientando o sistema investigador cara á resolución dos problemas da sociedade. e) Creación da Innogal, Fundación galega para a ciencia, entendida como unha fundación sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e independente cuxo obxectivo é impulsar, promover e desenvolver a investigación e xeración de coñecemento científico, humanístico e tecnolóxico en beneficio da sociedade, do Sistema Universitario Galego, dos centros de investigación e, en xeral, do ecosistema investigador de Galiza. f) Deseño dun programa forte de retención, captación e retorno de talento. f) Promoción da ciencia aberta mediante a creación de repositorios institucionais de publicacións, metodoloxías, datos... g) Impulsar a cooperación e coordinación entre os distintos axentes do ecosistema investigador galego a través da creación da Rede galega de coñecemento, ciencia e tecnoloxía.

AS PERSOAS, CHAVE DA CIENCIA

-- Definición dunha carreira profesional investigadora completa, desde a formación á consolidación, para todo o persoal científico— técnico que desenvolve a súa actividade nos centros de investigación e prestación de servizos tecnolóxicos. Todas as políticas que decidan apostar polo I+D teñen que visar cara á creación e potenciación dun sistema científico que non teña como obxectivo principal a cantidade ou a competitividade senón a calidade da ciencia feita no país e para o país. -- Mellora das condicións laborais das investigadoras e investigadores predoutorais: Para tal fin propóñense as seguintes medidas: • Contratación dos/as investigadores/as predoutorais, con plena cotización á seguridade social, dereitos laborais, vacacións reguladas, dereito a paro... • Aumentar o número de contratos pos-doutorais nas súas convocatorias anuais en función do número de teses lidas cada ano. • Crear un Estatuto Galego do Persoal Investigador en Formación, que recolla os dereitos de todo o persoal investigador en formación, pre—doutorais, pos— doutorais, alumnado con bolsas de colaboración..., independentemente de se tiveren contrato ou non. • Posibilidade de acceder a todas as bolsas/contratos independentemente da idade ou do ano de finalización do grao/mestrado, impedindo a discriminación por idade e a caducidade encuberta dos títulos académicos. -- Plan Retorna de persoal investigador, técnico, tecnólogas/os e persoal de apoio á investigación emigrado a outros estados ou a outras zonas do Estado español e Plan de Retención do persoal investigador, técnico, tecnólogos/as e persoal de apoio. -- Garantir como mínimo a taxa de reposición entre o persoal docente e investigador universitario camiñando cara á creación neta de emprego. -- Aumentar o persoal en postos de técnicos/as de apoio á investigación e tecnólogas/os, traballo moitas veces realizado por persoal predoutoral ou por persoal xa contratado durante horas extras non pagadas. -- Posibilidade de todo o persoal investigador predoutoral de impartir horas de docencia, dirección de TFG e TFM sen necesidade de posuír unha bolsa específica para iso, xa que contarán para o seu currículo e o feito de ter un contrato non implica unha maior capacidade de docencia. • Impulsar os doutoramentos industriais en empresas galegas, permitindo a formación de novos/as traballadores/as da ciencia en campos aplicados. • Estabelecer convocatorias de persoal pre e posdoutoral asociada a proxectos. • Fortalecer a contratación de persoal técnico e investigador conxuntural máis alá do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, non condicionados pola idade das persoas demandantes. • Promoción da solicitude de proxectos por parte da Xunta e das empresas aos grupos de investigación, facendo que pasen a ser actores activos tanto na formación coma no aproveitamento do I+D. • Incentivar a transferencia do coñecemento ao tecido produtivo. • Incentivar, no caso dos proxectos aplicábeis, a cooperación da universidade coas empresas. • Favorecer a creación de spin off e empresas que produzan grazas ao coñecemento extraído da investigación. • Empregar a Axencia Galega da Ciencia para coordinar a diferentes grupos para crear colaboracións entre eles, axudando na xestión e na prestación de servizos tecnolóxicos. • Transferencia a Galiza das competencias e dos medios materiais do CSIC radicados en Galiza.

A UNIVERSIDADE, XERADORA DE COÑEC EMENTO

Impulso ao sistema universitario de I+D: o BNG impulsará a investigación universitaria no sistema galego de I+D+i de xeito que poida desenvolver axeitadamente a súa misión básica: a xeración de coñecemento e a súa difusión a través dunha educación superior de calidade.

Estas actuacións centraranse na: • Promoción xeral da investigación, que ten como obxecto darlles soporte aos aspectos básicos e xerais da actividade de I+D e da produción científica como elemento esencial no proceso de xeración de novo coñecemento.

Apoiaranse entre outras as seguintes medidas: • Financiamento basal regular dos grupos potenciando a calidade da investigación, as actividades de transferencia, o dinamismo e o tamaño destes. • Financiamento en convocatorias regulares de proxectos de I+D+i que fomenten a colaboración empresa—universidade e mobilicen fondos privados para a investigación. (volver o programa INCITE). • Facilidades para o mantemento do persoal técnico e investigador nos grupos á marxe das necesidades docentes das universidades. • Fomentar o retorno do talento que marchou durante a crise. • Fomento da internacionalización da actividade dos grupos e axuda para a consecución de fondos europeos. • Consolidación e estruturación do sistema Público de I+D, que deberá promover a consolidación e especialización competitiva das unidades de investigación. Para iso prestarase especial atención á consolidación e articulación de servizos de apoio, en particular ás infraestruturas e ás unidades de xestión da innovación. • Posta en valor das capacidades e resultados da investigación pública.

Nesa dirección o BNG potenciará os viveiros de empresas de base tecnolóxica ou spin-off, a creación de novas empresas a partir de ideas xurdidas das actividades de investigación que levan a cabo os centros públicos.

TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTO AO TECIDO PRODUTIVO

Programa de Articulación do Sistema de Investigación e Innovación: O BNG impulsará un modelo de transferencia de tecnoloxía que facilite a integración dos coñecementos científicos e a tecnoloxía empresarial, de xeito que a combinación do sistema público de I+D e os centros de investigación e innovación sexan o gran laboratorio de I+D do tecido empresarial galego, para o que levaremos a cabo as seguintes medidas: I. Apoiar a creación e desenvolvemento de centros de alto nivel e excelencia científica. II. Favorecer as relacións de colaboración na investigación entre os centros de investigación, as universidades, os centros tecnolóxicos e as empresas. III. Completar a oferta de centros tecnolóxicos e de investigación existente en Galiza e fortalecer a recén creada rede de Centros Tecnolóxicos de Galiza. IV. Crear novos espazos para actividades de I+D e innovación que completen a oferta galega de servizos avanzados e de solo para a I+D e a creación de empresas de base tecnolóxica, coa rede de incubadoras de empresas e a oferta de espazo en réxime de aluguer na rede de Parques Científicos e Tecnolóxicos. V. Para o axeitado desenvolvemento das funcións dos complexos hospitalarios, o BNG impulsará o traballo en rede, a capacitación dos seus recursos humanos e unha maior relación coas organizacións de soporte da innovación.

Programa de investigación e innovación empresarial: o BNG levará a cabo programas de impulso aos sectores empresariais centrados no apoio á I+D aplicada, isto é, á actividade de investigación desenvolvida fundamentalmente polas empresas xunto co resto dos axentes do sistema. Serán programas priorizados, en que o carácter estratéxico dun proxecto, dunha tecnolox

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

(agrarias, pastos para gandaría en extensivo, espazos abertos, humidais, bosques de frondosas, froiteiras…); solucións baseadas na natureza fronte ao risco de incendios e a ameaza do cambio climático; fomento de iniciativas de custodia do territorio

-Revisión da normativa de uso e xestión dos Espazos Naturais Protexidos (ENP), priorizando a conservación e fomentando a participación e información da poboación local.

-Ampliación da Rede Natura 2000 mediante unha proposta ambiciosa que permita avanzar desde o raquítico 12% actual até unha porcentaxe superior ao 20%, co obxectivo de ir achegando o noso país á media estatal e europea. O inicio do procedemento de ampliación suporá a protección preventiva destas zonas e a súa exclusión dos proxectos de forestación, enerxéticos, mineiros…

-Aprobación dos plans de ordenación para cada un dos espazos da Rede Natura 2000, que inclúan as accións de conservación e protección necesarias en atención as súas particularidades e ademais recolla medidas en beneficio da poboación que vive nestes espazos.

-Ampliación da Rede de Espazos Naturais, atendendo ás necesidades de eficiencia para a conservación dos hábitats e da biodiversidade. Prestarase atención especial a lugares singulares, como por exemplo a inclusión da Serra do Galiñeiro no Parque Natural Monte Aloia. Dar continuidade na Galiza ao Parque Peneda – Gerês e estabelecer mecanismos de coordinación e convenios de colaboración.

-Iniciar os procedementos participativos para a elaboración e aprobación das propostas de declaración dos Parques Naturais do Monte Pindo, Trevinca, Queixa-San Mamede, Ancares e Courel, mais non só como instrumentos de protección senón tamén de desenvolvemento territorial. Os parques deben mudar de modelo, non poden impedir a actividade agrogandeira senón tornala plenamente compatíbel para que o coidado do medio actúe tamén como factor de desenvolvemento social.

-Ampliación territorial do Parque Nacional das Illas Atlánticas (coa incorporación das Illas Sisargas, entre outras zonas) e definición de novos plans de uso e xestión.

-Aprobación da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e para a Conectividade e a Restauración Ecolóxica, que xa foi obxecto do procedemento de información pública, e do correspondente plan de implementación e seguimiento.

-Plan de protección, restauración e posta en valor de humidais.

-Plans de conservación e recuperación de especies ameazadas que ainda non contan con este instrumento de xestión. En Galiza existen 201 especies ameazadas, das cales 75 están en perigo de extinción e 126 en situación vulnerábel. Tanto a lei 42/2007 do patrimonio natural e a biodiversidade como a lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia prevén a aprobación de plans de recuperación para as especies en perigo de extinción e plans de conservación para as especies vulnerábeis. Só tres especies teñen plan de conservación ou de recuperación.

-Desenvolvemento dun novo Plan Estratéxico de xestión das Especies Exóticas Invasoras e para o desenvolvemento dun sistema estandarizado de análise de riscos para as especies exóticas en Galicia. As especies exóticas invasoras constitúen unha das principais ameazas para a biodiversidade, e conlevan riscos para os equilibrios ecolóxicos, para a saúde e para as actividades económicas (a agricultura, gandaría, pesca, marisqueo, apicultura, etc..

— Evitar, con carácter xeral, o cultivo, cría e comercio de organismos xeneticamente modificados con destino 18 á alimentación humana e animal.

—Desenvolver políticas encamiñadas á protección da biodiversidade, tanto mariña como terrestre.

—Estabelecer plans de conservación das especies mariñas protexidas e labores de seguimento para as capturas accidentais das especies mariñas ameazadas, así como medidas paliativas, en consonancia coa lexislación vixente e directrices internacionais.

—Reducir a superficie ocupada polo Eucaliptus globulus, priorizando a súa eliminación nos seguintes ámbitos: os espazos naturais protexidos, as terras agrarias forestadas, os humidais, os bosques de ribeira e as bacías fluviais. Prohibición da forestación con Eucaliptus nitens e outras especies invasoras en todo o territorio galego.

—Prohibir o cultivo de especies alóctonas nos espazos protexidos e nos bosques de ribeira.

—Limitar os cultivos enerxéticos e o aproveitamento da biomasa forestal residual exclusivamente con fins de xeración de enerxía eléctrica, priorizando o uso da biomasa para restituír a materia orgánica e os nutrientes ao solo, así como para a compostaxe e aproveitamento calorífico tradicional.

—Adaptar a actividade forestal ao cambio climático, tendo en conta as situacións de risco (lumes, erosión, perda de capacidade de retención e de fertilidade, etc) nos nosos montes.

—Procurar alternativas para evitar a degradación e a perda de solo fértil nos montes. Reverter este proceso é imprescindíbel para garantir a existencia dos propios sistemas forestais, a conservación dos ecosistemas e a produción de recursos no futuro.

-Fortalecer o corpo de axentes forestais e de medio ambiente para reverter as políticas de retallamento e desmantelamento, co obxectivo de que poidan exercer con medios e con garantías o seu labor.

-O lobo é unha das especies máis emblemáticas da fauna galega e suxeita a unha complexa situación de conservación. Tras décadas de fracaso na toma de medidas para a convivencia coa gandería resultan precisos novos enfoques cara unha xestión moderna e de solucións. Propoñemos a posta en marcha dun ambicioso plan de medidas de prevención, asesoramento e atención inmediata ás explotacións gandeiras, e un pago àxil e xusto dos danos ocasionados.

-Plan de protección e recuperación do cabalo galego de monte desde o punto de vista histórico-etnográfico-cultural, social e económico, e atendendo ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario.

-Elaborar un plan de xestion do xabaril con medidas de control e redución de danos.

—Custodia do Territorio. O goberno galego estabelecerá un protocolo de colaboración activa coa Rede Galega de Entidades de Custodia do Territorio para apoiar o seu imprescindíbel labor e elaborar conxuntamente as liñas básicas de actuación neste ámbito.

Participación pública e educación ambiental

Co o obxectivo de impulsar a participación e o coñecemento do conxunto da sociedade nas políticas de defensa do medio, o BNG tomará as seguintes medidas:

—Impulso ao tecido asociativo ecoloxista e fomento da transparencia na xestión das administracións públicas. Creación dunha Rede de Información e Participación neste ámbito.

— Desenvolver coa participación de todos os axentes implicados unha nova Estratexia Galega de Educación Ambiental, para promover cambios significativos nos estilos de vida, tanto individuais como colectivos, que consideren necesariamente os aspectos económicos, sociais, políticos e éticos da crise socio-ambiental. No desenvolvemento da Estratexia promoverase o traballo coordinado entre os deparmentos de medio ambiente e ensino.

  • Promover a introducción de contidos sobre emerxencia ambiental no sistema educativo, para abordar a crise climática desde unha perspectiva ecosocial . Apoio ás entidades e profesionais no seu labor de educación ambiental e promoción do voluntariado ambiental.

-Reformulación e reactivación dos órganos consultivos na materia: COGAMA, OGEA, etc.

Protección dos animais

• Creación dunha unidade administrativa de Protección Animal

• Fomento do respecto e da protección animal, impulsando as modificacións normativas necesarias para impedir a realización na Galiza de touradas e outros espectáculos con animais. Fin de zoolóxicos e acuarios con fins de entretemento.

• Aplicar os convenios e tratados internacionais que supoñen unha mellora no campo da protección e do benestar animal.

• Impulsar as alternativas ao uso de animais en toda clase de ensaios e experimentacións, apostando polos modelos xa validados no ámbito europeo.

• Lanzamento dunha Estratexia Galega de prevención do abandono e maltrato animal que inclúa medidas de sensibilización, aproveitando os medios de comunicación públicos e programas específicos nos diferentes ámbitos do sistema educativo.

• Estabelecemento dun programa de apoio económico e técnico para as entidades protectoras de animais, refuxios e santuarios.

• Recoñecemento legal da figura do Santuario animal dotándoos dos medios necesarios. Establecemento de convenios con este tipo de refuxios para a acollida de animais de granxa provenientes de decomisos ou abandonos.

• Accións de fomento da adopción fronte á compra de animais de estimación ou compañía, fomento da esterilización, a identificación e o apoio ás entidades para o obxectivo sacrificio cero.

• Apoio aos Concellos para a creación e funcionamento de refuxios públicos e para o desenvolvemento de iniciativas e medidas de control responsábel de animais da rúa como a xestión de colonias felinas ou os servizos de rescate e acollida. Campañas de esterilización para animais de compañía.

• Reconsideración xurídica da caza, vetando a munición de chumbo e aumentando as exixencias para a obtención dunha licenza. Prohibición da práctica ou participación na caza ás persoas menores de idade, de acordo ao criterio superior de protección da infancia e da adolescencia. Especial control de cans empregados para actividades cinexéticas.

.-Limitación das batidas de control da fauna salvaxe. Priorizarase a xestión destas especies empregando métodos efectivos, contrastados cientificamente e incruentos”.

• Introdución no currículo escolar de temarios sobre protección e benestar animal. Promoción de campañas educativas nos centros de ensino a respecto da fauna salvaxe.

• Creación e apoio dos centros de recuperación da fauna salvaxe.

• Sinalización e creación de zonas de paso específicas para animais nos espazos onde, como consecuencia da construción de infraestruturas, puideren ter perigo.

• Campañas para o fomento de espazos públicos que permitan a presenza de animais de compañía e normativización para o acceso de animais de compañía ao transporte público, albergues para persoas sen fogar, casas de acollida para mulleres vítimas da violencia de xénero, residencias para maiores ou vivendas tuteladas.

• Creación de simboloxia (tipo bandeira azul) que identificaría aqueles concellos con mellores prácticas en protección e benestar animal.

• Fomentar a existencia, para atender a demanda, de menús vexetarianos e veganos nas cantinas dos centros públicos dependentes da administración galega (centros de ensino, hospitais, residencias, albergues, campamentos de verán, centros oficiais, cárceres…)

• Lexislar para impedir o estabelecemento de novas granxas peleteiras e procurar a o cambio de actividade das existentes

• Formación á Policía Autonómica na defensa medioambiental e da protección dos animais. Establecemento de protocolos de actuación claros para este corpo en casos de abandono, maltrato, accidentes, rescates, etc...

Axenda urbana galega 2030

Nos últimos anos foi cobrando forza o debate sobre o modelo urbano e a necesidade de avanzar cara a cidades e vilas que poñan no centro as persoas, a convivencia, a cohesión e integración social, así como a protección da saúde, do medio e da biodiversidade

Nos últimos anos acelerouse o debate sobre os modelos urbanos, poñendo en primeiro plano a necesidade de transformacións profundas na organización da vida nas nosas vilas e cidades.

A experiencia do BNG nos gobernos municipais é un aval para impulsar desde o goberno galego unha nova etapa en relación coa Axenda e o Modelo Urbano. Trátase de aproveitar o mellor das experiencias de éxito desenvolvidas en todo o mundo, mais tamén de procurar solucións propias, adaptadas á realidade e ás necesidades do noso país.

O goberno galego ten que impulsar e liderar esta transformación urbana, nun proceso participativo e en diálogo coas entidades locais e cos axentes sociais, co obxectivo de aprobar no prazo máximo de 2 anos a Axenda Urbana Galega 2030.

O modelo urbano defendido polo BNG ten como obxectivo central converter as cidades e vilas galegas en referentes de calidade de vida, benestar, integración social, equilibrio ambiental e dinamismo socioeconómico e cultural. Para conseguilo, atenderá os seguintes criterios:

Cidades e vilas amábeis

O espazo público debe ser entendido como dereito básico das persoas, como a sanidade, a educación ou a vivenda. As persoas teñen dereito a dispor dun espazo público de calidade para desenvolver as súas vidas e relacións sociais con seguridade e equidade.

A organización e planificación das cidades debe facerse poñendo as persoas no centro, primando os criterios humanos e sociais sobre outros intereses.

O espazo público, en canto escenario principal da vida nas cidades, debe concebirse como un lugar amábel, acolledor, integrador e diverso. As solucións técnicas e as innovacións tecnolóxicas (smart city) teñen que poñerse ao servizo dos intereses da maioría.

Cidades e vilas inclusivas

O espazo público é o lugar da vida das persoas en condicións de igualdade, sen discriminacións relacionadas coa idade, xénero, clase, ou por factores físicos, sensoriais ou intelectuais.

As políticas urbanas garantirán a accesibilidade universal, física, sensorial e de comunicación.

Fomentarase a función dos espazos públicos como lugares de relación social, integración e cohesión para todas as persoas, atendendo ás necesidades dos colectivos máis vulnerábeis

Atenderase á diversidade xeracional, funcional, socioeconómica, coa finalidade de combater a segregación xeracional ou social.

O modelo urbano responderá á perspectiva de xénero, co obxectivo de facer fronte á desigualdade e á discriminación, así como favorecer a plena integración das mulleres no espazo público, na vida social, económica e cultural.

Cidades e vilas compactas

Fronte á disgregación e á expansión cara ás áreas periubanas, o modelo urbano do BNG aposta pola planificación e construción de servizos e equipamentos de proximidade: mercados, centros de saúde e sociosanitarios, equipamentos socioculturais, centros educativos, equipamentos deportivos… Ao mesmo tempo, considera necesario fomentar e protexer o comercio de proximidade no centro urbano e nos barrios, poñendo freo á proliferación de grandes superficies. Serán tamén criterios centrais do modelo urbano compacto: a diversidade e mestura de usos do espazo público: sociais, económicos, culturais, deportivos, de lecer; a rehabilitación e rexeneración de edificacións e zonas degradadas; medidas en materia de vivenda e ordenación urbana que eviten a especulación, a xentrificación e en xeral a proliferación de actividades económicas que expulsen poboación dos centros urbanos.

Cidades e vilas saudábeis

O modelo e a axenda urbana deben considerar prioritario o benestar físico e emocional, fomentando cidades e vilas que protexen e melloran a saúde. Para conseguilo, será prioridade atender as seguintes cuestións:

  • Redución da contaminación vinculada ao tráfico e a actividades industriais: prevención de mortes e patoloxías asociadas á contaminación e ao ruido.

  • Deseño dos espazos públicos e do viario urbano con criterios de seguridade e primacia das persoas usuarias máis vulnerábeis.

  • Beneficios da biodiversidade, do coidado do medio ambiente urbano, das zonas verdes e arboradas, dos cursos de auga e humidais, da paisaxe tradicional e dos montes periubanos…

  • Papel central das cidades e vilas na acción sobre a emerxencia do clima

Asemade, o BNG impulsará desde o goberno as seguintes liñas de actuación en relación co modelo urbano:

En relación co espazo público e a mobilidade.

A organización e transformación do espazo público farase tendo en conta o principio “as persoas primeiro”. Deberase garantir a mobilidadse peonil en condicións de seguridade obxectiva e subxectiva, priorizando esta na xerarquía da mobilidade: a pé, en bici, vehículos de mobilidade persoal, transporte colectivo, automóbil privado.

Promoverase a elaboración e aprobación de Plans Municipais e Territoriais de Mobilidade Sostíbel, dacordo cos criterios establecidos na Lei e na Estratexia de Mobilidade Sostíbel, saudábel e segura.

Protenciarase a mobilidade natural e activa sobre a motorizada e pasiva, tanto nos espazos urbanos. Fomento da mobilidade ciclista, dacordo co establecido no Plan galego de fomento da mobilidade en bici.

Fomento do transporte público, con solucións adaptadas a cada territorio/área urbana, e co fomento do transporte público a demanda para núcleos rurais.como nos rurais, creando espazos de preferencia peonil. No ámbito rururbano e interurbano crearanse itinerarios peonis e ciclábeis: -Itinerarios libres e continuos sen obstáculos dun mínimo de 2.5 m de largo: -Cando sexa posíbel establecerase a plataforma única coas medidas de calmado de tráfico necesarias

En relación coa seguranza viaria

Primariase a seguranza das vías e espazos públicos mediante políticas de restrición (limitación de acceso, desvíos...) e calmado de tráfico (pasos peonís sobreelevados, redutores físicos de velocidade...)

Toda a rede de estradas e rúas en contornas de núcleos terán velocidade máxima de 30 qm/h Nos espazos públicos de preferencia peonil, a velocidade máxima dos vehículos autorizados será de 10 qm/h

En relación coa infancia (Cidades e vilas da infancia)

O espazo público debe ser concebido como escenario da socialización e da aprendizaxe de nenos e nenas

Potenciarase a presenza de nenos e nenas no espazo público con autonomía e seguridade. Crearanse camiños escolares seguros como primeira medida de recuperación do espazo para as crianzas e para o desenvolvemento autónomo

Crearanse canles de participación infantil na vida municipal

En relación coa natureza e as infraestrutura verde:

Desenvolvemento da infraestrutura verde urbana con actuacións en edificacións, espazos públicos, zonas verdes e arboradas, biodiversidade e espazos naturais perirubanos, continuidades e corredores verdes: rías, ríos e humidais, montes…

Atención á preservación e conservación da paisaxe: preservación dos equilibrios e das paisaxes tradicionais, creación de áreas de protección paisaxística, rexeneración de paisaxes degradadas…

En relación coa economía circular e fomento do km 0:

Planificación da xestión sustentábel dos residuos, auga, enerxía, abastecementos (mercados e circuitos de produtos frescos de proximidade) -ciclo da auga (abastecemento, saneamento, depuración, reutilización): Abastecemento:preservación dos recursos, redución do consumo, eficiencia nas redes de distribución (redución de perdas), reutilización de augas usadas Saneamento: planificación e priorización das infraestruturas, ampliación e mellora da redes de saneamento, ampliación e mellora das infraestruturas de depuración; reutilización de augas e lodos de depuración... -ciclo da enerxía: redución do consumo, eficiencia enerxética, abastecemento con enerxías renovábeis, autoabastecemento con enerxías de km 0 en edificios e equipamentos públicos (xeotérmica e fotovoltaica, uso da biomasa para calor) -ciclo dos materiais: consideración dos residuos como recursos Xestión e tratamento da materia orgánica con criterios de autosufiencia, proximidade e circularidade: compostaxe domiciliaria, comunitaria e en miniplantas/plantas comarcais Xestión e tratamento de residuos de construción e demolición (RCD): ordenanzas municipais e estímulos para o tratamento e reutilización fronte a “valorización” en depósitos e vertedoiros (ocos de canteiras) Fomento dos sistemas de depósito, devolución e retorno para envases e embalaxes -ciclo dos alimentos Fomento da produción agroalimentaria local, de proximidade e de calidade, potenciación dos mercados e circuitos de produtos frescos de proximidade. Fomento de centros de tranformación e envasado. Apoio ás cooperativas e asociacións de consumo.

En relación coa vivenda e os usos residenciais

Intervención pública no mercado da vivenda, para garantir a súa consideración de dereito básico das persoas, fronte á especulación e o negocio privado. Desenvolvemento de plans de rexeneración e rehabilitación urbana. Protección e conservación patrimonio construido e do parcelario.

Fomento da bioconstrución e materiais reciclados e sustentábeis. Apoio a medidas que garantan a eficiencia e autosuficiencia enerxética.

Plans de garantía da accesibilidade nos edificios residenciais e nos equipamentos e transportes públicos.

Ciclo integral da auga:

Unha das manifestacións máis evidentes do cambio climático son as alteracións do ciclo hidrolóxico e os períodos cíclicos de seca, como acontece nos últimos anos en Galiza.

Estas alteracións afectan á biodiversidade, á saúde, ao abastecemento humano e ao desenvolvemento de sectores económicos esenciais.

Para facer fronte a esta situación, débese superar a visión limitada centrada nas infraestruturas do ciclo urbano da auga e débense prever e planificar as actuacións precisas relacionadas coa biodiversidade, coa proteccións dos solos e das paisaxes e as necesidades dos diferentes sectores económicos.

Precísase pois unha Estratexia Galega da Auga a medio e longo prazo baseada nos seguintes principios e criterios de actuación:

-Levar a cabo un amplo proceso de participación, social e institucional, co obxecto de chegar a acordos do país que sitúen a auga como unha cuestión estratéxica e pactada, situada por riba das ópticas políticas ou territoriais (Pacto galego da auga).

-Estar baseada na nova cultura da auga, apostando pola protección dos recursos, unha boa base de información sobre as reservas de auga superficiais e subterráneas, a conservación e calidade das masas de auga, a redución e eficiencia no consumo e a reutilización das augas, a corresponsabilidade social e a concienciación para o uso sustentábel e eficiente dos recursos.

-Priorizar as solucións baseadas na natureza e as infraestruturas verdes.

-Aplicar as melloras tecnolóxicas para garantir a máxima eficiencia na xestión dos recursos.

-Unha nova gobernanza da auga, coa corrresponsabilidae dos diferentes niveis da administración e das comunidades de persoas usuarias.

A Estratexia Galega da Auga e o Pacto Galego pola Auga atenderán cando menos as seguintes cuestións

-Preservación e conservación dos recursos hídricos e da biodiversidade, con especial atención aos humidais e masas de auga continentais

-Estudo das reservas de auga superficiais e subterráneas, así como da súa protección e calidade.

-Estudo do impacto das actividades económicas e nomeadamente da gandaría intensiva e das plantacións forestais na cantidade e calidade das reservas de auga

-Análise territorial dos recursos e dos escenarios de evolución da demanda a medio e longo prazo, tanto para actividades económicas como para o consumo humano. Fixación de prioridades ao respecto.

-Medidas de planificación e xestión relacionadas coas actividades económicas e co ciclo urbano da auga.

-Establecemento de medidas orzamentarias para garantir os investimentos necesarios, coa participación dos diferentes niveis da administración

-Pacto local da auga: estrutura tarifaria e criterios sobre os investimentos en infraestruturas hidráulicas

-Aplicación dos principios da nova cultura da auga

-Nova gobernanza da auga. Creación do consello galego e dos consellos territoriais para o uso sustentábel da auga. Fomento da creación de consorcios e mancomunidades públicas de xestión directa. Recoñecemento pleno das comunidades de auga e fomento do seu funcionamento e mellora.

-Planificación e xestión en relación co uso eficiente, o aforro e a reutilización dos recursos hídricos

-Implantación de diferentes alternativas segundo os territorios e fomento das solucións baseadas na natureza

-Fomento do desenvolvemento tecnolóxico para a xestión intelixente e eficiente dos recursos. Fomento do aforro hídrico e enerxético.

A Estratexia e o Pacto Galego pola Auga será aprobados polo goberno galego logo da súa presentación, debate e votación polo Pleno do Parlamento.

Xunto coas actuacións estratéxicas e de planificación, o goberno do BNG impulsará un plan de medidas urxentes 2024-2026, en colaboración coas demais administracións e para responder as seguintes necesidades e demandas relacionadas co ciclo da auga, tanto en núcleos urbanos como nas áreas rurais.

-Programa de investimentos na mellora de redes de abastecemento e construción de novas infraestruturas, priorizando solucións baseadas na natureza, protección e conservación das masas de auga, aproveitamento de augas pluviais e reutilización de augas grises.

-Programa de investimentos para mellorar o acceso á auga en zonas de produción agrogandeira.

-Programa de axudas para sectores económicos afectados polo cambio climático debido a secas, pragas, incendios, incremento de temperatura do mar...

En correspondencia co anterior, o BNG impulsará desde o goberno galego as seguintes liñas de actuación:

—Reclamación da xestión pola Xunta de Galiza da Confederación Hidrográfica do Miño- Sil, e as competencias exclusivas na xestión de toda a rede fluvial de Galiza.

—Modificación da Lei de Augas co fin de integrar de modo efectivo os principios da Directiva Marco, procurando o consenso social.

—Evitar a creación de novos encoros, e revisar a planificación para que se garantan caudais ecolóxicos suficientes e efectivos nos encoros xa existentes.

—Desenvolvemento de medidas de saneamento integral de todos os cursos e ecosistemas fluviais.

—Potenciación dunha Rede de Vixilancia e control do estado ecolóxico dos ríos galegos. Mellora da coordinación da inspección ambiental. Persecución e condena efectiva dos vertidos incontrolados e ilegais. Sistema público de seguimento de vertidos, con garantía de obxectividade e independencia de axentes e entidades encargadas da mostraxe e análises de vertidos.

—Implantación de modelos de saneamento con maior viabilidade ambiental e económica, en particular: a) preferencia do saneamento descentralizado b) técnicas e procesos de recuperación dos recursos contidos nas augas residuais (enerxía, nitróxeno, fósforo e outros elementos nutrientes) c) sistemas naturais e de baixo custo, en particular as zonas húmidas construídas. Control das captacións de augas para usos industriais e domésticos e medidas para a redución de perdas e fugas, asi como medidas, incluso sancionadoras, para acadar a máxima eficiencia da agua utilizada e o mínimo consumo.

—Redución na aplicación de herbicidas e fitosanitarios, mellora dos tratamentos terciarios en depuración e reutilización de augas residuais depuradas.

Protección e xestión do mar e do litoral

Os recursos mariños teñen un valor estratéxico, tanto ambiental como económico. Así, será prioridade do BNG a súa defensa, a planificación do seu uso e a mellora do hábitat, impulsando as seguintes medidas:

-Defensa e reclamación das plenas competencias de Galiza en todo o relacionado co mar e o litoral.

-Revisión dos aspectos lesivos da actual lei de xestión integral do litoral

—Mellora da calidade do hábitat marítimo e costeiro, incluída a paisaxe. Planificación do uso do medio mariño e do litoral, facendo compatíbel a actividade pesqueira coa conservación da biodiversidade.

—Fomento do uso racional e sustentábel da pesca de baixura e marisqueo, empregando entre outras medidas as reservas mariñas.

—Regulación e limitación da acuicultura mariña industrial, tanto en terra como na auga.

—Saneamento integral do litoral, ampliando e mellorando os sistemas de depuración existentes e rematando cos vertidos de augas residuais sen depuración.

—Limitar e controlar estritamente a importación de especies foráneas (semente de moluscos, etc) para repoboación.

-Protección e descontaminación da costa. Desenvolvemento dun programa integral de concienciación, educación, control e eliminación da contaminación mariña, con especial atención á eliminación de residuos plásticos e similares nas instalación portuarias, nos areais e nas marismas.

-En cumprimento do previsto na Disposición Adicional Terceira do POL, que establece na zona unha Área de Mellora Ambiental e Paisaxística, traballar en coordinación con outras administracións para sacar o complexo ENCE da ría de Pontevedra e recuperar os terreos ocupados por ENCE e ELNOSA.

Prevención e Xestión de residuos

Desde sempre o BNG propuxo e defendeu una política de residuos baseada na prevención (antes denominada redución), na recuperación e na reciclaxe.

Hoxe non só é una proposta do BNG, senón que é una obriga legal recollida na normativa europea, estatal e, mesmo da Xunta de Galiza. Malia que estes obxectivos están recollidos na normativa por imperativo legal non se adoptaron as medidas para a súa efectiva implantación e posta en funcionamento. Así, por exemplo, os obxectivos fixados no PXRUG da mesma Xunta de Galiza para o ano 2020, quedaron moi lonxe de acadarse. Estamos arredor do 20% dos residuos reutilizados ou reciclados, cando o obxectivo estaba fixado no 50% para o 2020.

O BNG impulsará desde o goberno un grande acordo de país en relación coa prevención e xestión dos residuos municipais. Nunha primeira fase, este acordo terá en conta a coexistencia de sistemas. A partir de aí, establecerase un Plan que permita cumprir os obxectivos marcados pola normativa europea.

Co obxectivo de desenvolver unha política de residuos que faga posíbel o cumprimento e, mesmo a superación, dos obxectivos fixados pola normativa, e atendendo tamén aos principios de proximidade e redución das emisións de gas de efecto invernadoiro, o BNG promoverá as seguintes medidas:

  1. Aumento da selección e, cando sexa posíbel, tratamento ou reciclaxe en orixe, co fomento da compostaxe individual e comunitaria e plantas comarcais de reciclaxe e de compostaxe, neste caso cando sexan necesarias. Redución paulatina pero drástica das medidas de tipo finalista como a incineración e os vertedoiros.

  2. Estabelecemento dun sistema de bonus/malus para o cumprimento dos obxectivos de prevención, reutilización e reciclaxe. Primaranse aos concellos e aos xeradores de residuos de todo tipo con primas económicas, mentres que se fará un recargo ou taxa a aqueles outros que incumpran os obxectivos. En ambos casos os bonus e os malus serán proporcionais ao grado de cumprimentos e incumprimentos de cada entidade ou organismo.

3)Lanzamento do Plan Galego de Compostaxe para a fracción orgánica fermentábel dos residuos urbanos, os lodos de depuradora, a biomasa de orixe vexetal e análogos, con un sistema de xestión dos biorresiduos adaptada á realidade galega, primando o tratamento de proximidade (compostaxe doméstica e comunitaria), e de máxima calidade técnica.

  • O Plan de compostaxe incluirá -alí onde sexa necesario- a implantación de complexos de compostaxe de ámbito comarcal, inventario dos residuos compostábeis, medidas para a valorización do compost e fomento da investigación e prácticas vinculadas coa compostaxe.
  1. Colaboración coas entidades locais no financiamento de programas, na elaboración de plans, na redacción de ordenanzas tipo e na creación de corpos de inspección.

5)Implantación do sistema de Depósito, Devolución e Retorno dos envases lixeiros .

  1. Desenvolvemento dunha Estratexia Galega sobre os Plásticos (redución da produción, substitución por outros materiais, recuperación e reciclaxe….)

7)Revisión da normativa e desenvolvemento dun novo Plan de xestión dos residuos industriais que promova a recuperación e a reutilización e minimice os impactos sobre o medio.

Novo modelo de mobilidade

As políticas de fomento da mobilidade motorizada non son sustentábeis desde o punto de vista social, económico, ambiental e da saúde. Unha das consecuencias máis negativas destas políticas son os elevados índices de sinistralidade viaria, coas súas terríbeis consecuencias de persoas mortas, inválidas, feridas e danos materiais e económicos. Estamos a falar de arredor de 100 persoas mortas e de arredor de mil millóns de euros perdidos cada ano como consecuencia da violencia vial, a maiores dos sobrecustos dos seguros,

Programa Electoral BNG - Galicia 2024

Eixo 10: Un país aberto ao mundo

da Cooperación Galega

  1. Seguir avanzando dende o consenso. A política de cooperación segue a ser unha das que máis consenso suma tal e como amosan os acordos acadados no último ano a nivel estatal e galego. Ademais seguimos a ser unha das sociedades europeas que máis apoia a solidariedade internacional.
  2. Garantir compromisos orzamentarios suficientes e previsibles. Partindo do mínimo dos 9 millóns, establecido no programa 331A de cooperación ao desenvolvemento nos orzamentos xerais da Xunta en 2024, debemos establecer un calendario de crecemento anual que acade de forma progresiva o 0,2% do orzamento consolidado ao final da lexislatura. Sen perder de vista a obriga de chegar ao 0,7% de acordo aos compromisos internacionais adquiridos.
  3. Reforzar á sociedade civil para facer fronte a onda de autocratización e declive democrático que se vive a nivel global e que afecta con máis intensidade aos países socios da Cooperación Galega. Isto pasa por fomentar a participación en espazos de decisión, reducir a burocratización dos procesos de financiamento e a rixidez dos procedementos e por promover liñas específicas de fortalecemento institucional para entidades da sociedade civil.
  4. Unha acción humanitaria á altura. Temos que aumentar a capacidade dos actores galegos da cooperación para dar resposta á terrible situación internacional. Para elo debemos adicar á acción humanitaria alomenos o 20% da axuda reembolsable e facelo prestando especial atención aos grupos especialmente vulnerables: mulleres, infancia, persoas refuxiadas, grupos étnicos, etc. Neste eido compre poñer especial énfase na a educación en emerxencias para asegurar o futuro nos de nenos e nenas que viven en contextos de crises humanitarias. Ademais debemos defender máis que nunca o respecto ao dereito internacional, ao dereito internacional humanitario e a paz fronte a situacións intolerables como a que estamos vivindo en Gaza.
  5. Avanzar cara unha Cooperación Galega máis especializada, ampliada e coherente. Froito da madurez e de moitos anos de traballo continuado temos desenvolvido ámbitos de especialización propios nos que achegamos un valor engadido e único (pesca, desenvolvemento rural, hábitat, auga, saneamento, traballo en países lusófonos...). Aínda así compre dar pasos adiante para fortalecer máis as nosas capacidades de traballo dende o enfoque feminista e ecoloxista, xa que son eidos de traballo esenciais para promover os cambios estruturais que se precisan á hora de salvagardar ás persoas máis vulnerables. Ao tempo, tamén temos que ser máis ambiciosos e tratar de ampliar o número de actores galegos que participan activamente desta política pública para chegar cada vez máis lonxe (outros departamentos da Xunta, máis entidades locais, etc.).

Eixo 11: Un país con xustiza, con dereitos e liberdades

Queremos unha Galiza que sexa vangarda no mundo na defensa de dereitos civís e políticos máis avanzados para o conxunto da poboación en moitos ámbitos que puntualmente foron tratados en anteriores apartados deste programa electoral mais tamén noutros relacionados cunha maior calidade democrática, unha maior participación social no proceso de toma de decisións e dunha maior transparencia.

Neste sentido, mentres Galiza non asuma competencias plenas e exclusivas en materia xudicial, de seguranza, dereitos e liberdades, o Goberno galego manterá unha posición activa para lograr avances e eliminación de restricións aos dereitos civís. O Goberno galego cooperará activamente coas entidades sociais de defensa dos dereitos e liberdades públicas que operan no noso País (Esculca, MDC,...).

Aliás, propomos as seguintes accións:

  • Reforma da Lei electoral, co obxectivo de termos un mecanismo electoral limpo, xusto e fiábel, sobre a base dun reparto de representación proporcional aos votos, o recoñecemento do dereito a voto aos 16 anos, a rebaixa ao 3% da barreira electoral e o estabelecemento da circunscrición única en todos os procesos electorais, coa excepción das municipais. Campañas máis transparentes, que garantan a igualdade e o pluralismo.
  • Prohibición do mailing, garantía de espazos adecuados nos medios de comunicación públicos para todas as forzas políticas e obrigatoriedade nestes de debates nas horas de máxima audiencia.
  • Lei galega de Transparencia e de Participación cidadá, que promova a implicación permanente do pobo na acción de goberno. Particularmente, debe regular e promover a realización de consultas populares, orzamentos participativos, etc. e alargar o ámbito, a facilidade e a eficacia da Iniciativa lexislativa popular.
  • Acabar coa corrupción. Combate firme a todas as formas de corrupción, promovendo as mudanzas lexislativas necesarias e impulsando a transparencia na xestión e na contratación pública.
  • Fin das ‘portas xiratorias’. Promoveremos unha lexislación estrita sobre incompatibilidades co fin de evitar a colusión entre a xestión pública e intereses privados e as ‘portas xiratorias’ entre o exercicio de cargos públicos e o emprego en corporacións privadas relacionadas con aqueles.
  • Defender as liberdades públicas e os dereitos civís. O goberno galego prestará especial relevancia á defensa do exercicio -quer individual, quer colectivo- de todos os dereitos recoñecidos legalmente e de todos aqueles que entendemos que se deben recoñecer. En todo o caso, terá unha actitude activa de combate á limitación de dereitos e, por tanto, para lograr a definitiva derrogación de medidas autoritarias como a chamada ‘Lei da mordaza’.
  • Creación dun Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura de ámbito galego nas competencias de execución pola Xunta que supoñan privación de liberdade (centros de menores de reforma, unidades de ingreso psiquiátrico, calabozos da policía autonómica e policía local). Este mecanismo non estará vinculado á Valedoría do Pobo e terá garantías de independencia.
  • Modificación da figura da Valedoría do Pobo, regulando a obriga de motivar no proceso de queixa as dilixencias acordadas ou denegadas, convertendo a queixa nun proceso contraditorio.
  • Regulación da obriga na valoración do candidato/a á Valedor/a da experiencia en defensa de dereitos civís e liberdades públicas. Regulación legal da efectiva separación de funcións publicas dos representantes institucionais da Xunta e das entidades locais en relación a eventos relixiosos. Incompatiblidade da asistencia destes representantes ou de funcionarios/as públicos/as en carácter de tales a actos relixiosos.

Xustiza

  • Impulsar a creación do Consello Xudicial de Galiza, como órgano de goberno da administración de xustiza en Galiza, para o exercicio tanto das competencias propias como as que por desconcentración ou delegación lle sexan conferidas polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
  • Potenciar un administración de xustiza áxil, moderna, comprensible e accesible para toda a cidadanía como instrumento necesario para garantir o dereito á tutela xudicial efectiva e para o establecemento dunha xustiza eficaz e de calidade.
  • Avanza na dignificación do servizo de asistencia xustiza gratuíta, ampliando as intervencións cubertas polo sistema, incluíndo a orientación e asesoramento previos á vía xudicial, a actualización e mellora das condicións das profesionais encargadas da súa prestación, e da infraestrutura necesarias para o desenvolvemento do servizo.
  • Promover a ampliación da planta xudicial galega para adaptala á realidade social, económica e tecnolóxica de Galiza.
  • Fomentar a utilización voluntaria dos sistemas alternativos á vía xudicial para a solución de conflitos; así como impulsar a elaboración dun modelo de execución penal inspirado nos principios da Xustiza Restaurativa orientado á reparación integral da vítima e a reinserción real do penado.
  • Promover as condicións para garantir a efectividade do dereito ao uso do idioma galego na administración de xustiza, así como fomentar a elaboración de textos xudiciais, doutrinais ou xurisprudenciais en galego.

Uns medios públicos ao servizo da sociedade galega

A situación actual do panorama mediático e o estado dos medios de comunicación públicos galegos fan necesario establecer medidas para garantir o pluralismo informativo e o dereito de acceso nun momento en que se suceden as denuncias de manipulación e partidismo.

Nunha situación como a de Galiza, os medios de comunicación públicos son especialmente necesarios como unha ferramenta imprescindíbel para a consolidación da democracia e a normalización do país. Forman así parte imprescindíbel e de especial relevancia na conformación dun espazo galego de comunicación que constitúe un eixo fundamental para a defensa da identidade, a cultura e a propia existencia como país.

Mais, os medios públicos corren o risco de ser sometidos á manipulación e o control do partido que detenta o poder e esa situación, levada ao extremo, pode convertelos nunha transposición dos propios gabinetes de comunicación da formación política que dirixa a presidencia da Xunta. Esta situación, que está a ser denunciada de maneira continuada, pon en risco unha das trabes do propio pluralismo democrático e colide co dereito á información e o dereito de acceso que tiñan que estar garantidos nun servizo público como é a CRTVG.

Os medios públicos, nos distintos soportes e formatos, teñen que atender non só o pluralismo e diversidade do noso país en todas as súas formas senón que deben actuar como ben público que son, contribuíndo á promoción da nosa cultura e a nosa lingua, ao fortalecemento do sector audiovisual e os distintos ámbitos relacionados coa súa actividade e ofrecendo contidos acaídos de maneira especial para o público infantil, destinatario preferente para promover a normalización lingüística nas novas xeracións. Deben responder, desta maneira, a súa condición de ben e servizo público para a que foron creados. É urxente, polo tanto, establecer os mecanismos para garantir o pluralismo político e social non só no ámbito informativo senón tamén na creación e difusión dos distintos contidos que compoñen as súas programación.

Por esta razón, desde o BNG impulsará desde o goberno:

  • A renovación da Dirección Xeral da CRTVG a través da convocatoria dun concurso público que poña fin á politización dos medios de comunicación públicos de Galiza.
  • Garantir a misión de servizo público a través do impulso e cumprimento dos seguintes principios:
    • a.- A CRTVG ten como obxectivo contribuír á promoción da sociedade da información constituíndo un eixo fundamental do espazo galego de información. Será tamén ferramenta necesaria para promover o debate democrático, o espírito crítico, a participación cidadá no desenvolvemento político, social, económico e cultural galego e garantirá o pluralismo ideolóxico, político, cultural e social de Galiza.
    • b.- Como ben e servizo público que é, a CRTVG velará polo estrito cumprimento da imparcialidade e veracidade informativa, a liberdade de expresión e a formación de opinión pública plural, fuxindo en todo o momento da manipulación e o control ideolóxico da produción informativa, do privilexio de opinións favorábel a un determinado grupo político de forma discriminatoria ou dunha programación encamiñada a revalidar os valores ou os idearios do partido gobernamental. Trátase, polo tanto, de protexer os medios públicos da dependencia do poder político que padecen nesta altura, como se comproba nas propias escaletas informativas ou nos contidos da programación.
    • c.- A prioridade da CRTVG é promover e defender a identidade de Galiza, da súa lingua e da súa cultura, co estímulo á produción editorial, teatral, musical, audiovisual e demais expresións artísticas e escénicas do país.
    • d.- Formentar a produción audiovisual propia e de emisións que contribúan á proxección de Galiza cara ao exterior e de información ás comunidades galegas do exterior.
    • e.- Os medios públicos reflectirán o pluralismo ideolóxico, político, cultural e social de Galiza, contemplando a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social, nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento. A tal fin, garantirase o dereito de acceso, segundo criterios obxectivos de representación e implantación social, sen que poida excluírse ningún grupo social e co máximo respecto ao pluralismo e á participación democrática de toda a sociedade galega respecto á dignidade humana, ao honor, á intimidade persoal e á propia imaxe.
    • f.- Deberán fomentar a través dos contidos a igualdade e a non discriminación, a diversidade sexual, integrando a perspectiva de xénero e fomentando accións positivas, así como o uso da linguaxe non sexista.
    • g.- Defenderán a protección da xuventude e da infancia e, a tal fin, prestarase unha especial atención á programación dirixida á infancia e á mocidade, garantindo unha das principais funcións da radio e televisión públicas, o fortalecemento da Cultura e a lingua propias de Galiza, así como o seu papel educativo, socializador e galeguizador.
    • h.- Garantirán o respecto escrupuloso á obxectividade, a imparcialidade, a neutralidade, a veracidade e o pluralismo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.
    • i.- Asegurarán a separación entre informacións e opinións, a identificación de quen sustenta estas últimas e a súa libre expresión.
    • l.-Darán máxima continuidade na prestación do servizo e a plena cobertura do conxunto do territorio, garantindo as desconexións locais, espazos fundamentais para o dereito da cidadanía a acceder ao que acontece na súa contorna máis próxima.
    • m.- Garantirase que cumpra coa súa función estratéxica como motor do desenvolvemento da produción audiovisual independente, con transparencia e evitando a concentración das compras nun número reducido de provedores.
    • n.-Asegurarán o dereito das persoas con discapacidade ao acceso de forma efectiva aos contidos emitidos.
    • ñ.- Garantirán os dereitos dos consumidores e usuarios en relación coa programación, coa publicidade e coas outras modalidades de promoción comercial.
    • o.- Fomentarán o coñecemento dos valores ecolóxicos e do respecto e protección do medio ambiente.
    • p.- Será misión dos medios públicos a conservación e custodia dos documentos que de acordo coa normativa de patrimonio cultural deban integrar o patrimonio documental. Substituír este apartado polo seguinte : A conservación e custodia dos documentos que de acordo coa normativa de patrimonio cultural e de arquivos de Galiza, deban integrar o patrimonio documental de Galiza,velando pola conservación dos arquivos históricos audiovisuais e sonoros.
    • q) Fomentarán e pularán pola promoción estratéxica para a converxencia dixital, garantindo a presenza do galego nas plataformas dixitais.
    • r) Como condición da súa natureza de servizo público, os servizos informativos serán conformados por profesionais da información. A produción, realización e a edición dos servizos informativos non poden ser cedidas a terceiros.
  • 2.- Especial atención ao público infantil. Pola súa condición de servizo público nun país con lingua e cultura propia e un alarmante proceso de desgaleguización nas novas xeracións, é de especial relevancia que a programación dos medios públicos presten un especial coidado para a produción e difusión de contidos destinados aos público de menor idade. Neste sentido;
    • 2.1. A Corporación de Radio Televisión de Galiza garantirá unha ampla oferta en galego destinada á infancia e mocidade, facilitando o seu acceso coa distribución a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, adsl, tecnoloxía móbil e calquera outra.
    • 2.2. Garantirase que a oferta dirixida ao público infantil e xuvenil estea dispoñíbel para todos os dispositivos e servizos de contidos audiovisuais.
    • 2.3. Esta oferta contará con aplicacións actualizadas, programas e xogos co fin de garantir contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega pública ou independente.
  • Creación da autoridade audiovisual encargada de avaliar se os novos servizos significativos que se pretendan incluír se axustan á misión de servizo público encomendada e se alteran a competencia no mercado audiovisual. Ademais, a autoridade audiovisual establecerá un procedemento para que se poida solicitar a súa intervención no caso de incumprimento da función de servizo público.
  • Creación de novos mecanismos de control interno, alleos á dirección, que funcionarán como vixiantes da independencia con respecto ao poder político e económico e como garantes do pluralismo informativo.
    • -O Consello de informativos que responderá a un regulamento propio aprobado nos tres meses posteriores.
    • -A Valeduría da audiencia. Figura que ten como obxectivo funcionar como interlocutora co público espectador, desde a recepción de queixas até a resposta a preguntas.
    • -Editora de Igualdade. Formará parte do cadro de persoal da CRTVG e terá como obxectivo velar polo cumprimento estricto na eliminación da discriminación e o machismo e promover contidos e iniciativas que contribúan á igualdade e á eliminación do machismo.
  • Creación do Consello Asesor como novo mecanismo de control externo que se suma á propia Comisión do Parlamento Galego, o Consello de Contas e á Autoridade Audiovisual.