Programa Electoral PP de Galicia 2024

PP

Partido Popular

Electoral Programme

Programa Electoral PP de Galicia 2024

94 min read18,699 words

Programa Electoral PP de Galicia 2024

A GALICIA QUE FUNCIONA RUMBO Á GALICIA DA NOVA DÉCADA PROGRAMA DE GOBERNO 2024-2028

A GALICIA DAS PERSOAS

Queremos unha GALICIA que priorice as persoas, que se achegue a todas as realidades, que dea resposta ás verdadeiras necesidades da xente. Lonxe de demagoxias e de discursos baleiros e cerca da vida cotiá de todos os galegos e galegas.

Queremos unha GALICIA segura, empática, solidaria, tolerante, libre e con igualdade de oportunidades, unha Galicia na que se favoreza a convivencia tranquila e a onde se acolla aos de fóra cos brazos abertos, igual que nos acolleron a nós na GALICIA da diáspora.

Queremos unha GALICIA que protexa aos cidadáns que vivimos nela, que coide dos máis novos, desde o berce ata a emancipación, pero que tamén ofreza oportunidades no tempo da mocidade, o emprego, a vivenda, o lecer, na mobilidade. Unha Galicia que ampare as familias, a todas, sen distinción, que ofreza facilidades para ter fillas e fillos, aos que nacemos nesta terra, pero tamén aos cidadáns que optan por asentarse nela e contribuír a enriquecer a diversidade e a botar raíces galegas.

Queremos unha GALICIA que favoreza e fomente os hábitos saudables e que atenda de modo integral e cada vez mellor aos máis vulnerables física, psicolóxica, económica e socialmente.

Queremos unha GALICIA que respecte, coide e mime os nosos maiores para que poidan vivir do xeito que eles queiran e con quen queiran. Os nosos maiores son o mellor legado dunha sociedade, é por iso que faremos todos os esforzos por darlles o lugar que merecen.

Queremos, en definitiva, unha GALICIA que se converta no mellor lugar para vivir, en calquera etapa vital e tamén, en calquera lugar do noso rico territorio.

A GALICIA DE RUEDA está chamada a ser unha GALICIA que atenda á calidade de vida en xeral e na particularidade de cada quen, para que todos e cada un dos galegos e galegas atopen nesta terra o mellor lugar para vivir.

A GALICIA DE RUEDA, unha GALICIA coas PERSOAS, para as PERSOAS e das PERSOAS.

Familia e dinamización demográfica

O apoio ás familias e a achega de servizos ás zonas rurais ou menos poboadas son piares sobre os que se sustenta a acción de Galicia fronte ao reto demográfico. O PPdeG foi pioneiro hai moitos anos predicindo a crise demográfica, unha crise que non só afecta a Galicia, senón a toda Europa. Desde entón, loitamos por reverter as tendencias demográficas dando todas as facilidades ás familias que queren ter fillos e, por suposto, tratamos de paliar os efectos do envellecemento con prestacións e servizos que garantan os mellores coidados aos maiores, tamén e, por suposto, no rural.

Nos últimos catro anos Galicia seguiu a ser pioneira nesta materia:

  • Demos un paso de xigante coa aprobación da Lei de Impulso Demográfico, a primeira lei en toda España que permite abarcar o reto demográfico en toda a súa complexidade e de xeito transversal;
  • Creamos e estendemos as casas niño por toda Galicia, ata superar as 100, para que todos os galegos que queiran ter fillos teñan recursos de conciliación ao seu alcance, vivan onde vivan;
  • E aprobamos a gratuidade da educación infantil 0-3 anos, unha medida pioneira tamén en toda España, da que se benefician máis de 30.000 familias e que moitas outras comunidades xa queren imitar. Galicia xa é a Comunidade Autónoma con maior ratio de escolarización de 0-3 anos grazas a esta medida.

CUN GOBERNO DO PPDEG, NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 APROBAREMOS A PRIMEIRA LEI DE INFANCIA DE GALICIA que sirva para fortalecer á parte máis vulnerable da nosa sociedade e fomentar o acollemento familiar na protección da infancia.

2 GALICIA TERÁ UNHA COBERTURA TOTAL DE RECURSOS DE CONCILIACIÓN GRATUÍTOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA 0-3 ANOS, para que todos os concellos da nosa Comunidade conten cun servizo de atención aos máis pequenos.

3 SEGUIREMOS GARANTINDO A GRATUIDADE DAS ESCOLAS INFANTÍS, unha medida que en Galicia fomos pioneiros.

4 EQUIPARAREMOS AS FAMILIAS ACOLLEDORAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS, POLO QUE PODERÁN OBTER OS MESMOS BENEFICIOS co fin de potenciar o labor que estas realizan na protección e coidado da infancia máis vulnerable.

5 FAVORECEREMOS A CONCILIACIÓN DAS FAMILIAS CON NENOS DE ATA 12 ANOS DE IDADE NOS PERÍODOS NON LECTIVOS.

6 AMPLIAREMOS A REDE DE PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR QUE DEAN RESPOSTA ÁS NECESIDADES DE TODOS OS CIDADÁNS, facéndoos máis accesibles especialmente para as familias que viven en núcleos rurais.

Xuventude e voluntariado

Os mozos e mozas galegos son o reflexo dunha Galicia preparada, moderna e innovadora. A perspectiva xuvenil está presente en todas as políticas do Goberno galego, posto que apostar pola xuventude é o camiño cara unha Galicia mellor. Por iso, desde o PPdeG reforzamos o noso compromiso coa educación de calidade e co emprego xuvenil, favorecemos o acceso á vivenda e ao transporte e traballamos, de xeito transversal, en todas as áreas que promoven o desenvolvemento persoal e o impulso profesional da xente moza.

En política xuvenil, Galicia conta con programas e medidas que destacan no panorama nacional, como:

  • Unha liña de apoio para a obtención do carné de conducir de coche, camión e autobús, a máis ambiciosa de todas as CCAA, que favorece a empregabilidade e a autonomía da xuventude, e que xa beneficiou a preto de 4.000 mozos.
  • Programas que traballan na transición da vida académica á laboral, tendendo pontes que axudan a coñecer o mercado de traballo e favorecen á inserción. Máis de 700 mozos beneficiáronse xa dos novos programas Xuventude Mentoring e Xuventude Mentoring na Empresa.
  • A Campaña de Verán con máis prazas da historia, cun investimento que supera os 4M€ ao ano e coa maior oferta de prazas do Estado: máis de 11.000. O do ocio educativo é un sector que favorece a adquisición de valores e a conciliación das familias, ademais de actuar como dinamizador de emprego, por iso hoxe tamén apostamos por unha oferta desestacionalizada destas actividades, ofrecendo alternativas de ocio á mocidade ao longo do ano.

NA VINDEIRA LEXISLATURA COAS POLÍTICAS APLICADAS POLO PPDEG:

1 ABRIREMOS OFICINAS ESPECIALIZADAS NA ORIENTACIÓN XUVENIL, que se sumarán á xa existente oficina virtual, na que a xente moza pode consultar dúbidas sobre diferentes ámbitos como educación, emprego, vivenda ou igualdade. Estes novos espazos facilitarán o acceso aos recursos, funcionando como unha especie de “ventá única”.

2 AMPLIAREMOS AS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR PARA CHEGAR A MÁIS MOZOS E MOZAS, porque sabemos que é un requisito imprescindible para moitos empregos e de gran necesidade nunha comunidade cunha importante dispersión poboacional como Galicia.

3 CREAREMOS ESPAZOS XOVES-MOZOS NAS CIDADES, sumando así Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo aos 12 xa existentes. A poboación moza necesita de espazos de aprendizaxe e encontro, nos que se leve a cabo unha programación de actividades.

4 REFORZAREMOS OS PROGRAMAS DE MENTORIZAXE E ACOMPAÑAMENTO PARA FAVORECER A INSERCIÓN LABORAL, como son o Xuventude Mentoring ou o Mentoring na Empresa, que inclúe estadías formativas remuneradas en empresas de sectores estratéxicos para Galicia.

5 AMPLIAREMOS A CAMPAÑA DE VERÁN E OS PROGRAMAS DE OCIO EDUCATIVO AO LONGO DO ANO para que a xuventude dispoña de alternativas de lecer, formativas e saudables, e as familias tamén poidan ter máis opcións para a conciliación, sobre todo durante as épocas de vacacións escolares.

6 REFORZAREMOS OS DESCONTOS E VANTAXES ASOCIADAS AO CARNÉ XOVE nos diferentes ámbitos: cultural, turístico, transportes, comercio local, etc.

7 PROMOVEREMOS BOLSAS E UN VOLUNTARIADO ESPECÍFICO PARA FOMENTAR A APRENDIZAXE DE OFICIOS TRADICIONAIS.

8 AMPLIAREMOS OS PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO SOCIAL CONTRA A SOIDADE NON DESEXADA, posto que sabemos que a sociedade galega quere contribuír a apoiar a quen máis o precisa. En especial, ás persoas maiores que necesitan atención e compañía.

9 REFORZAREMOS O VOLUNTARIADO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, nos planos ambiental, patrimonial e europeo, porque sabemos que a contribución da veciñanza é clave para consolidar un dos máis importantes piares culturais, turísticos e de emprego que temos en Galicia.

10 IMPULSAREMOS AS ACTIVIDADES DE VOLUNTARIADO PARA O COIDADO DO NOSO PATRIMONIO NATURAL. Unha programación que xa está consolidada na nosa Comunidade, e que seguiremos ampliando para concienciar a toda a mocidade sobre o respecto ao medio ambiente.

11 REFORZAREMOS OS PROGRAMAS DE EMPREGO XUVENIL, entre eles o programa Talento 30 ou o Investigo, os cales permiten reter á mocidade na nosa comunidade.

12 FOMENTAREMOS UN PROGRAMA DE PRIMEIRA EXPERIENCIA NA EMPRESA co obxectivo de favorecer o primeiro contacto laboral da mocidade sen experiencia.

13 IMPULSAREMOS UN BONO MOZO INICIO DE ACTIVIDADE a aqueles mozos/as que se vaian incorporar a actividade agrogandeira.

14 Crearemos o BANCO DE NEGOCIOS VIABLES NO MEDIO RURAL para asegurar o relevo xeracional daqueles negocios do rural que non teñen relevo no ámbito familiar.

15 AMPLIAREMOS AS PRAZAS DE RESIDENCIAS XUVENÍS DESTINADAS A MOZAS E MOZOS QUE ESTUDEN NAS UNIVERSIDADES GALEGAS E NOS CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

16 No ámbito marítimo-pesqueiro DESEÑAREMOS UN PROXECTO DE FORMACIÓN PILOTO PARA A INCORPORACIÓN DE XOVES AO SECTOR.

Vivenda

O acceso á vivenda e a recuperación do parque existente é unha das preocupacións principais da cidadanía. A notable diminución da construción de novas vivendas durante os últimos 15 anos debido á crise inmobiliaria unida á inseguridade xurídica xerada polas diferentes regulacións a nivel estatal produce unha clara falta de oferta de vivenda que motiva unha alza de prezos, de xeito especial en alugamento. Neste sentido, resulta de especial importancia facer unha aposta polo desenvolvemento de solo residencial con destino á construción de vivenda protexida que debe ser un dos piares fundamentais na política de acceso á vivenda.

Neste ámbito, Galicia está a ser un referente na aplicación de medidas que melloren o acceso e a rehabilitación de vivendas:

  • Deseñamos e aprobamos plans propios en materia de vivenda con participación dos sectores implicados: Pacto Social pola Vivenda 2021-2025.
  • Impulsamos a participación dos sectores implicados na vivenda a través do Observatorio de vivenda de Galicia.
  • Dispoñemos dun catálogo global de axudas que cubre todas as modalidades de apoio para o acceso a vivenda.
  • Grazas a isto, desde 2009 destinamos 714 M€ a apoiar a máis de 140.000 familias galegas no acceso (mediante compra ou alugueiro) ou na rehabilitación da súa vivenda.
  • Ademais, mobilizamos 4.640 vivendas de promoción pública e promovemos solo público residencial que permitiu edificar 4.283 vivendas protexidas.
  • E, en total, os galegos aforraron 360M€ grazas ás desgravacións e medidas fiscais aplicadas neste eido.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 CONVOCAREMOS AXUDAS A PARTICULARES PARA A AUTOCONSTRUCIÓN DE VIVENDAS UNIFAMILIARES NOVAS, especialmente en concellos das contornas urbanas, co fin de facilitar o acceso das familias a vivenda.

2 IMPULSAREMOS AXUDAS AO ALUGUEIRO PARA MOZOS MENORES DE 36 ANOS, co obxectivo de axudarlles a acceder á súa primeira vivenda, con especial atención ás FAMILIAS MONOPARENTAIS.

3 DESENVOLVEREMOS SOLO RESIDENCIAL PARA 20.000 VIVENDAS PROTEXIDAS EN 2028, a través da realización dunha análise conxunta cos concellos da demanda e dispoñibilidade de solo residencial destinado a vivenda protexida para realizar a planificación. Delas, 2.000 novas vivendas serán de alugueiro accesible, tanto en grandes municipios como nos de menos tamaño, o que será importante para combater o despoboamento do rural galego.

4 DUPLICAREMOS O PARQUE DE VIVENDA ata dispoñer de 8.000 vivendas de promoción pública en 2028, impulsando a utilización de materiais máis sostibles nos procesos construtivos.

5 RENOVAREMOS O PACTO SOCIAL POLA VIVENDA coa participación e achegas de todos os axentes do sector para trazar as liñas estratéxicas no período 2026-2030.

6 CREAREMOS UNHA PLATAFORMA DE SOLO RESIDENCIAL PARA VIVENDA PROTEXIDA, en colaboración cos concellos e que permitirá dispoñer dun coñecemento claro dos solos públicos dispoñibles e un único sistema de acceso ao mesmo.

7 APOSTAREMOS POLO EMPREGO DE MADEIRA CERTIFICADA NA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS, que contarán con materiais máis sostibles e de proximidade na súa construción.

8 AXUDAREMOS AOS CONCELLOS NA CREACIÓN DOS SEUS PARQUES PÚBLICOS DE VIVENDA. En cada promoción de vivenda pública que execute a Xunta, daráselle aos concellos onde estean localizadas, a posibilidade de adquirir ata un 20% da promoción para destinalas ás súas políticas de vivenda.

9 SEGUIREMOS DANDO VIDA AOS CENTROS HISTÓRICOS REHABILITANDO 300 INMOBLES ABANDONADOS, chegando en 2028 a contar con 14 Áreas Rexurbe.

10 IMPLANTAREMOS UN NOVO PROGRAMA ‘REVIVE NO RURAL’ PARA ATRAER POBOACIÓN AOS CONCELLOS RURAIS, que conten cun crecemento demográfico negativo e colaborando coas entidades locais.

11 FACILITAREMOS A REHABILITACIÓN E MELLORA DE 25.000 VIVENDAS ENERXETICAMENTE EFICIENTES E ACCESIBLES, a través de axudas a propietarios e comunidades de propietarios.

12 APOSTAREMOS POLO ALUGUEIRO SEGURO, apoiando para que se poñan as vivendas en alugamento a un prezo axeitado. Teremos axudas de ata 16.000€ para FINANCIAR OBRAS DE ADECUACIÓN DAS VIVENDAS.

13 CREAREMOS UNHA OFICINA DE ASESORAMENTO ANTIOCUPACIÓN. Unha das principais preocupacións dos galegos que teñen unha propiedade é a ocupación ilegal de vivendas. É por iso que a Xunta debe actuar neste sentido poñendo ao dispor do propietario todos os recursos e asesoramento precisos.

14 REFORZAREMOS AS MEDIDAS PARA FOMENTAR AS VIVENDAS COLABORATIVAS, priorizando a súa posta en marcha en cidades e entornos periurbanos. Serán vivendas nas que os mozos se poderán independizar con todos os servizos seguindo este modelo contrastado en Europa (coliving), onde cada residente ten o seu espazo persoal e dentro do inmoble comparten espazos comúns como lavandería, cociña, etc.

Educación

O PPdeG leva anos desenvolvendo unha política educativa responsable, sólida e sen improvisacións baseada nos principios de calidade, equidade, liberdade para favorecer a igualdade de oportunidades.

Hoxe Galicia acada os mellores resultados académicos da súa historia. A nosa comunidade aparece nos primeiros postos nas clasificacións internacionais que miden os resultados educativos e somos un exemplo de inclusión.

Reducimos o abandono escolar e temos unha das mellores ratios alumno/ profesor de España. Seguimos traballando para avanzar na excelencia educativa con novas propostas estratéxicas e innovadoras que favorezan a modernización do ensino. Para garantir a igualdade de oportunidades, tamén reforzamos as medidas de apoio ás familias.

Galicia converteuse nun referente no ámbito educativo actuando para:

  • Reducir o fracaso escolar a mínimos históricos. Pasamos de 25,8% en 2009 a 8,8%. Actualmente somos unha das cinco comunidades con menor abandono escolar de España, cumprindo co obxectivo da Unión Europea.
  • Mellorar os resultados académicos ata situarnos nos primeiros postos dentro do conxunto das comunidades autónomas do noso país.
  • Incrementar a equidade do sistema educativo. Estamos á cabeza de España en equidade, coa porcentaxe máis alta de alumnado resiliente, aquel que obtén resultados académicos excelentes pese a proceder de contornas non favorables.
  • Consolidar o modelo educativo máis inclusivo de España, co 94% do alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado en centros ordinarios.
  • Avanzar no respecto e na tolerancia na aula; e mellorar a atención á diversidade con 4.000 profesionais, unha das redes máis ampla de España.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 REDUCIREMOS A RATIO ALUMNOS/ PROFESOR para seguir mellorando a atención educativa e a calidade do sistema, aplicando O ACORDO ACADADO COAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS orientado á mellora integral da calidade educativa (carga horaria, menor burocracia, potenciación da carreira profesional docente, ...etc).

2 Daremos cobertura á ampliación da IDADE DE ESCOLARIZACIÓN do alumnado galego ata os 18 anos, mediante o desenvolvemento de itinerarios formativos específicos dentro do PLAN FPGAL 360.

3 PROMOVEREMOS UNHA REDE ITINERANTE CON PROFESIONAIS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE en zonas rurais para unha mellor atención do alumnado con necesidades especiais.

4 Crearemos unha lista específica de COIDADORES DE ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIAIS que permita unha cobertura inmediata cando sexa necesaria.

5 CONVOCAREMOS NOVAS E AMPLAS OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO adaptadas ás necesidades do sistema educativo galego que permitan aumentar a estabilidade do profesorado e reducir a taxa de interinidade, que xa é a máis baixa de España.

6 CONTINUAREMOS AXUDANDO ÁS FAMILIAS NA COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, reforzando os mecanismos de apoio e garantindo a igualdade de oportunidades.

7 RENOVAREMOS O COMPROMISO DE MODERNIZACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS PARA ADECUALOS AOS NOVOS MODELOS E METODOLOXÍAS DE APRENDIZAXE e incorporar medidas de eficiencia enerxética.

8 DESENVOLVEREMOS O PLAN INTEGRAL CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO NAS AULAS para eliminar calquera forma de violencia e discriminación na escola.

9 SEGUIREMOS COMBATENDO O ABANDONO ESCOLAR TEMPERÁN.

10 APROBAREMOS UN PLAN PARA A ATENCIÓN DO ALUMNADO ESTRANXEIRO nos centros educativos, con especial atención aos menores que chegan sen arraigo familiar, con medidas e accións que faciliten a súa adaptación.

11 CREAREMOS UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR para aqueles alumnos non incluídos na rede de xestión autonómica, en función da renda.

12 SEGUIREMOS PROTEXENDO O ENSINO RURAL e potenciando os Centros Rurais Agrupados (CRA) e as escolas unitarias.

Formación profesional

Nos últimos anos, a Formación Profesional galega experimentou unha auténtica transformación que se sustentou no bo traballo de todos os membros do sistema e nas decisións políticas do PPdeG, que apostou pola formación do futuro.

Hoxe a Formación Profesional vive un momento dourado. Desde o 2009, a nosa comunidade duplicou o número de alumnas e alumnos matriculados en ciclos formativos; a FP consolidándose como unha opción preferente entre o alumnado e as empresas; e é sinónimo de prestixio, confianza e utilidade.

Nestes anos, os galegos modernizamos a Formación Profesional para convertela nun itinerario útil para a sociedade e en liña co mercado laboral.

No ámbito da Formación Profesional, Galicia converteuse nun referente con políticas que conseguiron:

  • Mellorar a relación co mercado laboral desde o ano 2009. Taxas de inserción laboral do 85% que chegan ao 97% no caso da FP Dual (en 2009 situábase no 30%).
  • Aumentar a cifra de titulados, que medrou nun 76,3% desde o curso 2009/10.
  • Crear o Centro Galego de Innovación á Formación Profesional, Centro Eduardo Barreiros, para favorecer a innovación aplicada á formación profesional.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 DESENVOLVEREMOS A FIGURA DO PROFESOR “ASOCIADO” para contar como formadores a profesionais destacados e mellorar a conexión formativa co mundo empresarial.

2 RENOVAREMOS E IMPULSAREMOS O MODELO DE APRENDIZAXE AO LONGO DA VIDA ADAPTADO ÁS NOVAS REALIDADES coa aprobación dunha nova lei que regulará este ámbito.

3 REFORZAREMOS O PLAN CONECTA FP impulsando os vínculos entre a oferta formativa e o tecido produtivo galego, potenciando a dualidade.

4 MELLORAREMOS AS INFRAESTRUTURAS DEDICADAS Á FORMACIÓN PROFESIONAL, con propostas como a creación da rede de centros de innovación aplicada á FP.

5 DESENVOLVEREMOS O PLAN INNOVA FP GALICIA, para avanzar na innovación, a investigación aplicada e a incorporación de metodoloxías disruptivas na formación profesional galega, aproveitando as oportunidades que ofrece o Centro Eduardo Barreiros de Ourense.

6 IMPULSAREMOS O PACTO POLA FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL priorizando os vínculos directos entre os sectores produtivos e a oferta de FP, co obxectivo de acadar o 100% de dualidade no 2030.

Ensinanzas de réxime especial

Nestes anos, potenciamos as ensinanzas de réxime especial e a educación de persoas adultas.

  • Favorecemos a formación dos futuros profesionais da cultura e dunha sociedade que comprende, coñece e valora o seu patrimonio cultural e artístico a través das distintas modalidades de ensinanzas artísticas: música, danza, arte dramática, conservación de bens culturais ou artes plásticas e deseño.
  • Impulsamos as ensinanzas deportivas, promovendo os hábitos de vida saudables e o talento deportivo en toda Galicia.
  • Incidimos na educación de persoas adultas fundamental para ofrecer oportunidades de formación a todas as persoas. Nestes anos, reforzamos estas ensinanzas, favorecendo o acceso á formación e a capacitación de todos os galegos e as galegas.
  • E continuamos reforzando o coñecemento de idiomas a través da ensinanza de idiomas e da rede de Escolas Oficiais de Idiomas, que son a opción escollida por milleiros de galegos e galegas cada ano para formarse.

No ámbito das ensinanzas de réxime especial e a educación de persoas adultas en Galicia conseguimos:

  • Incrementar a cifra de matricula en ensinanzas de réxime especial (non adultos) chegando a preto de 30.000 matriculados no presente curso.
  • Avanzar na diversificación das ensinanzas de réxime especial, impulsando a implantación do primeiro mestrado en ensinanzas artísticas superiores.
  • Reforzar e fomentar a modalidade semipresencial nas ensinanzas de idiomas, favorecendo o acceso de todas as persoas.
  • Crear a rede de capacitación dixital que permitiu formar a máis de 2.000 persoas na súa primeira edición.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 SEGUIREMOS REFORZANDO A OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL, valorando os méritos excepcionais do alumnado e favorecendo a excelencia desas ensinanzas; incrementando a vinculación co ámbito laboral; e potenciando a empregabilidade.

2 POTENCIAREMOS AS ENSINANZAS ARTÍSTICAS MEDIANTE O PLAN EDUC-ARTE, realizando proxectos innovadores e colaborando coas entidades do ámbito artístico co obxectivo de conectar aos estudantes co mundo laboral.

3 IMPULSAREMOS A FORMACIÓN DO PROFESORADO DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL con propostas específicas que permitan que o profesorado galego estea actualizado en ámbitos especialmente cambiantes.

Ensino e investigación universitaria

A universidade galega deu un salto cualitativo na última década, na que apostamos pola calidade docente, a excelencia investigadora e a especialización destas institucións.

Os cidadáns de Galicia poden estar orgullosos das súas universidades e, desde o PPdeG, somos conscientes da súa relevancia para progreso social e o benestar.

Nestes anos, melloramos a oferta académica, poñendo o foco na innovación e en liña coas necesidades da sociedade; apostamos pola calidade e a excelencia do noso sistema investigador; e seguimos garantindo a igualdade de oportunidades entre os mozos e mozas, con medidas como a conxelación das taxas universitarias.

Nas dúas últimas lexislaturas, incorporamos ata 19 novos graos, vinculados maioritariamente aos ámbitos tecnolóxicos e informáticos. Tamén realizamos o estudio Galicia 2030, pioneiro en España, que permitiu deseñar os mestrados que necesita a nosa comunidade para os vindeiros anos, cara a desenvolver un mercado laboral de futuro.

Desenvolvemos todas estas propostas cun sistema de financiamento estable, que garantiu e garante a estabilidade e o bo desenvolvemento das súas funcións.

Galicia converteuse nun referente no ámbito educativo con iniciativas como:

  • Manter as taxas universitarias conxeladas durante 13 anos consecutivos, que permitiu aforrar ás familias galegas, respecto ao prezo medio das matrículas nas demais comunidades autónomas, 300M€ asegurando o acceso universal aos estudos.
  • Aprobar sistemas de financiamento estables. Neste momento estase desenvolvendo o Plan de Financiamento Universitario 2022/26 co que se mobilizan máis de 3.177M€ nas tres universidades públicas galegas. Galicia está entre as tres comunidades que dedican maior proporción da súa riqueza a financiar as universidades públicas en termos relativos.
  • Poñer en marcha a Rede dos Centros de Excelencia investigadora acreditados pola Xunta de Galicia.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 POÑEREMOS EN MARCHA A GRATUIDADE DA PRIMEIRA MATRÍCULA UNIVERSITARIA POR MATERIA PARA O ALUMNADO GALEGO QUE CURSE ESTUDOS DE GRAO. Unha medida histórica pioneira en España que se desenvolverá de xeito progresivo e universalizará o dereito e posibilidade de cursar estudos superiores para calquera cidadán.

2 ACADAREMOS O 1% DO PIB GALEGO A RECURSOS PÚBLICOS PARA AS UNIVERSIDADES DO SUG.

3 ELABORAREMOS UNHA NOVA LEI DE UNIVERSIDADES DE GALICIA, adaptada á nova Lei estatal e que permita un axuste á realidade universitaria galega.

4 DESENVOLVEREMOS O PROGRAMA TALENTO RETORNA, para incorporar aos centros de investigación do Sistema Universitario Galego, investigadores de primeiro nivel que están a traballar fóra de Galicia.

5 AVANZAREMOS NO MAPA DE TITULACIÓNS DE GRAO UNIVERSITARIO GARANTINDO CO OBXECTIVO DE QUE NINGÚN GALEGO TEÑA QUE MARCHAR DE GALICIA para estudar unha carreira. Crearanse máis dunha ducia de graos e unha decena de mestrados innovadores e adaptados aos novos retos profesionais.

6 CONSOLIDAREMOS A REDE CIGUS DE GRANDES CENTROS UNIVERSITARIOS de excelencia investigadora.

7 IMPULSAREMOS A ESTABILIDADE LABORAL DOS INVESTIGADORES POSDOUTORAIS NO SISTEMA UNIVERSITARIO para que cubran necesidades estratéxicas docentes e/ou investigadoras das universidades públicas.

8 APOIAREMOS A MODERNIZACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS NOS CENTROS UNIVERSITARIOS mediante o desenvolvemento do convenio entre a Xunta de Galicia e as universidades públicas do SUG.

9 ELABORAREMOS UN PLAN DE INTERNACIONALIZACIÓN DA UNIVERSIDADE GALEGA para avanzar na consolidación da excelencia e captación de recursos no sistema universitario galego.

10 AMPLIAREMOS AS PRAZAS DE RESIDENCIAS XUVENÍS DESTINADAS A MOZAS E MOZOS QUE ESTUDEN NAS UNIVERSIDADES GALEGAS E NOS CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

Excelencia e innovación educativa

Temos un modelo educativo de excelencia, froito do traballo de todos os membros que forman o sistema educativo galego (alumnado, docentes e familias) e de máis dunha década de políticas do PPdeG.

Nos vindeiros anos, queremos seguir garantindo un modelo educativo de calidade e equidade. Estamos nunha situación estratéxica para seguir actuando sobre os ámbitos como a innovación, a inclusión e a convivencia.

Nestes anos, Galicia reforzou a excelencia educativa con iniciativas que permitiron:

  • Mellorar a dixitalización das aulas. Os centros galegos están entre os mellor equipados, estamos á cabeza na cifra de alumnos/as por ordenador e somos a comunidade con máis aulas virtuais: +90%.
  • Acadar o 100% de centros con Plan Dixital de centro e actualmente máis de 630 centros están incluídos no programa E-Dixgal.
  • Superar os 500 centros con programa de plurilingüismo.

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 AVANZAREMOS NA INNOVACIÓN DAS TÉCNICAS DOCENTES mediante a aplicación da Intelixencia Artificial.

2 AFONDAREMOS NO DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA DE EDUCACIÓN DIXITAL 2030 para avanzar na transformación dixital do ensino con novos investimentos.

3 APROBAREMOS UNHA LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL QUE GARANTA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NO CONTEXTO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E A DIXITALIZACIÓN, potenciando a educación dixital e minimizando os seus riscos.

4 DOTAREMOS DE SERVIZOS DE CONEXIÓN A INTERNET ALTERNATIVOS NOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN RURAIS para garantir o acceso universal de todo o alumnado e contribuír á REDUCIÓN DA FENDA DIXITAL.

5 REFORZAREMOS O USO DAS COMPETENCIAS ANALÓXICAS DE APRENDIZAXE a través de actividades que poñan en valor a lectura e a escritura para favorecer o desenvolvemento competencial e integral do alumnado.

6 POÑEREMOS EN MARCHA PROGRAMAS AVANZADOS de COMPRENSIÓN LECTORA E ORATORIA que melloren estas competencias en todas as etapas educativas.

7 REFORZAREMOS OS POLOS CREATIVOS como espazos para impulsar as competencias dixitais e tecnolóxicas de toda a comunidade educativa.

8 POÑEREMOS EN MARCHA O EXPEDIENTE DIXITAL ÚNICO DO ALUMNADO QUE PODERÁ XESTIONAR A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN ESPECÍFICA, que o acompañe ao longo de toda a súa vida, facilitando a súa relación coas diferentes administracións.

9 RENOVAREMOS O MODELO EDIXGAL BASEADO NA AULA VIRTUAL INTELIXENTE, atendendo as novas realidades tecnolóxicas.

10 DESENVOLVEREMOS MEDIDAS QUE FAVOREZAN A IMPLANTACIÓN DE RECURSOS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL NA AULA co fin de poñer en práctica as oportunidades que ofrece, analizando, á vez, os potenciais riscos que dela derivan.

11 SIMPLIFICAREMOS OS PROCESOS ADMINISTRATIVOS asociados á práctica docente e á xestión ordinaria dos centros educativos.

12 CULMINAREMOS A EXECUCIÓN DA ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA 2025 para acadar a mellora do clima escolar.

13 DESENVOLVEREMOS A ESTRATEXIA GALEGA DE INCLUSIÓN EDUCATIVA para reforzar a atención á diversidade.

14 POÑEREMOS EN MARCHA PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL E DESENVOLVEREMOS PROTOCOLOS DE IDENTIFICACIÓN de situacións de alarma que poñan en risco a saúde.

Novas prestacións sanitarias

O Partido Popular de Galicia ten sido durante as últimas décadas o garante da extensión dos recursos e prestacións da sanidade pública na nosa comunidade. Desde a transferencia da sanidade á Xunta e a creación do Sergas, gobernos do PPdeG pilotaron a posta en marcha de hospitais como os de Verín, Barbanza, Cee ou Salnés, así como a introdución de novos servizos no conxunto do sistema hospitalario e da atención primaria. Contar cunha carteira de servizos sanitarios máis completa é o obxectivo primordial da nosa política en materia de Sanidade.

Galicia avanzou de xeito significativo NESTES ÚLTIMOS ANOS na ampliación dos servizos sanitarios que ofrece á súa poboación, con actuacións como:

  • A configuración do calendario de vacinación máis completo do mundo, logrado grazas á incorporación nesta lexislatura da inmunización a toda a poboación infantil contra o virus do papiloma humano, a meninxite b, a gripe, o virus respiratorio sincitial ou o rotavirus, así como a vacina do herpes zóster e o reforzo da do pneumococo en poboación adulta , o que levou a Galicia a duplicar nestes catro anos o seu orzamento anual en vacinas,

PROGRAMA ELECTORAL PP DE GALICIA 2024

A GALICIA DAS PERSOAS

LIFICA EMPREGO, co obxectivo de incrementar de forma considerable os novos contratos durante a lexislatura. Iniciativa pioneira en España que ten por finalidade a promoción do retorno das persoas galegas residentes no exterior, incrementando a poboación activa con perfís profesionais vacantes.

IMPULSAREMOS O PROGRAMA RETORNA EMPRENDEMENTO co obxecto de apoiar iniciativas emprendedoras de galegas e galegos que residan fóra da nosa comunidade autónoma, con incentivos especiais para as mulleres.

CREAREMOS A TARXETA GALICIA SAÚDE EXTERIOR, CON CARÁCTER PERMANENTE, para que os galegos residentes no exterior poidan acceder aos servizos sanitarios necesarios durante a súas estancias temporais en Galicia, sen ter que preocuparse da súa renovación en cada unha das viaxes.

INCREMENTAREMOS AS ACTIVIDADES CULTURAIS DAS DISTINTAS ENTIDADES GALEGAS NO MUNDO: › Impartiremos clases de lingua galega para todos os galegos do exterior, incluíndo a posibilidade de examinarse e obter o recoñecemento oficial dos distintos niveis formativos. › Organizaremos importantes eventos culturais nos principais lugares de asentamento de galegos, para crear puntos de encontro entre os galegos dese territorio e tamén con Galicia.

POÑEREMOS EN MARCHA CAMPIONATOS DEPORTIVOS INTERNACIONAIS PARA OS GALEGOS RESIDENTES NO EXTERIOR, que servirán, tanto como nexo de unión entre os galegos de cada área xeográfica, como para lograr a súa relación cos que residen noutros países e mesmo continentes.

Galicia conta cun modelo fiscal propio, responsable e sostible. Somos unha Comunidade fiscalmente competitiva, levamos anos demostrando que é posible baixar impostos, mellorar os servizos públicos e cadrar as contas ao mesmo tempo.

Nos últimos anos aplicamos rebaixas tributarias que priorizan cada ano ás rendas medias e baixas, aos mozos menores de 36 anos, as familias numerosas, persoas con discapacidade, ás vítimas de violencia de xénero e a sectores estratéxicos da nosa economía, como o sector agrario ( Programa de Impostos Cero no rural).

Nestes ÚLTIMOS ANOS exercemos con responsabilidade a nosa autonomía fiscal: › No IRPF levamos aprobadas catro rebaixas do tramo autonómico desde o ano 2014.

  • Galicia é a 3ª Comunidade Autónoma con mellor tratamento fiscal para rendas de ata 21.000€.

BAIXADA DE IMPOSTOS

  • Con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2022, deflactamos os tres primeiros tramos do IRPF e minoramos o máis baixo (do 9,4% ao 9%). Tamén aumentamos os mínimos persoal e familiar. Con isto, de media un contribuínte galego pagou no IRPF do 2022 -476€ menos que en 2009.
  • Tamén equiparamos fiscalmente ás familias de dous fillos coas numerosas, ás que se lle duplica a mesma dedución. Así, na declaración do IRPF do ano 2023 que se fai no 2024 as familias con dous fillos xa poderán deducir 250€, dedución que ata agora tiñan as numerosas de categoría xeral e que agora se lles duplica, ata os 500€ xa que, por cada fillo a maiores, a partir de tres, esta dedución, increméntase noutros 250€. › Galicia é a Comunidade Autónoma con mellor tratamento fiscal no Imposto de Sucesións.
  • O 99,9% das herdanzas dun familiar directo non tributan.
  • Desde 2016 houbo máis de 821.000 beneficiarios. A estes hai que engadirlles os máis de 14.100 beneficiarios do mellor tratamento fiscal en herdanzas entre irmáns. › No Imposto de Transmisións Patrimoniais,
  • Rebaixouse o tipo xeral do 10% ao 9% no ano 2022.
  • Agora, neste 2024 o tipo xeral sitúase nun 8%. Co cal unha persoa que merque unha vivenda usada aforrará en 2024 en torno a 1.000€ por cada 100.000€ que invista na súa compra. Tamén se seguirán aplicando tipos reducidos para os colectivos prioritarios (desde o 7%, 5%, 3% e ata a supresión en zonas pouco poboadas).
  • Desde o ano 2019 houbo máis de 176.000 beneficiarios.
  • Por outra banda, neste 2024 rebaixamos nun 60% (do 8 ao 3%) o Imposto de Transmisións Patrimoniais para a compra de vehículos usados; ao tempo que eliminamos este imposto para as compras de vehículos cualificados de baixas emisións e de mobilidade persoal.
  • reducimos do 8% ao 6% o tipo de gravame na compra de inmobles que vaian ser obxecto de inmediata rehabilitación e que pasen a ter o uso vivenda habitual ao remate das obras, especialmente nas zonas pouco poboadas ou áreas rurais, onde o tipo reducido pasou do 6% ao 4%. › Galicia foi pioneira en España en implantar o programa Impostos Cero no Rural, que ten como obxectivo favorecer a mobilidade de terras, propiciando a súa transmisión ao sector agrario, e facilitar que as explotacións accedan ao solo agrario con menos custe. En definitiva, favorecemos que os galegos poidan vivir no rural e, ademais, vivir do rural.
  • As transmisións e agrupacións de solo rústico e as transmisións de explotacións agrarias de carácter prioritario teñen unha dedución do 100% da súa cota tributaria.
  • Desde 2016 houbo máis de 170.000 beneficiarios.

› Así mesmo, nas súas relacións coa cidadanía, a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) implantou unha canle única telefónica; atende aos maiores de 65 anos con carácter preferente respecto do resto de cidadáns, tanto de xeito presencial como telefonicamente; ampliou os medios de pagamento de determinados impostos; habilitou a posibilidade de que calquera imposto poida presentarse de xeito telemático; e estendeu os medios de acceso de xeito electrónico aos servizos da Atriga, a través da Chave365 e da nova modalidade de acceso á OVTributaria, entre outras. Implantouse en 2021 o pago de taxas e tributos a través da OVT con calquera tarxeta bancaria, en 2022 por xiro postal e en 2023 por Bizum.

1 CONSOLIDAREMOS AS REBAIXAS IMPULSADAS NO IRPF e no IMPOSTO DE SUCESIÓNS, para que máis do 99,9% dos galegos sigan sen pagar nin un euro por unha herdanza dun familiar directo.

2 GARANTIREMOS que os galegos sigan sendo dos que MENOS IMPOSTOS pagan por comprar unha VIVENDA HABITUAL NO RURAL e MANTEREMOS A ELIMINACIÓN DO IMPOSTO DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS PARA MOZOS, VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, FAMILIAS NUMEROSAS E PERSOAS CON DISCAPACIDADE que adquiran a súa vivenda habitual nas zonas consideradas POUCO POBOADAS.

3 MODERNIZAREMOS as ferramentas para o funcionamento da AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA), a través dun Plan Estratéxico, que facilitarán a simplificación nas súas relacións coa cidadanía e reducirán a litixiosidade.

NA VINDEIRA LEXISLATURA CONTINUAREMOS COA POLÍTICA DE REBAIXAS FISCAIS SELECTIVAS QUE PERMITAN AXUDAR A QUEN MÁIS O NECESITA E CO FIN DE DINAMIZAR A NOSA ECONOMÍA:

4 FACILITAREMOS AS XESTIÓNS DA CIDADANÍA COA ATRIGA, axilizando os procedementos tributarios e simplificando a linguaxe dos documentos nos que nos diriximos a ela. Entre outras medidas: a. Ampliaremos a todas aquelas persoas que o desexen a posibilidade de elaboración das autoliquidacións do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP) e do Imposto de Sucesións e Doazóns (ISD). b. Aumentaremos os medios e formas de atención á cidadanía implantando sistemas como a videoconferencia e a firma biométrica dos documentos coa Atriga, fomentando así que se amplíen as canles de comunicación xa existentes presenciais e telefónicas. c. Ampliaremos os servizos dispoñibles para realizar a través da APP da ATRIGA. d. Simplificaremos a Oficina Virtual Tributaria (OVT) para facilitar o cumprimento dos modelos de autoliquidación de ISD e ITP coa achega dos menos datos posibles por parte da cidadanía. e. Crearemos unha Delegación dixital de ATRIGA para información e asistencia á cidadanía, dando as maiores facilidades para aqueles que non desexen desprazarse e realicen as declaracións e trámites en liña. f. Seguiremos a ampliar os medios de pago mediante a implantación do pago por transferencia e a posibilidade de domiciliar os pagos en entidades non colaboradoras dentro da Zona SEPA.

5 SEGUIREMOS AVANZANDO NA LOITA CONTRA A FRAUDE FISCAL, a través da analítica avanzada e Intelixencia Artificial para o control e detección da fraude tributaria.

A GALICIA QUE PROSPERA

Queremos unha GALICIA innovadora, que desenvolva todo o seu potencial como Comunidade Autónoma punteira na industria e na empresa e que redefina as súas posibilidades de sostibilidade e produtividade, como pulo económico para unha sociedade que medre e avance.

Queremos unha GALICIA punteira na transferencia de coñecemento, con convocatorias competitivas no eido da investigación que sigan facendo de Galicia un referente en ciencia a nivel internacional e con canles que faciliten unha áxil transformación dos resultados en accións destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas e a súa saúde física e mental.

Queremos unha GALICIA á cabeza da tecnoloxía, pero que respecte a nosa contorna, a nosa riqueza natural e a nosa paisaxe. Queremos unha GALICIA contemplada en perspectiva macro, como un gran laboratorio de ideas, pero que non perda a visión micro, idiosincrásica e territorial.

Queremos unha GALICIA do mar, pero tamén do agro, da gandaría, das lonxas e dos portos, dos montes e da madeira. Unha GALICIA que xere emprego, para todos, sen distinción, unha GALICIA que manteña os oficios tradicionais e os conxugue en perfecta simbiose cos nichos de nova creación. Queremos unha GALICIA con actividade económica nas aldeas, nas vilas e nas cidades, no interior e na costa, unha GALICIA que favoreza o emprendemento e facilite o asentamento de negocio.

A GALICIA DE RUEDA está chamada a ser unha GALICIA chea de oportunidades, unha GALICIA que avance sen medo, sen límites.

A GALICIA DE RUEDA, unha GALICIA que medre e que prospere.

GALICIA: POLO DE ATRACCIÓN DE INDUSTRIA DENTRO DA PENÍNSULA IBÉRICA

Galicia debe constituírse nun referente dentro da península Ibérica en canto á atracción de empresas para o que cómpre potenciar aspectos positivos nos que xa destaca (como a estabilidade socio-política ou o apoio ao sector empresarial), pero tamén incidir na mellora doutros aspectos que condicionan as decisións empresariais e industriais en canto á localización dunha nova iniciativa ou do crecemento das xa existentes.

O obxectivo non é outro que posicionar Galicia desde o punto de vista empresarial pensando no valor engadido do noso territorio: nunha distribución coherente do solo industrial especializado por sectores, impulsando sinerxías entre as diferentes iniciativas empresariais e a optimización dos procesos loxísticos.

Ademais do apoio á implantación de proxectos concretos, para acadar o obxectivo de aumentar a contribución da industria ao PIB, deben deseñarse medidas dirixidas a incrementar a actividade e o emprego nos distintos sectores industriais, tanto os sectores emerxentes, con maior potencial de crecemento, como os sectores máis consolidados, que están a requirir unha adaptación no escenario actual de transición cara a unha economía máis verde, innovadora e dixital.

Neste ámbito, Galicia xa fixo un importante esforzo por atraer novos proxectos á Comunidade a través dunha tramitación máis áxil e máis eficiente. Neste empeño por seguir reducindo prazos e captar máis e mellores investimentos, pero mantendo as mesmas garantías xurídicas, técnicas e medioambientais, puxéronse en marcha unha serie de mecanismos como: › Os proxectos industriais estratéxicos (PIE), figura excepcional que permite a áxil tramitación de iniciativas industriais con especial repercusión no tecido industrial de Galicia. › As iniciativas empresariais prioritarias (IEP), figura á que se podían acoller proxectos de tamaño menor que os proxectos industriais estratéxicos, e que permitían a redución de prazos nas súas tramitacións administrativas. › O impulso da cadea de valor industrial asociada a novas tecnoloxías nas que a industria galega pode ter un papel clave no futuro, como a fabricación de compoñentes para a enerxía eólica mariña ou a produción de hidróxeno verde.

NA VINDEIRA LEXISLATURA DENDE O PPDEG:

1 DESENVOLVEREMOS UNHA ESTRATEXIA DE POLÍTICA INDUSTRIAL INTEGRADA, RESPONSABLE, COMPROMETIDA E DIRIXIDA A APROVEITAR A OPORTUNIDADE HISTÓRICA NA QUE SE ATOPA GALICIA E NA QUE FAGAMOS UN APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS NOSOS RECURSOS NATURAIS. O modelo que queremos para Galicia é compartido e inclusivo, no que participen todos os axentes do ecosistema industrial: as empresas, as Administracións públicas, as persoas traballadoras, as universidades, os centros de investigación ou os centros tecnolóxicos.

2 IMPULSAREMOS UNHA INDUSTRIA DE ALTO NIVEL TECNOLÓXICO E INNOVADOR, CAPAZ DE ATRAER TALENTO, DE CREAR RIQUEZA E DE GARANTIR O BENESTAR SOCIAL. Fomentaremos a execución de proxectos de investimento industrial por parte das empresas, incrementando o seu nivel de competitividade en colaboración cos axentes científicos e tecnolóxicos.

3 APROBAREMOS PLANS DIRECTORES DE IMPULSO DOS SECTORES INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS EN GALICIA. Estes plans directores terán como finalidade afianzar e incrementar o peso de cada un dos sectores na industria galega e, polo tanto, na economía da nosa comunidade. Na súa elaboración utilizaranse instrumentos como o Mapa Industrial de Galicia, que incluirá información sobre a implantación actual dos distintos sectores.

4 PARA O SECTOR DA AUTOMOCIÓN, APROBAREMOS E DESENVOLVEREMOS UN PLAN DIRECTOR ESPECÍFICO, dirixido a garantir a competitividade das nosas empresas nos vindeiros anos, facilitando as adaptacións ao novo escenario de transición cara á mobilidade eléctrica e garantindo a formación do persoal que require o sector.

5 DESENVOLVEREMOS UN PLAN DIRECTOR DO SECTOR NAVAL, dirixido a fortalecer a súa cadea de valor, impulsando a diversificación sectorial, a achega de maior valor engadido aos seus produtos, e as medidas que favorezan a súa transformación dixital.

6 DESENVOLVEREMOS O PLAN AUTONÓMICO DE IMPULSO E ACELERACIÓN DE PROXECTOS INDUSTRIAIS, co obxectivo de reducir a burocracia e adiantar os prazos de implantación ou ampliación das industrias e a creación de emprego, acompañando e colaborando coas persoas investidoras desde o inicio do proxecto ata a súa posta en marcha.

7 FACILITAREMOS A IMPLANTACIÓN DE PROXECTOS INDUSTRIAIS ESTRATÉXICOS, co obxectivo de impulsar os proxectos que, polo seu investimento e xeración de emprego, constitúan verdadeiros motores da economía da zona na que se implantan, entre outros: › O proxecto de fibras téxtiles sostibles en Palas de Rei. › A planta de produción de metanol verde en Mugardos. › A planta de produción de hidróxeno verde en As Pontes. › A planta de biofibra reciclada branqueada en As Pontes.

8 INCLUIREMOS PLANS DE ACCIÓN DIRIXIDOS Á CUALIFICACIÓN DE PROFESIONAIS co fin de reverter a situación actual de falta de profesionais que afecta a algúns dos perfís de persoas traballadoras que require a industria.

9 CONCEDEREMOS AXUDAS PARA AS INFRAESTRUTURAS DE CONEXIÓN Á REDE ELÉCTRICA EXISTENTE para incentivar a realización de proxectos industriais estratéxicos en Galicia, e reclamaremos ao Goberno de España a modificación da planificación eléctrica (2021-2026) e aprobación dun marco de subministración eléctrica, estable e predicible para a industria (especialmente a electrointensiva e a gasintensiva) poidan desenvolver as súas actuacións.

10 IMPULSAREMOS OS NOVOS EMPRENDEMENTOS INDUSTRIAIS A TRAVÉS DUNHA ESTRATEXIA DE DINAMIZACIÓN E CONSOLIDACIÓN DA REDE DE VIVEIROS INDUSTRIAIS.

11 MELLORAREMOS A SEGURIDADE INDUSTRIAL EN GALICIA co fin de previr os accidentes e limitar os riscos de danos persoais e materiais no caso de que se produzan, mellorando así a seguridade das empresas, das persoas traballadoras e da poboación en xeral.

12 IMPULSAREMOS A COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA EN MATERIA DE SEGURIDADE INDUSTRIAL A TRAVÉS DO CONSELLO GALEGO DE SEGURIDADE INDUSTRIAL, como órgano colexiado que busca dialogar, impulsar e coordinar os criterios e as actuacións en materia de seguridade industrial, mellorando así a interlocución entre os distintos axentes que participan nas actividades deste eido.

13 IMPULSAREMOS AS OPORTUNIDADES QUE OFRECEN OS NOVOS SECTORES EMERXENTES para a formación de novas cadeas de valor, aproveitando a cualificación e experiencia dos axentes que forman parte do tecido produtivo de Galicia.

14 APOIAREMOS A CAPTACIÓN E XESTIÓN DOS FONDOS EUROPEOS PARA A INDUSTRIA GALEGA, co fin de aproveitar a oportunidade para o noso tecido produtivo.

15 MELLORAREMOS AS CONDICIÓNS DE ACCESO AO SOLO PÚBLICO INDUSTRIAL, mediante o establecemento de dereitos de superficie en condicións vantaxosas.

16 PROMOVEREMOS A MELLORA E MANTEMENTO DOS PARQUES EMPRESARIAIS da comunidade, con liñas de axuda que permitan modernizar as súas infraestruturas e dar resposta ás súas necesidades en materia de interconexión eléctrica.

17 DESENVOLVEREMOS UN PLAN INTERNACIONAL DE CAPTACIÓN de empresas e grandes proxectos para Galicia que recollerá os principais valores e virtudes da nosa comunidade por zonas xeográficas, segundo o mapa industrial que se vai desenvolver.

18 PRESTAREMOS ESPECIAL ATENCIÓN Á DOTACIÓN DE SERVIZOS ALTERNATIVOS DE CONEXIÓN A INTERNET a iniciativas socioeconómicas implantadas no rural para contribuír á redución da fenda dixital.

Nos últimos anos, a Xunta e o IGAPE despregaron un amplo abano de iniciativas cun enfoque claro: impulsar o emprendemento, promover a creación de novos negocios, fortalecer, consolidar e estimular o crecemento de autónomos, pemes, así como de grandes corporacións na nosa terra.

Isto traduciuse nun tecido industrial máis robusto e competitivo na nosa rexión, e o que é aínda máis importante, xerou oportunidades de emprego para os galegos.

Así, en apoio empresarial, só nos exercicios 2022 e 2023 concedéronse máis de 61M€ en axudas, mobilizando un investimento total de máis de 274M€. En total apoiáronse máis de 3.100 proxectos. No mesmo período, tamén concedéronse máis de 740 operacións de préstamo por importe de 112M€, que mobilizaron máis de 121 M€.

Apoios máis salientables 2022 – 2023: poiáronse 227 proxectos de investimento produtivo por un importe total de máis de 20,6M€ en axudas, que mobilizaron 81M€ en investimentos. › En competitividade, apoiáronse proxectos por un importe total de máis de 12M€ en axudas, fomentando máis 300 proxectos colaborativos de carácter empresarial e máis de 700 servizos ás pemes, que mobilizaron en conxunto máis de 24M€. › Desde 2013, realizáronse máis de 3.000 diagnósticos de potencial de internacionalización.

APOIANDO A ECONOMÍA GALEGA E EXPORTANDO CALIDADE AO MUNDO

› En canto aos apoios á internacionalización de autónomos e pemes, tamén neste período 2022-2023 concedéronse axudas por importe de 13,7M€, fomentando 650 actuacións que mobilizaron máis de 15M€. › En termos de exportacións, en 2022 superouse a cifra de 29.000M€, ata chegar a preto de 30.000M€, sobrepasando o obxectivo establecido para 2025. Tamén se superou o obxectivo de 8.000 empresas exportadoras, alcanzando a cifra de 8.500 empresas.

  • Galicia rexistrou nos once primeiros meses de 2023 exportacións por valor de 27.667 M€, cifra similar ao do mesmo período do ano 2022, o que supón un crecemento do 0,7% respecto do mesmo período de 2022. O crecemento das exportacións en novembro de 2023 foi dun espectacular 11,8%, acadando os 2.865 M€.
  • Sexan como sexan os datos definitivos de decembro, estamos a 2.300 M€ de conseguir chegar aos 30.000 M€ e iso indica que se vai a conseguir manter unha tendencia récord no volume de exportacións galegas.

DE CARA Á VINDEIRA LEXISLATURA:

1 OFRECEREMOS AÍNDA MÁIS APOIOS AOS AUTÓNOMOS E ÁS EMPRESAS para acadar un maior desenvolvemento económico, así como máis e mellores empregos. Reforzaremos os apoios aos investimentos produtivos para que estean na vangarda das novas tendencias en dixitalización e sostibilidade, así como aqueles que contribúan a mellorar a súa competitividade.

2 CONTAREMOS CUN IGAPE MÁIS PRETO DO TECIDO PRODUTIVO e das súas necesidades, polo que impulsaremos novas medidas en liña coa Oficina Económica de Galicia, unha canle única de entrada para as empresas que permitirá informar, acompañar, asesorar e dar resposta ás empresas. Con esta oficina impulsaremos as distintas iniciativas, con celeridade e redución da burocracia como elementos determinantes do impulso á política económica de Galicia.

3 DESEÑAREMOS INSTRUMENTOS A MEDIDA PARA OS SECTORES QUE PRECISEN UNHA MAIOR ATENCIÓN, como os que se desenvolveron no sector agroalimentario (anticipando a compra da uva); concedendo unha maior flexibilidade para a reestruturación das débedas nas empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura; ou co apoio ás empresas auxiliares do naval.

4 ATENDEREMOS AS NECESIDADES DAS EMPRESAS QUE DESEXEN AMPLIAR O SEU TAMAÑO, con medidas destinadas a impulsar as fusións e adquisicións entre empresas mediante programas de financiamento e subvencións, para responder ás necesidades de crecemento ou maior dimensión empresarial, e para paliar a situación de empresas en dificultades.

5 MODIFICAREMOS A LIÑA DE PRÉSTAMOS DIRECTOS para financiar os investimentos estratéxicos e a operativa das empresas no contexto actual: eliminando o importe máximo de apoio, que estará limitado pola dispoñibilidade orzamentaria; aumentando o prazo de vixencia dos préstamos a 15 anos; e axustando os prazos de carencia á realidade empresarial.

6 AUMENTAREMOS A BONIFICACIÓN DE TIPOS DE INTERESE EN CINCO PUNTOS, ATA UN TOPE MÍNIMO DUN 2%, nos préstamos directos concedidos polo Igape para investimentos estratéxicos.

7 REFORZAREMOS OS APOIOS PARA A IMPLANTACIÓN E ATRACCIÓN DE EMPRESAS para: › Implantación de novo establecemento. › Ampliación da capacidade da empresa existente. › Diversificación ou cambio no proceso global de produción. › Traslado de empresas doutros territorios a Galicia. › As medidas de atracción de empresas e traslado, a través de programas de financiamento e subvención, deberán contar cun mínimo de investimento empresarial de 800.000€ ou ben proxectos empresariais cun investimento igual o superior a 100.000 €, que supoñan a creación de 25 novos empregos.

8 CREAREMOS UN NOVO FONDO PÚBLICO-PRIVADO QUE ATRAIA CAPITAL PARA INVESTIR EN GALICIA e nas empresas galegas. Este fondo centrarase en apoiar proxectos empresariais que contribúan á transformación de Galicia, e afiancen a aposta da Comunidade pola dixitalización e a sostibilidade.

9 INCREMENTAREMOS O FINANCIAMENTO DE PROXECTOS DIXITAIS, concretamente de transformación dixital.

10 FACILITAREMOS O ACCESO A FINANCIAMENTO con créditos preferenciais para empresas que invistan en formación e desenvolvemento da súa forza laboral.

11 PROMOVEREMOS FORMAS DE FINANCIAMENTO ALTERNATIVO como o micromecenazgo (crowdfunding) e outros mecanismos de innovadores.

12 En definitiva, POREMOS a disposición das empresas 1.500M€ en apoios, instrumentos financeiros e capital risco.

SOLO EMPRESARIAL

O desenvolvemento de solo empresarial para o asentamento das actividades industriais debe orientarse dende unha dobre perspectiva: por unha banda, buscando o imprescindible impulso da actividade económica; e, por outra, cunha ordenación adecuada do territorio que sexa respectuosa coa conservación do medio. Esta dobre finalidade é a que debe de perseguir a planificación de áreas empresariais no territorio. Ademais, é preciso establecer incentivos para facilitar o acceso ao solo industrial por parte dos empresarios facilitando a viabilidade das implantacións.

Neste ámbito, Galicia dispón de instrumentos e recursos que facilitan o desenvolvemento de areas empresariais e incentivos que melloran as posibilidades de acceso ao solo: › Dispoñemos do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, onde se localizan e delimitan as actuacións a desenvolver. › Contamos cunha lei especifica para facilitar, axilizar e flexibilizar o desenvolvemento de solo: a Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia. › Somos o maior promotor de solo de Galicia e o único que bonifica todo o solo que comercializa, con rebaixas no prezo de ata o 50%. › O balance non pode ser máis positivo: adxudicamos entre 2015 e 2023 máis de 3 millóns de m2 de solo con máis de 86M€ de bonificacións.

DE CARA Á VINDEIRA LEXISLATURA:

1 Desenvolveremos actuacións de solo empresarial de tal xeito que nos permita ter planificado e con posibilidades de estar rapidamente dispoñible SOLO EMPRESARIAL POR 8 MILLÓNS DE M 2 NO ANO 2028.

2 IMPULSAREMOS O DESENVOLVEMENTO DE ECOPARQUES, de xeito que as novas áreas empresariais respondan a criterios medioambientais, eficientes e de accesibilidade.

3 FACILITAREMOS A IMPLANTACIÓN DE FONTES DE ENERXÍA RENOVABLE nas áreas xa existentes permitindo utilizar diferentes zonas libres para a instalación das infraestruturas necesarias.

4 POTENCIAREMOS A INTERMODALIDADE DAS ÁREAS EMPRESARIAIS que teñan a consideración de estratéxicas para facilitar fluxos de materias primas e mercadorías dun xeito mais eficaz.

5 REFORZAREMOS A NOSA POLÍTICA PIONEIRA DE BONIFICACIÓNS ás iniciativas empresariais. Estableceremos importantes descontos nos parques industriais autonómicos en función do emprazamento e da cantidade de solo industrial dispoñible.

6 FOMENTAREMOS CANLES DE COLABORACIÓN COS EMPRESARIOS PARA A POSTA EN MARCHA DAS ENTIDADES DE XESTIÓN E MODERNIZACIÓN, que facilitarán a participación do tecido produtivo na xestión da área empresarial onde están implantados.

7 AXUDAREMOS A DESENVOLVER PEQUENAS ZONAS DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS NOS CONCELLOS DE MENOR TAMAÑO.

ORIENTACIÓN, FORMACIÓN E CREACIÓN DE EMPREGO

As políticas de fomento do emprego son unha prioridade para o PPdeG, xa que consideramos que a xeración de oportunidades laborais é a mellor contribución á política social, permitindo ás persoas desenvolver a súa autonomía persoal.

Froito dunha escoita activa e traballo conxunto cos principais axentes sociais, o Goberno galego vén impulsando medidas de calado focalizadas no fomento e mellora de oportunidades, especialmente entre colectivos prioritarios como poden ser a mocidade, os maiores de 55 anos, as persoas con discapacidade, así como os parados de longa duración.

Este labor de estímulo desenvólvese tendo presente que a maioría das profesións vanse ver impactadas polas novas tecnoloxías e a transición verde e, tamén, non menos importante, polo envellecemento da poboación.

Polo tanto, ademais de incentivar a contratación, cómpre seguir traballando nunha necesaria readaptación do sistema de orientación formación para o emprego en base aos novos requirimentos laborais de xeito que se poidan prover as novas demandas de perfís do mercado de traballo.

No ámbito da promoción do emprego, NOS ÚLTIMOS ANOS Galicia destaca por: › CONVERTERSE NUN REFERENTE A NIVEL ESTATAL pola pluralidade de instrumentos. De feito, seguimos sendo a segunda comunidade autónoma por número de axudas ao emprego con 65 liñas de apoio. › SER A COMUNIDADE AUTÓNOMA QUE MÁIS INVESTIMENTO POR POBOACIÓN PARADA dedica ao emprego. Cun orzamento global de 345,9M€ en 2023, o investimento por poboación parada foi de 2.552,73€, é dicir, case 1.000€ máis que a media nacional. › Promover a AXENDA GALEGA DE CAPACIDADES PARA O EMPREGO en novembro de 2021. Unha iniciativa pioneira a nivel europeo, no marco de cooperación pú-blico-privada, dirixida a mellorar a empregabilidade da cidadanía, a competitividade e resiliencia do tecido produtivo, a retención do talento galego e atracción de talento externo e a eficiencia do emparellamento entre demanda e oferta de emprego. › Ser a ÚNICA COMUNIDADE AUTÓNOMA en OFRECER AOS SECTORES PRODUTIVOS UNHA FORMACIÓN QUE RESPONDE ÁS SÚAS NECESIDADES, mediante convenios con clústeres e entidades representativas do tecido empresarial. Trátase de accións formativas de carácter non formal e de curta duración definidas por estas nas que teñen participado xa preto de 29.000 persoas. › Poñer en marcha un CAMPUS VIRTUAL DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO, que xa conta con máis de 13.471 persoas usuarias. › Lanzar os BONOS TALENTO EMPRESA coa finalidade de que as pequenas empresas e persoas autónomas con traballadores por conta allea poidan realizar accións formativas de curta duración que melloren as competencias profesionais dos seus cadros de persoal. › REFORZAR O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA coa incorporación de 136 orientadores laborais e prospectores empresariais. › Implantar unha NOVA FERRAMENTA TECNOLÓXICA PIONEIRA A NIVEL ESTATAL (EMi), que permite sincronizar a oferta e a demanda de emprego utilizando a Intelixencia Artificial e o Big Data. › APOIAR AOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN, grazas aos programas de formación dual, cubrindo o 100% da formación, e axudas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social. › SER A PRIMEIRA COMUNIDADE AUTÓNOMA EN NÚMERO DE CONTRATOS RESERVADOS con empresas de inclusión e centros especiais de emprego aos que se lles dedica máis de 3M€ anuais, cunhas porcentaxes por enriba ás esixidas por lei. › REFORZAR O PROGRAMA GALICIA EMPREGA, destinado a grupos de persoas con maior dificultade de acceso ao emprego: mulleres, emigrantes retornados ou estranxeiros, xuventude, persoas con discapacidade, maiores de 55 anos, persoas paradas de longa duración ou en risco ou situación de exclusión social, con 12.000 novos contratos.

E NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 CONTINUAREMOS MELLORANDO O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA co obxectivo de seguir a reforzar a empregabilidade das persoas traballadoras e dar cobertura ás demandas e ofertas de traballo vacantes do tecido produtivo galego.

2 FORMAREMOS AOS ORIENTADORES DOS CENTROS EDUCATIVOS para actualizar os seus coñecementos no ámbito da empregabilidade, novos nichos de mercado e perfís profesionais.

3 REFORZAREMOS A OFERTA FORMATIVA DO CENTRO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DE GALICIA mediante a actualización dunha oferta valorada polo sector TIC.

4 ELABORAREMOS UN MARCO NORMATIVO AUTONÓMICO DE MICROCREDENCIAIS e impulsaremos o seu uso para abordar o desequilibrio entre as competencias e habilidades da poboación activa e as requiridas polo mercado laboral.

5 IMPULSAREMOS ACCIÓNS FORMATIVAS CERTIFICABLES DE CURTA DURACIÓN co fin de dotar ás persoas traballadoras de itinerarios formativos máis flexibles e escalables, adaptados ás necesidades do mercado laboral.

6 AMPLIAREMOS AS UNIDADES FORMATIVAS EN

Programa Electoral PP de Galicia 2024

TAREMOS E APLICAREMOS UN PLAN DE XESTIÓN DE MEXILLA, que recolla anualmente a situación do recurso e as posibilidades de extracción, baixo a base do coñecemento científico da disposición e necesidades de mexilla. a. APOIAREMOS O DESENVOLVEMENTO DE HATCHERIES PARA A PRODUCIÓN DE MEXILLA, de forma que se evite a dependencia da captación ou extracción natural e se permita mellorar na resiliencia do recurso fronte ao cambio climático. b. ARTELLAREMOS UN ESTUDO DE BUSCA E DESENVOLVEREMOS MEDIDAS DE PRESENZA EN NOVOS MERCADOS, mediante a promoción específica neles e o asesoramento para o movemento internacional do produto. c. ACHEGAREMOS APOIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS E FORMATOS DO MEXILLÓN NOS MERCADOS, buscando a obtención de maior valor engadido e a ruptura da brecha do produto como ben perecedoiro. d. ANALIZAREMOS E DESENVOLVEREMOS MEDIDAS DE MELLORA DO PAPEL DA DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA, fomentando a inclusión dos avances producidos no sector e fortalecendo a certificación e a integración dos elos da cadea de valor do mexillón no Consello Regulador. e. PROMOVEREMOS UN SISTEMA DE AVAL DAS VENDAS MEDIANTE UNHA FERRAMENTA PÚBLICO-PRIVADA, de xeito que se permita a mellora no aseguramento das operacións comerciais, especialmente fóra de España. 2 ADECUAREMOS E ACTUALIZAREMOS A NORMATIVA DA MITILICULTURA, coa inclusión dos avances acaecidos no sector bateeiro e para adaptala á realidade da actividade: a. PROMOVEREMOS O RECOÑECEMENTO E A REALIDADE DA EXISTENCIA DE NOVOS ARTEFACTOS DE CULTIVO E PRODUCIÓN DE SEMENTE, removendo limitacións de captación ou movemento. b. AXEITAREMOS A REGULACIÓN DA OBTENCIÓN DE SEMENTE, avanzando cara a planificación da xestión do recurso. 3 CULMINAREMOS A ORDENACIÓN DOS PARQUES DE CULTIVO E AFIANZAREMOS A SÚA COMPETITIVIDADE, regulando aspectos relativos á titularidade, trazabilidade e valor comercial, para o que se impulsará unha Indicación Xeográfica Protexida.

4 FORTALECEREMOS A SEGURIDADE XURÍDICA E ECONÓMICA DO SECTOR A TRAVÉS DO APOIO NORMATIVO E DA ADAPTACIÓN AOS SEGUROS DE PRODUCIÓN. 5 CREAREMOS UNHA OFICINA DE TRAMITACIÓN ÚNICA PARA OS PROXECTOS ACUÍCOLAS. 6 ELABORAREMOS UNHA ESTRATREXIA DE MELLORA DO COÑECEMENTO PARA O FUTURO DO SECTOR a través de dúas iniciativas: a. UN ESTUDO DA CAPACIDADE DE CARGA PRODUTIVA DAS NOSAS RÍAS e espazos protexidos, de cara a xestionar e ordenar a actividade de forma sostible e equilibrada nos eidos ambiental e económico. b. UN CARTOGRAFIADO SOCIOECONÓMICO DOS NOSOS ESPAZOS ACUÍCOLAS, de cara a coñecer o impacto das propostas de produción eléctrica ou de protección ambiental nestes ámbitos. Galicia sabe a mar; un sabor coñecido por moitos pero non por todos, polo que o desenvolvemento de novas liñas de promoción; a reformulación dos programas de promoción de consumo nas escolas e nos mercados de proximidade; e a presenza en feiras sectoriais son vitais para seguir a difundir os valores nutritivos e culinarios dos produtos do mar. O obxectivo non é outro que facer que siga a ser competitivo, especialmente nos mercados, que teñen mudado profundamente tralo descenso da canle HORECA e a dinamización dos sistemas dixitais de compra. De aí a vontade de reforzar os apoios para adecuar as estruturas produtivas e as campañas promocionais e avanzar na dixitalización das canles comerciais, facilitando a chegada dos produtos aos consumidores. Nos últimos catro anos: › Segundo as últimas Táboas Input-Output da Pesca-Conserva Galegas 2019, a produción do sector do mar acadou os 5.500 M€ (+50% que nas táboas de 2011), dos que 4.350 M€ (o dobre que en 2011) foron xerados pola industria transformadora. Unha industria na que traballan máis de 13.000 persoas. › Pola súa banda, o sector conserveiro, clave para Galicia en termos de emprego e produción nacional, ao supoñer o 75% do emprego e o 88% da facturación, aumentou no último ano un 5,7% a súa facturación, ata chegar a preto de 1.750 M€. E alcanzouse o valor máis alto por quilogramo desde que existen rexistros, con 5,71 €/Kg. › No eido internacional, Galicia superou en 2022 a cifra dos 2.700 M€ de exportacións de produtos do mar, crecendo un 12% en comparación con 2021 e un 125% desde 2009. É a 10ª potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, por diante de países coma Xapón ou Islandia.

TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN

NOS PRÓXIMOS CATRO ANOS: 1 PROMOVEREMOS UNHA PLATAFORMA VIRTUAL DE VENDA DE PRODUTOS DO MAR, para un maior rendemento económico, especialmente no marisqueo. 2 COMPLETAREMOS A DIXITALIZACIÓN DAS LONXAS GALEGAS, culminando o proxecto Primare e dotando a todos os espazos de venda dunha posibilidade de poxas online e da xeración dixital de toda a identificación e trazabilidade dos produtos comercializados. 3 PROMOVEREMOS UNHA HOMOLOGACIÓN DAS CONFRARÍAS COMO ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES, para acceder ás vantaxes outorgadas pola UE a estas entidades. 4 REDACTAREMOS UN PLAN ESTRATÉXICO DO CONXELADO DE PRODUTOS DO MAR CARA A 2030, da man do sector, coa vista posta na adecuación da estrutura produtiva internacional. 5 IMPULSAREMOS UN MARCO NORMATIVO PARA A DINAMIZACIÓN, TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN da cadea mar-industria, cos seguintes eixos: a. UN INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA ATENDER ÁS GRANDES EMPRESAS. b. A NOVA LEI GALEGA DO LITORAL. c. Seguiremos reclamando ao Goberno de España un PERTE específico para este sector. 6 ACADAREMOS A PLENA IDENTIFICACIÓN DOS PRODUTOS GALEGOS DO MAR CON CALIDADE DIFERENCIADA MEDIANTE A MARCA “GALICIA CALIDADE”. 7 AMPLIAREMOS AS CAMPAÑAS PROMOCIONAIS DE CONSUMO, con especial atención ao ámbito urbano e con amplitude nacional e internacional, a través da rotulación do transporte e campañas específicas en mercados de abastos. 8 PROMOVEREMOS A REMUDA XERACIONAL MEDIANTE A FORMACIÓN NOS EIDOS COMERCIAL E TRANSFORMADOR: a. DOTANDO ÁS PLACEIRAS E RESPONSABLES DE PESCADERÍAS DUNHA FORMACIÓN ESPECÍFICA NA PREPARACIÓN DOS PRODUTOS DO MAR. b. ESTABLECENDO UN PLAN FORMATIVO PARA CADROS E RESPONSABLES DE EMPRESAS COMERCIALIZADORAS E TRANSFORMADORAS.

Galicia é a principal rexión produtora de moluscos de Europa sendo dende sempre obxectivo prioritario para o PPdeG ser un referente no control das zonas de produción e acadar o máximo nivel de seguridade alimentaria. Imos seguir potenciando o Intecmar no seu exercicio de función de control da calidade do medio mariño para garantir e reforzar a presenza dos nosos produtos nos mercados nacionais e internacionais. Neste ámbito, Galicia converteuse nun referente con iniciativas como: › Ter o primeiro centro de control oficial de España en ter implantado e acreditado (febreiro 2013) o novo método químico de referencia para a análise das biotoxinas mariñas lipofílicas. › Acadar unha melloría na clasificación das zonas de produción de moluscos; así, desde abril 2009 ata outubro 2023 houbo un incremento da porcentaxe de zonas de mellor clasificación (↑ zonas A) dun 3,1% ata un 13,5% e un descenso da porcentaxe de zonas de peor clasificación (↓ zonas C) dun 15,3% ata un 6,8%. › Ter un centro de control oficial referente na súa materia tendo sido designado no 2016 pola Secretaría Xeral de Pesca (Magrama) como o único laboratorio de España para a realización de tódalas analíticas das mostras recollidas en diferentes zonas de produción no Reino de España no marco dun estudo europeo sobre a presenza de Norovirus en ostras. › Intecmar foi designado no 2021 pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) como Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas.

SEGURIDADE ALIMENTARIA – CONTROL E TRAZABILIDADE

E, NA VINDEIRA LEXISLATURA: 1 AMPLIAREMOS A ACREDITACIÓN DO LABORATORIO OFICIAL con novos ensaios para adaptarnos ás necesidades de protección dos consumidores fronte a contaminantes ou biotoxinas mariñas. 2 AMPLIAREMOS O NÚMERO DE PUNTOS DE MOSTRAXE para mellorar as redes de control detectando calquera risco con repercusión directa na saúde dos consumidores.

A Xunta de Galicia está a xestionar dun xeito integral os seus espazos portuarios nun marco aberto de convivencia nas vilas onde se ubican, apostando decididamente polo pulo de cada sector, dende a pesqueiro-produtivo e a cadea mar-industria ata o náutico recreativo. Así mesmo traballa na modernización das instalacións e servizos portuarios investindo nas súas infraestruturas e implantando novas tecnoloxías mais eficientes. Os recursos autonómicos orzamentados para asumir os gastos dos 122 portos de titularidade da Xunta, medraron nesta lexislatura desde os 29 M€ aos mais de 36 M€ previstos no vindeiro orzamento para 2024.

PORTOS E LONXAS

NOS PRÓXIMOS CATRO ANOS: 1 HOMOXENEIZAREMOS AS TAXAS PESQUEIRAS NOS PORTOS GALEGOS, AXUSTANDO Á BAIXA AQUELAS NAS QUE EXISTA DISCREPANCIA ENTRE INSTALACIÓNS DE DIFERENTE TITULARIDADE. 2 PROMOVEREMOS UN PLAN PARA A RENOVACIÓN INTEGRAL DOS ESPAZOS PARA CONFRARIAS, ARMADORES E VENDEDURIAS, planificando a mellora e ampliación de lonxas, departamentos e outras estruturas de apoio ao sector marítimo-pesqueiro. 3 AMPLIAREMOS NUN 20% O NÚMERO DE ATRAQUES, REORDENANDO AS DÁRSENAS, mediante unha reorganización máis eficiente dos espazos e ocupacións e creando novas instalacións. 4 PROMOVEREMOS REDES DE SUBMINISTRO DE ENERXÍA PARA A RECARGA DE SISTEMAS DE PROPULSIÓN ELÉCTRICOS, incluíndo a renovación das redes eléctricas de fornecemento e alumeado, de abastecemento, os controis de acceso e despregando torres intelixentes de consumo. 5 AVANZAREMOS NA INTEGRACIÓN DOS ESPAZOS PORTUARIOS NA CONTORNA DAS VILAS E CIDADES, PROCEDENDO A URBANIZAR DEZ NOVOS PORTOS, dun xeito consensuado e respectando os seus usos tradicionais. 6 PROMOVEREMOS A CAPTACIÓN DE TRÁFICOS DOS PEIRAOS COMERCIAIS, xerando ofertas de importación e exportación nos portos autonómicos, a almacenaxe de mercadorías e o procesado daquelas susceptibles de poder integrarse na área portuaria pola súa tipoloxía, como o dos produtos do mar.

Debemos achegar á sociedade todas as potencialidades, recursos e valores que nos ofrece o mar, co obxectivo de mobilizar coñecemento sobre a contorna marítima e o moito que ofrece á economía. A educación é o motor máis potente para impulsar unha remuda xeracional formada en habilidades e capacidades, comprometida coa especialización e a diversificación dos oficios, e concienciada coa importancia do mar para o desenvolvemento sostible de Galicia. Na última década saíron dos centros de formación dependentes da Consellería do Mar preto de 1.850 titulados profesionais en ensinanzas marítimo-pesqueiras; e as matrículas nas escolas náutico-pesqueiras medrou arredor dun 60,39% desde 2009.

MAR: O RETO DA REMUDA XERACIONAL

NOS VINDEIRO CATRO ANOS: 1 FORMULAREMOS UNHA ADECUACIÓN DA FORMACIÓN Á REALIDADE E NECESIDADES DO SECTOR, fomentando unha cobertura das fendas operativas ou económicas que impiden a mellora da capacitación profesional: a. REVISAREMOS E ADAPTAREMOS OS PROCESOS DE FORMACIÓN COA INCLUSIÓN DE MAIOR ACTIVIDADE A BORDO, á vez que se adecúa a lectiva ás necesidades reais da actividade de hoxe en día. b. COMPLETAREMOS A DISPOSICIÓN DE CURSOS ONLINE DE FORMACIÓN PARA O EMBARQUE, especialmente para aquelas persoas que queiran vir a embarcar nos buques galegos procedentes de terceiros países. c. PROMOVEREMOS O OUTORGAMENTO DE AXUDAS AOS ARMADORES E PATRÓNS QUE EMBARQUEN E FORMEN A ALUMNADO das escolas náutico-pesqueiras galegas, de xeito que non supoñan cargas económicas adicionais para eles e compensen o tempo empregado na formación. d. ACHEGAREMOS AXUDAS ECONÓMICAS QUE COMPLEMENTEN O SALARIO PERCIBIDO NOS PERÍODOS OBRIGATORIOS DE EMBARQUE PARA DISPOR DOS TÍTULOS por parte dos profesionais que cursen formación náutico-pesqueira e se enrolen en buques pesqueiros. e. OUTORGAREMOS BECAS QUE ACHEGUEN INGRESOS MÍNIMOS AO ALUMNADO NAMENTRES CURSAN FORMACIÓN NON REGRADA DO ÁMBITO PESQUEIRO, especialmente naqueles casos onde as persoas teñen cargas familiares.

Na materia de emprego público, o Goberno Galego está levando a cabo un importante proceso de transformación e modernización da Administración Pública centrada nos seguintes eixos de actuación: › Homoxeneización das condicións de traballo do persoal empregado público, a través da realización dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, para acadar que a maioría dos postos de traballo se desenvolvan por persoal funcionario. › Redución da temporalidade no emprego público e modernización do cadro de persoal da Administración, a través da realización periódica de probas selectivas. › Implantación da carreira administrativa do persoal funcionario e o complemento de desempeño do persoal laboral, na procura de acadar un maior compromiso das persoas empregadas públicas na organización administrativa e, ao mesmo tempo, levar a cabo un incremento das súas retribucións. › Potenciación da dixitalización, mediante a implantación do sistema FIDES en todos os seus procesos (procesos selectivos, concursos de traslados, listas de contratación temporal e carreira profesional). As políticas levadas a cabo pola Xunta de Galicia nestes ÚLTIMOS ANOS supuxeron que: › Máis de 2.000 persoas pasaron a ter un vínculo funcionarial e no 2024 outras 2.000 persoas o cambiarán. › En materia retributiva, dende o ano 2019 máis de 16.000 empregados públicos vieron incrementadas as súas retribucións coa percepción do complemento de carreira administrativa/complemento de desempeño. › En materia de acceso ao emprego público, dende o ano 2020 entraron a traballar na Administración unhas 2.500 persoas, logo de superar o correspondente proceso selectivo. Ademais estanse tramitando procesos selectivos que afectan a máis 1.000 prazas de acceso libre, así como 5.679 prazas derivadas dos procesos de estabilización do persoal temporal. › En materia de relacións laborais, dende o ano 2020 asináronse importantes acordos coas organizacións sindicais en materia de teletraballo, carreira administrativa ou condicións de traballo do persoal da Consellería de Política Social e Xuventude. › Galicia, tamén, foi a 1ª Comunidade Autónoma en regular a modalidade de traballo a distancia no ámbito da Administración Xeral. › Ademais, tamén se asinaron coas organizacións sindicais o I Plan de Igualdade na Xunta de Galicia e o protocolo de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo. › Fomos pioneiros aprobando o Decreto que regula o Estatuto do persoal de investigación da administración galega. Esta norma ofrece un marco profesional estable e atractivo garantindo a estabilidade laboral deste persoal, definindo unha senda de desenvolvemento profesional e mellorando e homexeneizando as súas condicións laborais.

EMPREGO PÚBLICO

1 Continuaremos desenvolvendo procesos selectivos para afrontar o envellecemento do persoal empregado público. Con tal finalidade, CONVOCAREMOS NOS VINDEIROS CATRO ANOS MÁIS DE 4.000 NOVAS PRAZAS, que permitan reter e captar o talento das mozas e mozos deste país. 2 ESTABLECEREMOS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL ABERTAS PERMANENTEMENTE. Un sistema simplificado e de fácil acceso que permitirá, entre outros aspectos, que as mozas e mozos que rematen os seus estudos poidan incorporarse ás mesmas e ter unha primeira experiencia profesional no seo da Administración Pública galega. 3 REDUCIREMOS A TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO POR DEBAIXO DO 7%. 4 POTENCIAREMOS A INTEGRACIÓN NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL asumindo o compromiso que ao remate da vindeira lexislatura, COMO MÍNIMO, O 1% DO TOTAL DAS PRAZAS ESTEAN OCUPADAS POR ESTE PERSOAL. A tal efecto aprobaremos un Decreto de provisión para persoas con discapacidade intelectual e recolleremos en todas as relacións de postos de traballo as prazas susceptibles de ser desempeñadas por este persoal. 5 Garantiremos o PRAZO MÁXIMO DUN ANO para a RESOLUCIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS desde a súa convocatoria. 6 DESENVOLVEREMOS as 74 medidas recollidas I PLAN DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA, entre elas estarán a instalación de salas de lactación e escolas infantís en centros públicos ou favorecer que á hora de acceder a un emprego público e cos mesmos méritos teña prioridade o xénero menos representado. 7 ESTABLECEREMOS CONCURSOS DE TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES coa finalidade de potenciar as posibilidades de mobilidade do persoal e facilitar a conciliación da vida persoal e familiar das persoas empregadas públicas. 8 REALIZAREMOS UN PROGRAMA TITORIAL ENTRE AS PERSOAS EMPRE- GADAS PÚBLICAS MÁIS VETERANAS E AS MÁIS NOVAS. Ante o volume de xubilacións que se van a producir nos vindeiros anos, adoptaremos as medidas necesarias para non perder ese coñecemento do persoal con máis anos de experiencia. Crearemos GRUPOS DE TRABALLO nas distintas escalas, especialidades ou categorías profesionais, integrados polas persoas con máis anos de servizo e as de menos anos. NOS VINDEIROS CATRO ANOS, DESDE O GOBERNO DO PPDEG NA XUNTA:

9 CONSOLIDAREMOS E AMPLIAREMOS OS ACORDOS ACADADOS COAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS para mellorar as condicións laborais dos empregados públicos. 10 DESENVOLVEREMOS O SISTEMA ORDINARIO DA CARREIRA ADMINISTRATIVA DO PERSOAL FUNCIONARIO. A tal efecto, aprobaremos o Decreto que regule esta materia. 11 IMPLANTAREMOS O EXPEDIENTE PERSOAL ELECTRÓNICO A TRAVÉS DO SISTEMA FIDES NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN XERAL. Este sistema xa está establecido no ámbito do Sergas, permitindo unha resolución máis eficaz de todos os procesos que afecten ao persoal (listas de contratación, procesos selectivos, carreira administrativa). 12 INCREMENTAREMOS A FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS DO PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO, en liña coa nova certificación Comdix, baseada no Marco galego de competencias dixitais. 13 REFORZAREMOS A FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS E EN ECONOMÍA PÚBLICA, coa convocatoria de novas actividades sobre administración electrónica, ciberseguridade e intelixencia artificial. 14 REFORZAREMOS A FORMACIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E PREDIREC- TIVO co deseño dun plan específico para este colectivo centrado no liderado público, competencias comunicativas e traballo en equipo e que baremará a efectos de concursos. Os e as profesionais da sanidade pública son a base do noso sistema sanitario e as actuacións de infraestrutura, tecnoloxía e organización asistencial deben estar ao servizo de facilitar o seu labor e a súa atención aos pacientes. Nese sentido, o PPdeG traballa na mellora das súas condicións de traballo na convicción de que isto ten importante repercusión na atención sanitaria.

EMPREGO PÚBLICO SANITARIO

NESTA LEXISLATURA a política de recursos humanos sanitarios do PPdeG logrou os seguintes avances: › A creación de 3.400 prazas de persoal da sanidade pública desde 2020, superando por primeira vez a media de 40.000 profesionais diarios traballando na sanidade pública galega. › Avanzar no proceso de permanente estabilización deste persoal con convocatorias periódicas de ofertas públicas de emprego, incluíndo a convocatoria en 2023 da maior oferta pública de emprego da historia do Sergas, que permitirá adxudicar máis de 5.500 prazas estables. › Galicia foi a primeira comunidade autónoma en lexislar para poder ofertar mediante concurso de méritos as prazas sanitarias de difícil cobertura e convocou xa máis de 500 prazas por este sistema. › A consecución de sucesivos acordos unánimes cos sindicatos da Mesa Sectorial da sanidade para mellorar condicións na atención primaria e no persoal hospitalario que realiza quendas. O impacto de todas as melloras retributivas acordadas desde a saída da pandemia supón á Xunta uns 78 millóns de euros ao ano. › A consecución dun acordo sindical unánime para o desenvolvemento do complemento de carreira profesional e a súa extensión a todo o persoal temporal e tamén ao persoal residente en formación, chegando este ano a superar os 146 millóns de euros. › A aprobación do primeiro Plan de Igualdade do Sergas, con medidas concretas xa en vigor para lograr que a maternidade en ningún caso afecte negativamente ás retribucións das nosas empregadas. › A aprobación do primeiro decreto regulador da formación sanitaria especializada, con incentivos para o persoal que colabora na formación de novos residentes.

NA VINDEIRA LEXISLATURA: 1 APROBAREMOS, negociando coas organizacións sindicais, un PLAN PLURIANUAL DE PROVISIÓN DE PRAZAS, que fixe os obxectivos das ofertas de emprego público que se desenvolvan ao longo da lexislatura. 2 AXILIZAREMOS AO MÁXIMO OS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL NO SERGAS para facilitar a súa ESTABILIZACIÓN, acurtando os prazos de resolución e PROMOVENDO O USO DO CONCURSO DE MÉRITOS en todas as categorías sanitarias que superan xa un proceso formativo e selectivo homologado a nivel nacional. 3 Crearemos un NOVO MODELO DE PERSOAL ADMINISTRATIVO SANITARIO que permita reorganizar funcións tanto en atención primaria como hospitalaria e descargar de tarefas de xestión burocrática ao persoal asistencial. 4 Deseñaremos, como medida de retención e fidelización dos profesionais, PROCESOS ESPECÍFICOS DE PROMOCIÓN INTERNA mediante formación específica en áreas chave da organización. 5 Aprobaremos MODELOS RETRIBUTIVOS POR OBXECTIVOS en todas as categorías sanitarias, vinculados á calidade, humanización e ao bo aproveitamento dos recursos.

6 Estableceremos un PLAN DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL EN LISTAS DE CONTRATACIÓN para mellorar a súa capacitación e a súa operatividade no momento de incorporarse aos centros sanitarios aos que sexan chamados. 7 Estableceremos PROGRAMAS DE ROTACIÓN ENTRE ÁREAS SANITARIAS para que os profesionais de todo o sistema público autonómico se relacionen entre eles e coñezan as prácticas realizadas en cada unha das áreas do Sergas. 8 Crearemos un PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA DIRECTIVOS DE XES- TIÓN SANITARIA, para mellorar as habilidades xestoras do persoal directivo en exercicio ao tempo que prepararemos a outro persoal do Sergas para ocupar cargos directivos no futuro. 9 Desenvolveremos un PROGRAMA COÑECEMENTO SENIOR que permita a profesionais da sanidade pública xa xubilados colaborar de xeito voluntario en tarefas de formación destinadas a novos profesionais ou á cidadanía en xeral. 10 Implantaremos unha APLICACIÓN CORPORATIVA PARA O PERSOAL DO SERGAS, ao xeito doutras grandes organizacións, na que o persoal poida facer todas as súas xestións laborais; así como, recibir información da organización, remitir suxestións de mellora ou recibir contidos de formación.

A GALICIA DO FUTURO

Queremos unha GALICIA aberta, con amplitude de miras e ambición, con horizonte e sen fisuras. Queremos unha GALICIA do século XXI, que protexa o seu patrimonio mentres abre as súas fiestras a un mundo cheo de oportunidades que cheguen para quedarse. Queremos unha GALICIA sen muros, sen fronteiras, unha GALICIA en harmonía e tolerancia. Queremos unha GALICIA ambiciosa que blinde os seus servizos públicos, unha GALICIA na que baixen os impostos, pero suba a calidade de vida. Queremos unha GALICIA contemporánea, ambiental, cultural e territorialmente. Unha GALICIA limpa e fermosa. Unha GALICIA que loite contra o cambio climático con altura de miras, unha GALICIA atractiva para o turismo conciliador, respectuoso e sostible. Queremos unha GALICIA competitiva no deporte, nas infraestruturas, na seguridade e na xustiza. Queremos unha GALICIA atractiva para peregrinos e visitantes, acolledora, confortable con hostelería e hotelería de calidade. Unha GALICIA con natureza e paisaxes inesquecibles. A GALICIA de RUEDA está chamada a ser a GALICIA dun pobo que se sinte orgullosa de seu, con cultura milenaria e unha lingua viva en constante evolución. Unha GALICIA en harmonía coas tecnoloxías máis punteiras e capaz da fusión máis enriquecedora. A GALICIA DE RUEDA, unha Galicia herdeira do bo, a Galicia de hoxe e a GALICIA do FUTURO.

Son numerosas as actuacións que vimos desenvolvendo no eido da investigación e da innovación nos últimos anos, cos diferentes sectores e colectivos, cara a dentro (a nivel de gobernanza na Xunta) e cara a fóra. De feito, nos indicadores que temos en materia de investigación e de innovación, pasamos de situarnos no posto duodécimo entre as comunidades autónomas no ano 2011 a estar en 2021 no posto sétimo. Ademais, sobre o Índice de Competitividade Rexional da Unión Europea de 2022, somos a oitava rexión máis innovadora de España e somos unha das CCAA mais destacadas no número de pemes innovadoras que colaboran con outras. Isto ten sido posible porque Galicia converteuse nun referente con iniciativas como: › Ao inicio da lexislatura púxose en marcha a Comisión Interdepartamental de I+D+i. Entre outros resultados, permitiu un incremento do investimento en I+D+i na Xunta de Galicia en máis do 55%, pasando de 189,6M€ en 2019 a 294,4M€ en 2023. › Creamos a Materioteca de Galicia, un espazo de difusión de materiais innovadores respondendo á necesidade de dinamizar a implantación destes materiais na empresa galega. › Despregamos novas iniciativas no Polo Aeroespacial de Galicia, afondando na especialización en tecnoloxías de sistemas non tripulados, para consolidar e posicionar Galicia como referencia europea neste sector. › Desenvolvemos a estratexia galega para a consolidación e o crecemento do sector da biotecnoloxía creando un biopolo en Galicia e converténdonos nunha das rexións onde se crean máis empresas biotecnolóxicas. › Centramos os esforzos no ámbito da I+D+i no campo enerxético, especialmente no hidróxeno verde, identificado daquela como clave no futuro da transición enerxética. › Apoiamos a dixitalización das pemes dando prioridade aos proxectos que se identificaron como necesarios, promovendo o desenvolvemento de espazos compartidos como os centros de fabricación avanzada, onde as pemes galegas poidan validar os seus produtos e deseños.

GALICIA COMO REFERENTE DE INNOVACIÓN

1 CREAREMOS unha oficina de transferencia de I+D+i, consensuada entre todos os axentes, para mellorar as estruturas, os procesos de TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTO E TECNOLOXÍA e os recursos humanos, para que os resultados da investigación que se fai en Galicia cheguen á sociedade e ao mercado. AÍNDA QUE TEMOS AVANZADO, HAI QUE SEGUIR ACTUANDO POLO QUE NA VINDEIRA LEXISLATURA:

2 REFORZAREMOS AS CAMPAÑAS DE CAPTACIÓN DE TALENTO fóra de Galicia, focalizándoas en contornas xeográficas e centros de referencia concretos do Reino Unido, Alemaña, Francia, Países Baixos e Suíza, e países de maior proximidade cultural como os de América Latina, Italia ou Portugal, dentro do Plan de apoio á investigación científica, co fin de crear e enriquecer grupos de impacto en Galicia. 3 DESENVOLVEREMOS unha ferramenta informática para o seguimento e avaliación dos servizos relacionados coa posta en marcha e implementación da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia. 4 AMPLIAREMOS as axudas das convocatorias de Bonos de Innovación e Plan de Innovación DeseñaPeme + InnovaPeme. 5 INCREMENTAREMOS a porcentaxe de Compra Pública Innovadora, creando unha unidade administrativa integrada para a xestión e o apoio xurídico co fin de facilitar e axilizar a execución deste tipo de proxectos. 6 APOIAREMOS as empresas emerxentes “startups” cunha convocatoria de rescate aos Proxectos Neotec do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI). 7 ABRIREMOS a convocatoria de misións para proxectos estratéxicos de I+D+i executados por consorcios participados por centros de investigación, grandes empresas, pemes e centros tecnolóxicos. 8 REALIZAREMOS unha convocatoria nova para o fortalecemento e ampliación das capacidades dos Centros Tecnolóxicos Galegos. 9 APOSTAREMOS polo investimento en infraestruturas de supercomputación e computación cuántica, co fin de manter o posicionamento de Galicia nestes eidos, xa que contamos co maior supercomputador cuántico do sur de Europa e con outro novo que vai servir para impulsar grandes proxectos de investigación en áreas específicas que teñen como base a Intelixencia Artificial, os bio-algoritmos e outras áreas de especial relevancia para Galicia.

A xestión sostible e eficiente dos residuos é unha ferramenta esencial para que Galicia avance, con paso firme, cara á economía circular. Os vertedoiros incontrolados representan unha das maiores lacras medioambientais, así como unha das maiores ameazas para o benestar, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns. É por isto que non daremos un paso atrás na estratexia ambiental que vimos liderando na loita contra os vertedoiros incontrolados, tendo como un dos principais obxectivos acadar en Galicia a vertedura técnica cero, é dicir, que só se deposite en vertedoiro o lixo que non se poida reciclar, compostar ou valorizar. Neste ámbito, Galicia foi nun referente con iniciativas como: › A ampliación de Sogama, que ten capacidade para tratar 1 millón de toneladas de residuos, fronte ás 550.000 do 2009. › A redución, no sistema Sogama, do depósito de residuos municipais en vertedoiro nun 99,54%. › A construción dunha rede pública de infraestruturas formada por 17 instalacións para tratar a materia orgánica. › Ser unha das primeiras comunidades en dotarse dunha Estratexia de Economía Circular. › Aprobar unha lei autonómica de residuos e solos contaminados, un ano antes que o Estado. › Publicar unha guía de contratación pública ecolóxica da Xunta para impulsar a aplicación de criterios verdes.

ECONOMÍA CIRCULAR E XESTIÓN DOS RESIDUOS

1 AVANZAREMOS PARA SER PIONEIROS EN ACADAR UNHA XESTIÓN DE RESIDUOS CLIMATICAMENTE NEUTRA EN 2040, con medidas como o uso de medios de transporte máis sostibles e con menor pegada de carbono, a descarbonización dos procesos industriais de Sogama, o uso de enerxías renovables e a posta en marcha dun ambicioso plan de eficiencia enerxética. 2 IMPULSAREMOS PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES, proporcionando aos galegos enerxía verde xerada a partir de refugallos non reciclables. 3 FAREMOS DA XESTIÓN DOS RESIDUOS UN SECTOR ECONÓMICO CON PROXECCIÓN, transformando os residuos en recursos, e preservando deste xeito as xa escasas e limitadas materias primas virxes. NA VINDEIRA LEXISLATURA:

4 PROFESIONALIZAREMOS O SECTOR DOS RESIDUOS e prepararémolo para ser proactivo, competitivo e CREADOR DE EMPREGO VERDE, cualificado e de calidade. 5 POÑEREMOS EN MARCHA, NO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA, UNHA PLANTA DE RECUPERACIÓN DE RESIDUOS TÉXTILES, tendo en conta que a recollida diferenciada deste material será obrigatoria para os concellos pola lexislación europea a partir do ano 2025. 6 INCENTIVAREMOS O EMPREGO DE MATERIAL DE RECICLA

Programa Electoral PP de Galicia 2024

ndo polo efecto multiplicador das referencias femininas entre as novas xeracións.

MELLORAREMOS AS DOTACIÓNS DE EQUIPAMENTOS E INSTALACIÓNS

en colaboración coas administracións e institucións afectadas, cara unha práctica polideportiva, segura, inclusiva e sostible.

IMPULSAREMOS A CREACIÓN DO MUSEO DO DEPORTE GALEGO

como medida de salvagarda, conservación, difusión e coñecemento do noso deporte e dos seus axentes (incluídos os deportes tradicionais), asegurando o seu exemplo e transmisión a xeracións futuras.

TRABALLAREMOS NA CONTA SATÉLITE DO DEPORTE

analizando estatisticamente o Deporte como xerador de riqueza e emprego, así como o seu impacto económico en Galicia.

IMPULSAREMOS MEDIDAS DE MELLORA DAS CONDICIÓNS LABORAIS NO ÁMBITO DEPORTIVO

Salvagardaremos, en todo caso o voluntariado no deporte, necesario e característico del.

DESENVOLVEREMOS UN PLAN DE FORMACIÓN específico para os ADESTRADORES deportivos

A seguridade na nosa Comunidade constitúe un valor esencial, non só para os galegos e galegas que residen en Galicia, senón tamén como referente para a multitude de persoas que visitan a nosa comunidade.

Apostar por corpos policiais e de emerxencias dotados, formados e coordinados, como vén facendo a Xunta de Galicia, xunto co compromiso das demais administracións competentes, garantirá que a nosa continúe a ser unha comunidade segura e se contemple como un lugar atractivo para vivir, visitar e investir.

Neste senso, dende o Goberno galego nos últimos anos leváronse a cabo accións encamiñadas a mellorar a seguridade e a atención ás emerxencias na nosa comunidade a través da:

  • Formación dos membros dos corpos e forzas de seguridade e emerxencias que operan en Galicia, a través da Academia Galega de Seguridade Pública, ofertando uns completos programas formativos que van desde a formación inicial ata a especializada. Nesta lexislatura formáronse 42.051 membros das Forzas e Corpos de Seguridade e emerxencias.

A GALICIA DA SEGURIDADE

  • Modernización da infraestrutura de resposta e coordinación ante unha emerxencia, coa construción dun novo Centro Integral de Atención a Emerxencias (CIAE112) dotado de equipos e tecnoloxía de vangarda e profesionais altamente cualificados na comunicación de alertas e atención ás emerxencias.
  • Dotación e equipamento dos parques de bombeiros, Grupos de Emerxencia Municipal e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. Desde o ano 2015 o investimento nestes servizos supera os 26M€.
  • Posta en marcha dun proceso centralizado da selección dos policías locais de Galicia que facilita o acceso igualitario a estes corpos en todo o territorio, beneficiando tanto a concellos como a aspirantes a estes postos.
  • Potenciación e creación de grupos específicos no seo da Unidade de policía adscrita para a atención de competencias e funcións particulares da nosa comunidade, como son o furtivismo, a loita contra incendios forestais e a protección de vítimas de violencia de xénero e menores, entre outras.
  • O apoio psicolóxico a vítimas de emerxencias e catástrofes e aos seus familiares, cunha atención profesional neses momentos tan complicados.
  • Desenvolvemento dunha solución innovadora para a localización de persoas extraviadas por medio de UAVS (sistemas aéreos non tripulados).

ENTRE AS ACTUACIÓNS QUE LEVAREMOS A CABO NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 IMPULSAREMOS PROGRAMAS FORMATIVOS CONXUNTOS NA AGASP para os corpos de seguridade que operan en Galicia dirixidos a mellorar e garantir en todo momento a coordinación de actuacións e servizos prestados aos galegos e galegas.

2 LANZAREMOS un PLAN FORMATIVO ESPECÍFICO para garantir a seguridade das persoas maiores que viven soas nos concellos rurais, procurando que teñan ferramentas para poder previr abusos ou estafas no ámbito das novas tecnoloxías.

3 IMPULSAREMOS os procesos de SELECCIÓN CENTRALIZADA DAS NOSAS POLICÍAS LOCAIS a través da AGASP, para que a totalidade dos concellos galegos seleccionen os seus policías locais no seu marco.

4 CREAREMOS, dentro da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia, GRUPOS ESPECÍFICOS DE ACTUACIÓN:

  • Para PERSEGUIR O XOGO ILEGAL e controlar o acceso ao xogo dos menores de idade.
  • Para atención aos peregrinos, especialmente para evitar abusos de xénero, vixilancia e protección dos camiños xacobeos.
  • Para a protección do noso patrimonio cultural e prevención de actividades ilícitas no ámbito urbanístico.

Para isto, será necesario que o Goberno central cubra as prazas vacantes desta Unidade, como se ten solicitado reiteradamente, ademais seguirase cumprindo as funcións encomendadas de protección ás vítimas de violencia de xénero e noutros eidos.

5 LANZAREMOS UN PROGRAMA DE APOIO ÁS FAMILIAS QUE TEÑAN ALGÚN MEMBRO CON RISCO DE DESAPARICIÓN (menores con algún problema especial, e maiores con problemas cognitivos ou desorientación, ou persoas con algún tipo de discapacidade que poida ocasionar unha perda) Traballaremos para manter a estas persoas en condicións de seguridade en coordinación cos servizos sociais, sanitarios e Corpos e Forzas de seguridade. Isto levarase a cabo mediante sistemas de monitorización e mellora continua das alertas e sistemas de busca.

6 REFORZAREMOS O ACOMPAÑAMENTO PSICOLÓXICO A VÍTIMAS DE ACCIDENTES, mellorando a asistencia, a formación e a coordinación entre os profesionais de emerxencias e sanitarios; co obxectivo de evitar que os momentos máis duros se volvan aínda peores.

7 POÑEREMOS EN MARCHA CAMPAÑAS de publicidade e de información dirixidas aos menores de idade para alertar dos perigos do xogo e das posibles consecuencias da LUDOPATÍA.

8 APROBAREMOS A PRIMEIRA ESTRATEXIA AUTONÓMICA de redución do risco de desastres para afrontar os novos escenarios de risco e acadar unha maior resiliencia social ante EMERXENCIAS E CATÁSTROFES. En paralelo, reforzaremos os sistemas de alerta temperá e de comunicación para advertir a poboación sobre posibles desastres naturais ou outras emerxencias.

9 FORTALECEREMOS AS CAPACIDADES OPERATIVAS E DE PREVENCIÓN no ámbito local promovendo a elaboración de PLANS MUNICIPAIS DE PROTECCIÓN CIVIL e dotando aos concellos de material de emerxencias necesarios para dar resposta aos riscos locais.

10 FOMENTAREMOS A PARTICIPACIÓN ACTIVA da cidadanía na protección civil, a través dun PROGRAMA DE IMPULSO DO VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL e do reforzo da formación, do apoio ás Agrupacións de Voluntariado de Protección Civil e do recoñecemento público do seu labor.

11 CREAREMOS UNHA OFICINA DE ASESORAMENTO ANTIOCUPACIÓN Unha das principais preocupacións dos galegos que teñen unha propiedade é a ocupación ilegal de vivendas. É por iso que a Xunta debe actuar neste sentido poñendo ao dispor do propietario todos os recursos e asesoramento preciso, e impulsado a formación en materia de ocupación ilegal de inmobles.

4 menores de idade.

  • Para atención aos peregrinos, especialmente para evitar abusos de xénero, vixilancia e protección dos camiños xacobeos.
  • Para a protección do noso patrimonio cultural e prevención de actividades ilícitas no ámbito urbanístico.

Para isto, será necesario que o Goberno central cubra as prazas vacantes desta Unidade, como se ten solicitado reiteradamente, ademais seguirase cumprindo as funcións encomendadas de protección ás vítimas de violencia de xénero e noutros eidos.

A xustiza é un dos piares do noso Estado de Dereito e de Benestar e do desenvolvemento económico de Galicia, por iso o investimento en medios persoais e materiais e a aposta por unha atención e asistencia óptima á cidadanía é imprescindible.

Queremos alcanzar unha xustiza eficaz, accesible e de calidade; unha xustiza que dea resposta á cidadanía no momento en que realmente o precisa; unha xustiza tecnolóxica a favor do seu persoal e da cidadanía; en fin, unha xustiza á altura das demandas da sociedade actual.

A Xunta de Galicia ten avanzado nestas liñas:

  • Cun investimento de máis de 161 millóns de euros desde 2009 na renovación e mellora das sedes xudiciais galegas, destacando especialmente a Cidade da Xustiza de Vigo, pero sen esquecer outros grandes investimentos, como os novos edificios de Santiago, Ourense, Pontevedra, a rehabilitación integral da antiga fábrica de Tabacos da Coruña ou a adaptación das instalacións xudiciais de Marín ás novas necesidades en materia de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
  • Coa dotación ás unidades xudiciais do persoal e das medidas de reforzo precisas.
  • Coa implantación da carreira profesional na Administración de Xustiza, no cal Galicia se proclama como pioneira.
  • En materia de asistencia xurídica gratuíta, Galicia, ademais de incorporar a asistencia as vítimas de violencia sobre a muller, é pioneira na inclusión das vítimas de delitos contra a liberdade sexual, vítimas menores de idade por calquera tipo de delito e ás persoas xurídicas. Tamén somos unha das CCAA cun baremo dos máis altos do Estado para compensar economicamente ás/aos avogadas/os e procuradores da quenda de oficio e destacamos pola axilidade neses pagos.
  • Coa implantación do Expediente Xudicial Electrónico e a posta en marcha de iniciativas de automatización de procesos xudiciais.
  • Coa consolidación das Salas de Vistas Dixitais e a posta en marcha e mellora da Sede Xudicial Electrónica, co incremento constante de servizos ao cidadán e o profesional.
  • En materia de atención ás vítimas, persoas especialmente vulnerables e colectivo LGTBI, co ofrecemento de formación especializada para todo persoal da Administración de Xustiza en Galicia e coa aprobación de instrumentos de coordinación de actuacións.

XUSTIZA

NA VINDEIRA LEXISLATURA SEGUIREMOS ACTUANDO PARA ALCANZAR ESA XUSTIZA ÁXIL, RESOLUTIVA E PRÓXIMA Á CIDADANÍA COAS SEGUINTES PROPOSTAS:

1 1. Seguiremos MELLORANDO AS INFRAESTRUTURAS XUDICIAIS GALEGAS. Nesta lexislatura imos centrarnos en novas construcións e ampliación das existentes.

2 2. Reforzaremos con persoal os XULGADOS DE PRIMEIRA INSTANCIA E OS SERVIZOS COMÚNS DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS cando sexa necesario, especialmente para axilizar os procedementos de loita contra a ocupación ilegal de vivendas.

3 3. AXILIZAREMOS O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS INTERINOS, de maneira que se reduzan os tempos de resolución da cobertura de prazas.

4 4. Reforzaremos os EQUIPOS PSICOSOCIAIS DO IMELGA, co fin de reducir os tempos dos informes.

5 5. Realizaremos protocolos de actuación e COORDINACIÓN SANITARIA, FORENSE E XUDICIAL NOS DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL, que permitan unha actuación precoz de calidade e estandarizada na recollida e posterior análise dos vestixios biolóxicos.

6 6. MELLORAREMOS A QUENDA DE OFICIO e garantiremos que a intervención dos profesionais designados sexa indemnizada SEMPRE que realicen actuacións, incluíndo as relacionadas coa violencia sobre a muller, de xeito que Galicia continúe sendo un dos territorios onde as compensacións económicas sexan máis elevadas.

7 7. Continuaremos coa FORMACIÓN E ESPECIALIZACIÓN DOS AVOGADOS E PROCURADORES integrantes na quenda de oficio en materia de violencia sobre a muller, delitos de odio e contra o colectivo LGTBI, en coordinación cos colexios profeisonais de Galicia.

8 8. EN COORDINACIÓN cos OPERADORES XURÍDICOS E CORPOS AUXILIARES DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, APROBAREMOS NOVOS PROTOCOLOS E INSTRUMENTOS de actuación conxunta con diferentes organizacións e colectivos co obxectivo de evitar a revitimización das vítimas de violencia de xénero.

9 9. AFONDAREMOS no TELETRABALLO como forma de conciliación familiar e profesional, garantindo a prestación eficiente do servizo público, renovando os equipos e impartindo formación informática a todo o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

10 10. CULMINAREMOS a implantación da NOVA APLICACIÓN DE REXISTRO CIVIL DICIREG.

11 12. AVANZAREMOS na MODERNIZACIÓN e RENOVACIÓN DOS EQUIPOS E MEDIOS TECNOLÓXICOS necesarios na Administración de Xustiza.

12 13. IMPULSAREMOS a FORMACIÓN ESPECÍFICA E TRANSVERSAL do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, para garantir unha atención profesional e individualizada de todas as vítimas, con atención especial aos colectivos especialmente vulnerables.

Desde o Partido Popular de Galicia sempre fomos conscientes do esforzo dos concellos, sobre todo dos máis pequenos, por xestionar os seus servizos, especialmente nunhas circunstancias tan complicadas como as derivadas da COVID-19 e da Guerra de Ucraína, nun momento de grande incerteza económica e cunha suba constante dos prezos.

En consecuencia, a colaboración habitual entre o Goberno galego e as entidades locais intensificouse nos últimos anos, reforzándose o apoio aos concellos cunhas cifras récord, con máis axudas, con máis apoio e con máis liñas de cooperación especialmente cos máis pequenos, actuando en eidos claves para a recuperación e o desenvolvemento económico e a loita contra o despoboamento e o impulso demográfico.

A situación económica, social, tecnolóxica e a crise demográfica demanda agora un cambio de marco normativo e o mantemento do diálogo, a colaboración e cooperación das distintas administracións.

Por estes motivos, levamos anos sentando as bases dun novo sistema:

  • No ámbito normativo, constituíuse a Comisión técnica de delimitación competencial integrada por representantes da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co obxectivo de avanzar na clarificación das competencias das administracións autonómica e local.
  • No eido demográfico, aprobouse a Lei 5/2021 de impulso demográfico de Galicia, norma que orienta todas as políticas autonómicas, de maneira destacada o apoio ás familias, a vivenda, o envellecemento activo e saudable, o impulso ás actividades económicas no medio rural.

Polo que atinxe ao financiamento, a Xunta vela por seguir mellorando a capacidade financeira dos concellos para que poidan prestar uns servizos públicos de calidade. No

RELACIÓNS COA ADMINISTRACIÓN LOCAL

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 Aprobaremos unha nova LEI DE ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA que adaptará o marco normativo local á nova realidade social, económica e tecnolóxica, clarificará o reparto competencial, modernizará o seu réxime xurídico e potenciará a autonomía local e a potestade de autoorganización.

2 SEGUIREMOS GARANTINDO A SUFICIENCIA FINANCEIRA DOS NOSOS CONCELLOS, mediante a participación no Fondo de Cooperación Local, de xeito que conten con recursos suficientes para a correcta prestación dos servizos públicos, establecéndose partidas específicas destinadas aos concellos de menos de 15.000 habitantes para fixar a poboación no seu territorio.

3 INSTAREMOS Á NEGOCIACIÓN CO ESTADO DUN NOVO SISTEMA DE FINANCIAMENTO LOCAL que teña en conta as particularidades dos concellos galegos na súa distribución, como os factores demográficos e de dispersión xeográfica.

4 REFORZAREMOS O NOSO APOIO AOS concellos en risco de DESPOBOAMENTO con medidas específicas que permitan mellorar a prestación de servizos públicos e fixar poboación.

5 IMPULSAREMOS OS PROCESOS VOLUNTARIOS DE FUSIÓN MUNICIPAL e as fórmulas de XESTIÓN COMPARTIDA dos servizos públicos locais.

6 APROBAREMOS un programa específico de impulso á RENOVACIÓN DAS CASAS CONSISTORIAIS nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

7 Demandamos do Goberno central a FIXACIÓN DO MARCO NORMATIVO BÁSICO DO RÉXIME XURÍDICO DOS MUNICIPIOS DE MENOR POBOACIÓN.

2023 destináronse cifras históricas a cooperación municipal, un total de 564,3 millóns de euros, isto é un 15,5% por riba da contía de 2022. Desde 2009 intensificamos de xeito progresivo esta colaboración, e en 2024 destinaremos un 53% máis que daquela, cun total de 602 millóns de euros (son 208,5 millóns de euros máis que en 2009).

O sistema de financiamento constitúe un aspecto crucial para garantir a suficiencia financeira e a sustentabilidade das finanzas públicas autonómicas posto que os ingresos que proveñen do sistema de financiamento supoñen máis do 80% dos recursos orzamentarios anuais.

O modelo actual, que foi aprobado no ano 2009, ten evidenciado ao longo dos anos algunhas debilidades de deseño e especialmente unha falta de suficiencia global, polo que é urxente a súa revisión.

Na xestión das finanzas públicas, Galicia é unha comunidade de referencia no cumprimento das regras fiscais, no control do endebedamento e no período medio de pago a provedores.

Ademais, elaboramos tres plans estratéxicos coa finalidade de fomentar a planificación na xestión pública.

NESTES ÚLTIMOS ANOS, Galicia:

  • É a comunidade que menos incrementou o seu endebedamento desde 2008 e somos a 2ª comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas.
  • Foi a primeira Comunidade Autónoma en aprobar un Plan Estratéxico de carácter global e cun principio básico: fomentar a planificación na xestión pública, decidir as prioridades ás que deben dirixirse os recursos públicos e multiplicar o seu rendemento. Nesta planificación estratéxica fomos pioneiros ao implicar a sociedade civil no seu proceso de elaboración.
  • A principios de 2022, aprobamos o terceiro Plan Estratéxico de Galicia (para o período 2022-2030), que vencella de novo a acción do goberno a unhas liñas estratéxicas ben definidas que permitirán acadar os retos da nosa comunidade na vindeira década.

FINANCIAMENTO E GOBERNANZA FINANCEIRA

AO LONGO DA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 Continuaremos coa política de RIGOR, de PRUDENCIA e de RESPONSABILIDADE NA XESTIÓN DA DÉBEDA PÚBLICA e así poder destinar máis recursos aos servizos públicos. Deste xeito, Galicia continuará a ser unha comunidade autónoma solvente, unha comunidade autónoma menos endebedada e unha comunidade autónoma que non deixará hipotecado o futuro das vindeiras xeracións de galegos e galegas.

2 CULMINAREMOS un cambio efectivo NA ORZAMENTACIÓN BASEADA na cultura da XESTIÓN POR OBXECTIVOS, a través de informes de execución por obxectivos do orzamento.

3 ELABORAREMOS UNHA AVALIACIÓN INTERMEDIA DA TRAXECTORIA DO PLAN ESTRATÉXICO DE GALICIA 22-30 ATA O ANO 2025. A avaliación dos resultados acadados ata ese momento permitirá detectar as posibles desviacións das metas establecidas para 2025, e establecer os pasos a seguir para garantir o cumprimento dos retos a 2030. Tamén se terá en conta se a realidade galega fai preciso incorporar novas necesidades e obxectivos á planificación.

4 IMPULSAREMOS, en colaboración coa Autoridade Independente de Responsabilidade fiscal (Airef), A REVISIÓN DA EFECTIVIDADE DAS ÁREAS DE GASTO. Avaliar o resultado das políticas de gasto é un exercicio fundamental para tomar decisións eficientes e sobre todo útiles para a sociedade. Este labor de análise permitirá un mellor aproveitamento dos recursos.

5 Elaboraremos un PLAN GALEGO DE EDUCACIÓN E INCLUSIÓN FINANCEIRA co obxecto de continuar apoiando actuacións e iniciativas que melloren a cultura e inclusión financeira de todos os grupos ou segmentos da poboación, con especial atención ao ámbito rural.

A cidadanía galega reclámanos unha administración exemplar e eficiente, cun funcionamento orientado cara ao cumprimento de resultados e a prestación de servizos de calidade que contribúan a aumentar a valoración das nosas institucións.

Ao longo destes últimos anos, traballamos e avanzamos na modernización da administración galega e simultaneamente na mellora da satisfacción da cidadanía nas súas relacións coa Xunta, mellorando as canles de relación coa mesma, a dispoñibilidade do uso das novas comunicacións e simplificando e reducindo as cargas para a cidadanía.

A optimización de procesos mediante a automatización e o goberno intelixente dos datos abre a porta á personalización de servizos e a unha xestión máis eficiente dos recursos, permitindo así o desenvolvemento dunha comunidade máis conectada e participativa na toma de decisións gobernamentais.

Así mesmo, é unha prioridade para o PPdeG que a cidadanía conte coas capacidades dixitais básicas para participar de forma efectiva no novo contexto dixital. Neste ámbito, a Rede CeMIT ten un papel clave na eliminación da fenda dixital achegando a capacitación dixital de balde a toda a cidadanía, poñendo o foco nos colectivos máis vulnerables e no ámbito rural.

MODERNIZACIÓN E EFICIENCIA DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Neste ámbito da modernización e eficiencia da Administración, NESTA LEXISLATURA o goberno da Xunta de Galicia:

  • Aprobou a Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia e o 1º Plan de Mellora da Calidade dos Servizos Públicos do que se levan cumprido a gran maioría das súas medidas.
  • Puxo en marcha a canle +65 para facer máis doada a relación dos maiores coa administración, eliminado a cita previa e creando unha canle de denuncias anónimas para informar de posibles infraccións e unha oficina específica e externa adscrita á Valedora do Pobo.
  • Liderou no conxunto das administracións españolas un sistema de integridade institucional coa aprobación dun Programa marco de Integridade Institucional, sendo a primeira de todas as CC.AA en aprobar un Plan de medidas Antifraude e sendo a única que o ten revisado en 2023, cumprindo así todas as recomendacións do Consello de Contas.
  • Puxo en funcionamento cinco procedementos proactivos, para ofrecerlle ás galegas e galegos servizos sen necesidade de que fagan unha solicitude, como na emisión da tarxeta benvida, renovación de licenzas de caza e pesca, certificados de familia numerosa ou declaracións a realizar polos gandeiros.
  • Fomentou o uso da Administración dixital, con máis do 86% dos trámites realizados en liña en 2022 e o Rexistro de 1,3 millóns de presentacións telemáticas na sede electrónica da Xunta.
  • Implementou e desenvolveu o sistema Chave365, con preto dun millón e medio de usuarios activos.
  • Dixitalizou as gravacións de vistas xudiciais e avanzou na interoperabilidade con 167 organismos de diferentes administracións.
  • Desde a posta en marcha da Rede de aulas CeMIT en 2011 lévanse impartidas máis de medio millón de horas de formación dixital gratuíta e, a día de hoxe, contan con preto de 110.000 usuarios rexistrados.

E NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 APROBAREMOS A PRIMEIRA ESTRATEXIA DE RECURSOS HUMANOS da XUNTA 2024-2034 que se centrará na calidade da atención á cidadanía, na captación de talento mozo, en resolver o reto das xubilacións e nas novas capacidades e habilidades que requiren os novos perfís profesionais dunha administración máis dixitalizada e baseada na xestión dos datos.

2 APROBAREMOS PARA UN PERÍDO DE CATRO ANOS UN NOVO PLAN DE XESTIÓN DA CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS orientados á cidadanía, coa implantación da dirección por obxectivos, avanzando en transparencia con datos máis claros e accesibles, fomentando novos instrumentos de participación e simplificando a linguaxe administrativa para que resulte máis comprensible.

3 OFRECEREMOS unha COMUNICACIÓN MÁIS DOADA E MAIORES RECURSOS A TRAVÉS DA APLICACIÓN (APP) XUNTA-EU, permitindo que moitos trámites se poidan tamén realizar co teléfono e que dispoñamos no mesmo de certificados oficiais, e deste xeito prestaremos un servizo máis áxil aos cidadáns.

4 FOMENTAREMOS A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DOS SERVIZOS PÚBLICOS, aproveitando o uso dos datos para mellorar a eficiencia e a calidade dos servizos, facéndoos máis accesibles, eficientes e con maior valor engadido.

5 REDUCIREMOS OS TEMPOS DE TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES a través do emprego de intelixencia artificial, concentrando os traballos de control do gasto nas áreas de maior risco.

6 Melloraremos a relación da cidadanía coa administración a través da REDACCIÓN DE NORMAS MÁIS CLARAS E CONCISAS. A sinxeleza, claridade e brevidade das normas facilitará a súa compresión e cumprimento. Ademais, fomentaremos o traballo por obxectivos e proxectos para ser máis eficientes e incrementar a colaboración entre departamentos.

7 POTENCIAREMOS O PORTAL DE TRANSPARENCIA, MELLORANDO tanto a ACCESIBILIDADE Á INFORMACIÓN FINANCEIRA E ESTATÍSTICA como a RENDICIÓN DE CONTAS, para que a cidadanía teña coñecemento preciso do que fai a administración cos seus impostos e incluíndo informes de xestión que ofrezan una visión de desempeño da actividade pública mediante obxectivos e indicadores.

8 APROBAREMOS UN NOVO PLAN CONTABLE, con información máis accesible ao cidadán e compatible cos das outras administracións.

9 REDUCIREMOS Á METADE OS GASTOS EN ALUGUEIROS DE EDIFICIOS E OFICINAS PÚBLICAS, para seguir optimizando o uso do patrimonio propio da Comunidade Autónoma de Galicia, de modo que a maioría dos servizos públicos da competencia da Xunta de Galicia se presten en inmobles de titularidade autonómica.

10 REVISAREMOS OS PROCEDEMENTOS INTERNOS DE APROBACIÓN DAS NORMAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA, de forma que se reduzan os prazos de cada trámite e se faga un seguimento do tempo investido en cada paso do proceso para unha maior seguridade e axilidade.

11 IMPULSAREMOS CANDO MENOS 20 PROCEDEMENTOS PROACTIVOS de modo que se ofrezan directamente a determinados colectivos en función das súas necesidades, co obxectivo de reducir ou eliminar trámites na obtención ou renovación de axudas, carnés ou licenzas.

12 AVANZAREMOS NA TRANSFORMACIÓN DIXITAL DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA. Entre outros:

  • Consolidaremos o Plan de Territorio Intelixente, que permitirá unha mellor planificación de políticas públicas, o desenvolvemento de servizos intelixentes, a prevención de riscos e a explotación dos recursos naturais de forma sostible e segura.
  • Poñeremos en marcha a Plataforma Agroforestal de Galicia, AGRO 4.0, que terá como finalidade facer máis completa e eficiente a xestión dos titulares de explotacións agroforestais coa Xunta de Galicia, facilitándolle información e ferramentas adicionais para a súa propia explotación.
  • Consolidaremos o modelo de dixitalización das aulas, facendo énfase na mellora dos contidos dixitais e a dixitalización do 100% das aulas de primaria e secundaria. Desenvolveranse ferramentas avanzadas de análise da información, que nos permitirán avanzar cara a unha educación máis personalizada.
  • Implantaremos un Modelo de atención sociosanitaria que, mediante o uso da tecnoloxía, mellore a calidade de vida das persoas, tanto nas residencias como mediante a teleasistencia domiciliaria.
  • Evolucionaremos a Plataforma de mobilidade cara a unha xestión integral da mesma no ámbito da Comunidade Autónoma.
  • Desenvolveremos un asistente virtual de Augas de Galicia que facilite todas as tramitacións dos cidadáns ante a administración hidráulica autonómica e mellore a comunicación cos usuarios.
  • Crearemos unha Plataforma Tecnolóxica da Información e Comunicación para a implantación de e-servizos mediante ferramentas específicas para a provisión de servizos no medio rural. A plataforma da Xunta porá a disposición dos concellos rurais un catálogo de servizos por medio electrónicos (alertas, reporte de incidencias, anuncios, solicitudes e xestión de servizos, etc.), de xeito que cada concello poderá seleccionar os que desexe implantar.
  • Poñeremos en marcha un sistema de alertas sanitarias animais e vexetais baseada en intelixencia artificial que permita tratamentos preventivos. Trátase dunha medida de Agricultura 4.0 co obxectivo de protexer as nosas producións pero tamén axudar ao agricultor a tomar decisións eficientes, sanitarias e de fertilización.

13 AMPLIAREMOS A REDE, O EQUIPAMENTO e as ACTIVIDADES das AULAS CeMIT, co obxectivo de que o seu labor alcance a 200.000 cidadáns.

A integración de Galicia na Unión Europea é un eixo fundamental para o desenvolvemento da nosa comunidade, tanto pola necesidade de captar fondos europeos como polas posibilidades que abre para todos os galegos e galegas. Por iso, desde o PPdeG seguiremos defendendo con ímpeto os intereses de Galicia perante as institucións comunitarias.

Ademais, no eido da cohesión europea, seguiremos traballando coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) para consolidar a nosa Eurorrexión como un exemplo de cooperación no seo da UE.

E, nunha perspectiva global, o PPdeG seguirá avogando por unha acción colectiva que afronte a resolución dos riscos da humanidade. Unha visión conxunta e a longo prazo dos retos comúns alén das nosas fronteiras, para consolidar unha contorna segura para as novas xeracións.

No ámbito da acción exterior, Galicia afianzouse como líder grazas a:

  • Desenvolver a primeira Lei reguladora da acción exterior e da cooperación autonómica plenamente constitucional, que será implementada cunha nova Estratexia Galega de Acción Exterior ata 2027 (EGAEX).
  • A súa actuación no ámbito do Comité das Rexións, especialmente a través da participación nas comisións CIVEX e NAT. Galicia lidera o ditame “A política pesqueira común sobre o terreo: cara a comunidades costeiras sustentables e resilientes na Unión Europea”, para defender o aspecto socioeconómico da pesca sen descoidar o medioambiental.
  • Estar presente en 11 comités executivos da Comisión Europea, participando directamente no desenvolvemento da lexislación comunitaria para a defensa dos intereses dos cidadáns galegos.
  • Formar a máis de 1.000 persoas a través dos cursos de financiamento comunitario “TecEuropa”.
  • Converter a nosa Eurorrexión na área máis beneficiada do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 14/20, tanto no número de proxectos (85), como no volume de fondos do Programa captados (máis de 163 millóns de euros).
  • No eido da Lusofonía, materializar o achegamento á Comunidade de Países de Lingua portuguesa (CPLP) trala aprobación, no 2021, do ingreso de España como Estado Observador grazas á Xunta de Galicia.
  • Aumentar de forma sostida a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), que deu como resultado un incremento acumulado nos últimos catro anos dun 50%.
  • Recuperar o consenso social e político sobre as políticas públicas de cooperación para o desenvolvemento, coa Lei 10/2021 reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia e cun marco estratéxico de planificación no V Plan Director da Cooperación Galega 2023-2026.

ACCIÓN EXTERIOR (UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN)

NA VINDEIRA LEXISLATURA:

1 Negociaremos coa Comisión Europea e instaremos ao Goberno de España para o establecemento dun NOVO RÉXIME DE CAPTACIÓN DE INVESTIMENTOS INDUSTRIAIS.

2 ASEGURARÉMONOS QUE GALICIA SAQUE O MÁXIMO RENDEMENTO AOS FONDOS DA UNIÓN EUROPEA ALÉN DE 2027, para o que resulta indispensable comezar a traballar arreo dende 2024, aproveitando a experiencia obtida durante os últimos anos.

3 TRABALLAREMOS PARA QUE AS PRIORIDADES DE GALICIA SEXAN INCLUÍDAS NOS PROGRAMAS DE TRABALLO ANUAIS DAS COMISIÓNS DO COMITÉ DAS REXIÓNS NAS QUE PARTICIPAMOS, para a defensa dos intereses de todos os galegos.

4 DEFENDEREMOS PERANTE AS INSTITUCIÓNS EUROPEAS OS INTERESES DOS NOSOS SECTORES PRODUTIVOS AFECTADOS POLA NORMATIVA COMUNITARIA, en particular do pesqueiro pola súa relevancia para a nosa economía e sociedade.

5 DESENVOLVEREMOS ALIANZAS PARA QUE A TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA SEXA TOMADA EN CONTA NA UE e que dispoña de crecente cofinanciamento europeo en función do grao de avellentamento.

6 IMPULSAREMOS UN ESTATUTO DO TRABALLADOR TRANSFRONTEIRIZO que dea solución á problemática dos traballadores galegos que se desprazan a Portugal para exercer alí a súa actividade laboral.

7 DESENVOLVEREMOS A CREACIÓN DUNHA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA (AECT) NO CONTEXTO DA “RAIA SECA” e da Reserva Mundial da Biosfera Gerês-Xurés, que cubra a área do sur da provincia de Ourense, para poñer en valor este espazo.

8 A COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL APOSTARÁ POR REFORZAR AS INICIATIVAS DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA, co traballo de